Antes de que comezase o partido eu daba por feito perder con este Sevilla. É un equipo infinitamente superior a este Deportivo, pero todos os encontros hai que xogalos e, sobre todo, disputalos. Mesmo o marcador (2-3) sería aceptábel para quen non ollase este partido, e habería quen dixese que sería una mágoa ter perdido nos últimos catro minutos, pero hai una serie de circunstancias que provocaron esta derrota. Xa non vou discutir se o equipo parouse moi atrás e deixou moito o balón ao adversario, que pode acontecer. Eu vou a cousas que influíron de xeito negativo, como poden ser erros individuais, decisións concretas e o árbitro. Pódese defender moi atrás perante un rival superior e máis se vas gañando desde que principiou o xogo, pero non podes non saber que facer co balón cando o tes e menos distraerte en tarefas defensivas. Todos os goles do Sevilla son evitábeis, todos. Todos chegaron por falla de concentración, que se adoita dicir, que permitiron os sevillistas marcar a pracer. Tampouco entendo dar facilidades ao contrario, como aconteceu co cambio de Juanfran. Pensei que estaba mancado, pero resulta que non. Non o entendo, pero sei o que pasou. E para rematar, o árbitro. Son xa demasiados erros, pero contra iso non se pode facer nada. Só agardar. O resto si que está na man dos deportivistas, adestradores e xogadores, cos árbitros só poder haber protestas. E si, foi culpábel da derrota Mateu Lahoz. Que o equipo cometa erros non é desculpábel, pero se o xuíz che prexudica tamén hai que dicilo e ben alto.