Gañou onte o Sporting!!! O Deportivo xa está en Segunda!!! E non sigo porque o que escoitei onte non paga a pena. Hai algo certo, que se os asturianos non fosen quen de gañar onte a Las Palmas os coruñeses estarían salvados. Pero non foi. E como están a cinco puntos? o medo que existía antes de que xogase multiplicouse por non sei cantos millóns. Sei que os galegos somos así, aínda que eu tento fuxir desta etiqueta, que sempre ollamos todo negro. E digo eu, se hai tres equipos para unha praza de descenso e o noso é o que mellor o ten, porque converterse en vítima? En Gijón están convencidos de que se van salvar e por aquí estamos pensando no descenso. Éche así. Hai razóns para non confiar, iso por suposto, pero tamén hai uns números que permiten ter certa comodidade. A tripla empate castiga ao Deportivo, pero? cantas posibilidades existen de que se produza? É o que lle gustaría ao Sporting, pero o Leganés vai sumar máis do que agardan e co dobre empate sempre gaña o Dépor, isto no peor dos casos. Como son positivo agardo que hoxe xa se arranxe todo, aínda que sexa como fixo onte o Gijón, cun gol daquela maneira. Se fose en Riazor, pitarían falta.