A Federación de Peñas Deportivistas ten argallado para o vindeiro sábado unha homenaxe que principiará as 12.00 horas na rúa Almirante Cadarso, cunha feira na que os asistentes terán ao seu dispor comida (polbo e churrasco), bebida, músuica e un xogos para os máis cativos, no querá o Día das peñas, que cada temporada organiza a Federación das asociación deportivistas co gallo do derradeiro partido do equipo.

Co gallo desta derradeira xornada da temporada 2016-17, a Federación tamén quere amosar o seu malestar coa a actuación dalgúns dos xogadores del equipo branquiazul durante algúns dos partidos disputados. Nun comunicado oficial a Federación de Peñas fala de "ver, escoitar e ler actuacións de certos profesionais do noso club que nos fixeron sentir vergoña" especialmente nos últimos meses.

O texto tamén fala dos éxito do Fabril e das categorías inferiores que "si están representando orgullo e compromiso co escudo e coas cores" dun clube que paasa por unha situación económica noada boa.

Malia este momento, os membros da Federación de peñas aseguran que non "serve como excusa" para algún comportamente xa que consideran que o "mínimo do que ten que partir calquera xogador que se enfunde a branquiazul e represente ao noso clube en calquera cargo é de aportar esforzo e compromiso por un escudo que foi, é e será moi grande". As peñas reclaman "repescto a afección", que este sábado volverá estar co equipo para despedir o ano.