O Deportivo confirmou o domingo en Vila-real a súa continuidade en Primeira División un ano máis. A salvación permitiría ao club encandear catro tempadas consecutivas na máxima categoría e igualar coa sua terceira mellor xeira histórica (1941-45). Ese fito, porén, queda escurecido pola discreta campaña que firmou o conxunto branquiazul. O equipo alcanzou a meta con unha xornada de antelación, pero a puntuación pode ser a máis pobre que se lembra. Con 33 puntos e un partido por disputarse aínda, o Deportivo pode salvarse con dous menos que hai dous anos, cando asinou unha permanencia agónica no Camp Nou. Con todas esas sombras, non obstante, os deportivistas pecharán o curso o sábado en Riazor contra a Unión Deportiva Las Palmas sen pisar os postos de descenso.

Tocounos de maneira provisional a comezos de decembro, antes de recibir á Real Sociedad en Riazor nun partido que se presentaba como trascendental para a continuidade de Gaizka Garitano como adestrador do equipo. O encontro disputouse un luns, despois de que o Sporting gañase a Osasuna, polo que os branquiazuis debían tamén vencer se querían manterse fora das posición de descenso.

Logrouno e salvou un dos momentos máis delicados da tempada. A partir de ese encontro, Garitano edificou a melloría do equipo no mes de decembro que acabaría convertíndose en decisiva para a permanencia. O Deportivo no volveu a caer en postos de descenso e encadea así casi dous anos sen pisalos.

A tempada pasada, con Víctor Sánchez del Amo á fronte do equipo, o equipo non estivo ningunha xornada nas posicións perigosas da clasificación. O inicio deportivista foi ilusionante e mesmo se chegou a soñar coa posibilidade de alcanzar metas ambiciosas ao final da primeira volta do campionato. O final do curso, porén, estragou todo o ano. Víctor quedou sinalado pola súa deficiente xestión do vestiario e o Deportivo acabaría salvando a categoría na penúltima xornada de competición, ante o Villarreal como aconteceu o domingo pasado.

A derradeira ocasión na que os branquiazuis estiveron en postos de descenso foi aproximadamente hai dous anos. Na tempada 2014-15, despois do ascenso na campaña anterior, o Deportivo conviviu todo o ano coa incertidumbre e a posibilidade de perder a categoría, pero conseguiu maniobrar para non pasar demasiadas xornadas nesas perigosas circunstancias.

A primeira vez que os branquiazuis pisaron o descenso nesa tempada foi na xornada 7. Logrou salir na seguinte, aínda que volvería a caer na duodécima. Entón permanecería tres semanas consecutivas nas posicións de cola e non volvería ata o tramo final do curso. Foi na xornada 32, xa con Víctor Sánchez del Amo no banquillo despois do despido de Víctor Fernández.

Unha derrota ante o Atlético en Riazor (1-2) deixaba aos deportivistas nunha posición delicada con só seis partidos por xogar. Conseguiría sair na penúltima data do calendario despois de gañar ao Levante (2-0), pero deixaba a salvación en suspenso e á espera do que ocorrese no Camp Nou na última xornada. O empate salvou aos deportivistas, que a pesar de non pisar os postos de descenso desde hai dous anos non deixaron de convivir con eles desde entón. Esta tempada non foi diferente, ata o punto de que pode salvarse coa puntuación máis pobre da historia, e invita a unha reflexión profunda.