O XIV Torneo Real Club Deportivo, que se celebrará mañá na Cidade Deportiva de Abegondo, contará con unha ampla oferta de ocio e restauración para que os afeccionados poidan ter espazos de lecer durante a celebración dun torneo que comezará as 09:00 horas e rematará sobre as 21:30 horas. O clube coruñés estima que polo Mundo do Fútbol pasen máis de 10.000 persoas, que disporán dunha zoa de recreo e restauración, que ocupará unha boa parte do campo de herba artificial, que é o que está pode tras da bancada principal deta cidade deportiva, para empregar o resto dos campos ás competicións.