"Camiñan o meu rente moitos homes, non os coñezo; sonme estranos, pero ti que te encontras alá lonxe, máis alá dos desertos e dos lagos? coma un irmau che falo", algo así dicía Celso Emilio e algo así cantaron Fuxan Os Ventos hai xa un tempiño do escrito e menos do cantar. Temos que mirar alá lonxe para atopar irmáns, porque acó, tan preto, somos todos inimigos. Hai quen está interesado nos -istas, poñede o que vos dea a gaña por diante, pero esquecéndose do principal, para min, que é o -ismo (deportivismo). Non quero enxuiciar e acepto todas as opinións, pero non entendo que haxa moito máis que palabras por pensaren distinto. "Coma un irmau che falo?" Un máis -ista que o outro porque actúa dun determinado xeito? Non. Cada quen coa súa idea, e mesmo coa súa teima. Onte Riazor falou de dúas formas, primeiro coa marcha dos Blues das bancadas, como xa tiñan anunciado, e despois coa resposta do resto do estadio. Cada un soubo o que tiña que facer. Son malos uns e bos os outros? Son distintas formas de ver as cousas, pero o distinto é o que fai camiñar cara adiante. E por certo, cando se fala de historia hai que ollar todo. Agora seica levamos tres anos malos, porque non lembramos que das cinco últimas temporadas en Primeira, a tres últimas o equipo salvouse a as dúas anteriores descendiu? Por exemplo. Deixémonos de contos porque isto é moi serio. Entendo as queixas, entendo a protesta dos Blues, porque todos remataron queimados este ano, pero non misturemos cousas. É so a miña opinión.