A pé de rúa

Ilusionado, como sempre

14.08.2017 | 00:43
Ilusionado, como sempre

Hai tempo que veño escoitando una frase a un bo amigo, frase que ás veces emprego, como é o caso: "Son un mozo fácil". Eu as veces tamén, sobre todo cando comeza un novo curso futbolístico. Ilusiónome con pouco polo que se puido ver. Lembro ter escrito, nestas datas, que Fariña me parecía un xogador distinto -xa non sei nin onde está-, que Mendujanin era especial -non errei, porque o é co pé e tamén da cabeza- e non sei cantas máis cousas dixen. Gosto do fútbol e deses tipos que saben que facer cun balón nun campo de fútbol; mais tamén dos que non son virtuosos e tamén saben que facer coa pelota. Este ano, despois dun mes, non vin o Deportivo máis que en Tenerife. Non é moito, dígoo para facer unha análise. Tampouco é moito o que ollei. E como son un "mozo fácil" chego a esta semana convencido da chegada de Lucas e de que o equipo non estará tan abafado como nestes últimos tres anos. Aviso, prefiro isto que os dous anteriores en Primeira, que algún semella que quere esquecelos. Lucas! Semella un deus para o deportivismo e pode que o sexa. Levamos tempos tan carentes que mesmo levamos ao Olimpo a xogadores comúns por tocar tres balóns nun partido. Ten o Deportivo unha vantaxe, que comezará a Liga una semana despois dos adversarios directos, porque o partido do Madrid non conta. E se contase, xa habería alguén de ocuparse do contrario. O interesante ven despois. A partir de aí só queda sumar. Tampouco me importaría que fose o domingo e cinco metros en fóra de xogo, só por iso de gañar cos mesmos argumentos que o rival. Por certo, que non son de moitos cambios, pero a vindeira destas cousas que fago vai ter outro nome -e foto destes días- en homenaxe a un deus do deportivismo: don Arsenio Iglesias.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Buscador de deportes

Información patrocinada
Enlaces recomendados: Premios Cine