Rubén Martínez (Coristanco, 1984) rebaixou nas derradeiras semanas a desconfianza existente na portería, pero co mercado de inverno aberto esa posición continúa como unha das que ten máis posibilidades de ser reforzada. O gardameta fala do que precisa o equipo para avanzar na clasificación e dos acontecementos máis recentes no club.

- Calmou os ánimos o resultado en Vila-real?

-Foi un empate nun campo difícil e ademais creo que foi xusto. Danos moral porque nos vemos fóra do descenso e permite enfocar o partido do Valencia doutra maneira: se gañamos serán dúas semanas moi boas. O ánimo está un pouco máis calmado e temos que aproveitalo para coller impulso.

- Resúmese todo en falta de confianza?

-A confianza ven cos resultados e evidentemente cando estás abaixo recibes críticas. É máis difícil xogar así, pero non estamos abaixo por falta de confianza senón porque non o fixemos mellor para estar máis arriba. Cando empezas unha tempada nunca esperas estar así. A semana pasada estivemos en descenso, é normal que haxa críticas. Ao final estás aí por algo. Esas críticas son as que son e non hai que pensar en que se nos critica moito. Hai que aceptalas porque estamos abaixo.

- As críticas centráronse especialmente na defensa e na portería...

-Da portería cara adiante é o que primeiro se mira. Nin me sorprende nin me colle desprevenido. Cando as cousas van mal sempre se mira nese orden.

- Semella que esas críticas hacia a portería descenderon agora, precisamente co mercado de inverno aberto...

-Xa se leva así moito tempo, en pretemporada xa se falou. Para min segue sendo igual, se o club quere firmar a alguén que veña a axudar ao equipo nesta situación, por min benvido sexa, non hai ningún problema. No club hai unha xerarquía, antes estaba Richard (Barral), que agora por desgracia non está, e se eles deciden que veña outro porteiro, benvido sexa, como outro dianteiro ou outro defensa.

- Cambia en algo a súa situación coa marcha de Richard? El non consideraba prioritaria a contratación doutro porteiro, como tampouco o presidente...

-Sempre me transmitiu confianza, pero ao final esto é fútbol e mandan os resultados. Se a primeira volta fora máis boa, Richard seguramente non marchara do club. A verdade é que non o esperaba e a min sempre me transmitiu cercanía, igual que ao resto dos compañeiros; viña ao vesturio, achegábase a ti... Era un director deportivo cercano, dunha maneira diferente a outros.

- El marchou loando á plantilla, pero dixo que non podía defender os resultados, dalgunha maneira son responsables os xogadores tamén?

-Si, pero é que ao final houbo equipos feitos para estar en Champions League, de feito xogaron Champions League, que acabaron descendendo. Traer bos xogadores nome por nome tampouco che vai a garantir estar arriba. Esto é un conxunto, é un xogo de equipo, e necesitamos estar xuntos, xogar como equipo e correxir no que estamos fallando, porque temos fallos, senón non estariamos donde estamos, pero calidade si que hai.

- Que lle falta entón ao Deportivo?

-Creo que en determinados partidos fixéronnos dano sen moito esforzo. Creo que nos falta un pouco eso, que o equipo contrario se gane crearnos ocasións, que lle coste moito máis marcarnos; porque creo que arriba estamos mellor. Se melloramos atrás, temos calidade arriba e os resultados van a chegar. Falta ser, como se acostuma decir, un equipo máis rocoso ou máis feo para os rivais.

- A aposta do club foi a contraria nestos derradeiros anos...

-Si, pero xa digo que creo que hai xogadores con moita calidade no equipo e para xogar ben ao fútbol, simplemente trátase de saber o que toca en cada momento, esas pequenas cousas. Estamos falando tamén de dúas cousas diferentes, con balón e sen balón. Sen balón temos que ser máis sólidos, o que se acostuma dicir é rocoso, que sexa difícil xogar contra nós. É complicado apostar por un estilo, é unha aposta de futuro, pero se as cousas van mal tes que mantelo. Eso no fútbol de hoxe en día é complicado porque non hai paciencia, en canto as cousas van mal empeza a haber cambios, aquí mismo pasou, con cambios de adestrador, do director deportivo... É complicado facer proxectos a largo plazo.

- Precisamente o rival de mañá (Valencia) tratou de correxir eso este ano e por agora deulles resultado.. .

-Teñen unha plantilla moi ampla, con xogadores de moita calidade, pero máis que eso o que fixo que o Valencia dese un paso adiante na clasificación foi a intensidade que lle meten. O outro día, xogando un partido de Copa, xogaron cunha intensidade tremenda, presionando moito. Eso foi o cambio que lle fixo dar un salto na clasificación. Temos que ter coidado con eso e sobre todo ser tan intensos coma eles. Xa que eles teñen tanta calidade, debemos superar a súa intensidade para ter oportunidades.

- Pode aspirar o Deportivo a convertirse nun equipo así no que queda de tempada?

-Non sei como se consegue, pero está claro que hai equipos que o teñen. Tamén é certo que se empezas e os resultados acompañan todo é máis sinxelo, pero non sei cal é a fórmula para conseguir eso.

- Por donde pasa a permanencia en Primeira?

-A línea a seguir é ir corrixindo cousas e, como dixen, que aos equipos lles coste facernos dano. Despois temos que sacar a calidade que temos arriba, porque os goles chegarán, pero creo que todo empeza por ser más incómodos, que os rivais se queixen de nós.

- Acaba contrato con 33 anos, vaise a cabeza a esa cuestión?

-Non estou pendente. Traballo día a día, pensando no equipo e en sacar isto adiante. Hoxe penso no adestramento de hoxe e mañá pensarei no de mañá. No me preocupo por eso, simplemente no presente.