17 de mayo de 2018
17.05.2018

Dez anos con Estrella Galicia

17.05.2018 | 01:17
Imaxe dalgunha das camisetas do Deportivo dos últimos dez anos.

No anuncio do acordo de renovación do compromiso de Estrella Galicia co Deportivo, José Cabanas lembrou que se cumprían "dez anos de patrocino continuado" como principal anunciante do equipo branquiazul. Co gallo desta data, a empresa cervexeira coruñesa expuso as dez camisetas da primeira equipación co logo da firma desde que comezase en 2008. "Este é un acto especial, mais non só polos dez anos, senón por toda a vida", comentou Cabanas. "Levamos moitos anos estando detrás do Deportivo, co noso anagrama tatuado no peito e no corazón" das camisetas e do deportivismo, salientou o representante de Hijos de Rivera durante o acto.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Noticias relacionadas

Buscador de deportes

Información patrocinada
Enlaces recomendados: Premios Cine