O primeiro equipo deportivista desenvolverá hoxe o seu adestramento no estadio de Riazor ás 12.00 horas, segundo anunciou onte o clube coruñés. Será a penúltima sesión de traballo dos futbolistas branquiazuis antes de pechar a temporada o vindeiro domingo perante o Valencia (Mestalla, 12.00 horas). Será un partido sen interés, xa que os branquiazuis están en Segunda División e os valencianistas teñen asegurada unha praza para a Liga de Campións da vindeira temporada.