O pasado 29 de abril o Deportivo confirmou o descenso a Segunda División tras perder en Riazor diante do Barcelona (2-4), con un marcador que permitiu ao equipo catalán proclamarse campión da Liga. Nesa noite unha imaxe dun afeccionado branquiazul nas bancadas de Riazor converteuse na imaxe do día. Richi aparecía dirixíndose ás cámaras de televisión sinalando o escudo do Deportivo na camiseta coa que acudiu a presenciar o partido. Amosou tres dedos e pareceu sinalar "en Primeira, en Segunda ou en Terceira, sempre co Deportivo". Onte, Ricardo López Rodríguez volveu a acaparar protagonismo, xa que é unha das imaxes do club no vídeo homenaxe ao Día das Letras Galegas e que serviu tamén para presentar unha das camisetas da vindeira temporadahomenaxe Día das Letras Galegas.

A casaca que representa a bandeira de Galiza, pero neste caso a banda azul que cruza de dereita a esquerda non é un simple trazo, esa banda está formada polas estrofas que Eduardo Pondal escribiu pasada a metade do século XIX e que se converteron na letra do himno galego.

Deportivistas con todas as letras Deportivistas con todas as letrasé o nome da campaña argallada polo Deportivo para o día de onte e no que interveñen numerosos seareiros albiazuis, entre eles Xosé Antonio Touriñán. Pero a presenza do actor de Culleredo queda nun segundo plano a carón da de Richi, un seareiro que acadou protagonismo non só nesa xornada perante o Barcelona, senón tamén pola súa presenza en Abegondo, tanto para animar aos futbolistas como para criticar a súa actuación cando considera. Momentos puntuais que semellan limitar unha traxectoria de anos no estadio mala a súa xuventude, porque Richi é deportivista desde o berce, e o seu é o reflicto dun sentimento compartido por milleiros de afeccionados, alén da idade, algún deles tamén presentes no vídeo homenaxe de onte e protagonistas da posta de largo dunha camiseta que xa antes de saír ao mercado é unha referencia do deportivismo.

Hai un texto fermoso escrito por un bardo de Ponteceso hai máis de 150 anos; pero hai moito máis que iso, o sentimento que amosan todos os que participan neste vídeo -Elena Boedo, Iago López, David Villares, José Ramón Huesa, Lucía Fernández Sauvalle, Rosa María Pedrosa, Andrés Díaz-Castroverde, María Casal Regueira, José Santiago Veiga, Ainhoa Vázquez Rego, María Belén Ferreiro-. Un sentimento transmitido a través dunha representación da afección, dun texto histórico e cun resultado en forma de vestimenta deportiva. Pero aínda hai máis, porque neste vídeo no so hai imaxes, hai palabras, hai música e canto. Cántigas da Terra tamén estivo presente neste traballo coas voces dos seus integrantes para dar voz ao escrito de Pondal nun traballo resumido en pouco máis de medio minuto.

Alén deste traballo feito polo Deportivo, nunha día como o de onte Fabian Schär deu outra mostra do seu compromiso coa terra na que vive. Nun chío, no que aparece o defensa coa Torre de Hércules ás súas costas, o suizo escribiu: "Unha lingua é arte; unha forma distinta de interpretar o mundo. Feliz #DiadasLetrasGalegas #17Maio #Falémolo".

Unha mensaxe dun futbolista suizo que non leva nin un ano na Coruña, e que xa ten amosado o seu compromiso coa cidade e con Galiza desde os poucos de ter chegado. Onte, Schär non quixo ficar fóra do que quer dicir esta xornada para a lingua galega e para o pobo galego.