Aymerich: `No proceso de fusións debe prevalecer o interese de Galicia´

 16:05  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

Asegurou que non debe prevalecer o que opine unha persoa en relación aos argumentos trasladados polo presidente de Caixanova, Julio Fernández Gayoso, para opoñerse á fusión

EUROPA PRESS O voceiro parlamentario do BNG, Carlos Aymerich, asegurou hoxe que no posible proceso de fusión das caixas galegas debe prevalecer o interese xeral de Galicia e "non o que opine, nin as razóns que exprese unha persoa", asegurou en relación aos argumentos trasladados polo presidente de Caixanova, Julio Fernández Gayoso, ao titular do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo, para opoñerse a unha fusión.

A preguntas dos xornalistas sobre a postura de Gayoso, Aymerich incidiu en que nestes momentos se está "nun proceso de debate e de conversacións", pero defendeu que na decisión final debe prevalecer "o interese xeral de Galicia e non o que opine, nin as razóns por moi poderosas e moi atendibles que sexan, que exprese unha persoa como o señor Xullo Fernández Gayoso", engadiu.

Así mesmo, recordou que o BNG ofreceu a pasada fin de semana, a través do seu voceiro nacional, Guillerme Vázquez, un "pacto de mínimos ao conxunto das forzas galegas", baseado no mantemento da "galeguidade" das caixas e nunha modificación da lei que as regula.

Ao respecto, insistiu en que haxa ou non fusión debe garantirse que o centro de decisión "estea en Galicia" e que non sexan absorbidas por entidades de fóra. "Iso é fundamentalmente porque dende o PSOE, o señor Blanco dixo que non sería unha traxedia e dende o PP, Montoro avoga claramente por absorcións con entidades de fóra", indicou en alusión ás manifestacións realizadas a este respecto polo ministro de Fomento e polo voceiro de Economía do PP.

Nese sentido, avogou por "asegurar e blindar" as competencias galegas nesta materia e advertiu de que "de nada serve que haxa fusión ou non se a decisión final non está en Galicia" e se preguntou que "adiantamos" cunha fusión de Caixanova e Caixa Galicia "para que ao ano seguinte sexa absorbida pola Caixa Madrid de Rato".

MODIFICACION DA LEI

Aymerich tamén defendeu a necesidade de cambiar a lei que regula as caixas de aforro, independentemente de que se produza ou non a fusión. "Supoño que ninguén apostará por seguir mantendo o nepotismo nas caixas de aforro galegas que ninguén apostará por que a obra social sexa sinónimo de construír edificios de luxo por duplicado en todas as cidades ou por seguir mantendo un negocio que supón que o aforro dos galegos vaia a operacións especulativas en Levante", preguntouse.

O voceiro do grupo parlamentario do BNG apuntou que tanto o PSdeG como o PP terán a "oportunidade" de pronunciarse a este respecto no pleno da próxima semana do Parlamento galego, ao anunciar a presentación dunha moción do seu grupo "exactamente nestes termos", indicou en relación á súa proposta.

Tamén incidiu en que o BNG fai "dende a plena independencia" estas propostas. "Porque non temos a ninguén no consello de administración de ningunha caixa en nome dunha coral polifónica nin temos ningún alto cargo de vicepresidente nalgunha caixa", afirmou.

Aymerich realizou estas manifestacións en A Coruña coincidindo coa súa presenza nas protestas convocadas hoxe por traballadores do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC) en contra da suspensión dos acordos en materia salarial e laboral asinados co bipartito.

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
EXTRAS EN LA WEB

Destacados

EL TIEMPO
Consulta la predicción
       meteorológica
EN MI OPINIÓN
Envía tus propios
        artículos

-------------------------------------------------------------------------
AGENDA
Disfruta de tu tiempo
        libre
BLOGS
Sigue las bitácoras
        más interesantes
Loterías y apuestas  
Loterías y apuestas
Consulta los resultados de los principales sorteos de la lotería y la quiniela.

Widgets

Igoogle
Personaliza tu página de inicio de Google con las últimas noticias
www
Llévate las noticias de laopinioncoruna.es a tu web
Rss
Sigue las noticias de laopinioncoruna.es a través de RSS
   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009