DIRECTO
Galeguidade das Caixas

O BNG ve ´definido´ que o futuro en España é a fusión

 15:41  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

CIG está "preocupada" polas repercusións laborais, pero cre que "non ten que ser traumática" a unión Caixanova e Caixa Galicia

AXENCIAS O voceiro do BNG, Guillerme Vázquez, constatou hoxe que o futuro das caixas de aforro no conxunto do Estado é a "fusión", porque así está "definido" na normativa, polo que volveu pedir o consenso das forzas políticas para asegurar a "galeguidade" dos entes pertencentes a Galicia.

Neste sentido, animou a que "se alguén cree que tal cual están, as caixas galegas teñen perspectivas de futuro, que o diga", pero alertou de que a intención do Banco de España, en mesmo as manifestacións do PP e PSOE a nivel estatal, van noutro camiño.

Ao respecto, Guillerme Vázquez resaltou que a "concentración pode levar á privatización", algo que corroborou o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, quen compareceu xunto ao líder nacionalista en rolda de prensa hoxe en Santiago.

Deste modo, o voceiro nacional do Bloque volveu insistir na postura dos nacionalistas, para os que a discusión "non é se hai unha ou dúas caixas, senón que sexan galegas ou non" e asegurou que neste sentido aínda non hai unha postura "clara" do Goberno.

Guillerme Vázquez puxo de manifesto que as alianzas entre caixas de dúas comunidades constitúe unha "fusión fría" que "máis tarde" levaría consigo a perda do centro de decisión en Galicia, polo que defendeu a "blindaxe" das competencias e "galeguidade" dos entes da comunidade, tal e como "fan outras autonomías".

FALTA TOMA DECISIONS

Nesta liña, o dirixente nacionalista botou en falta "a toma de decisións" por parte da Xunta e lamentou o "silencio do presidente" (Alberto Núñez Feijóo). Ademais, recordou que o BNG rexistrou no Parlamento autonómico unha proposición de lei de caixas nas que nas que pide "garantir" estas condicións e aumentar o "poder de decisión" do Goberno autonómico.

Por iso, reprobou o "escaqueo" nun terreo en que os galegos xogan moito" e resaltou en que o BNG "non ten intereses persoais", senón que a súa defensa é para beneficio de "todo o país". "Se vai haber unha fusión, o centro de decisión ten que ser galego", recalcou, tras subliñar, de novo, que o "escenario das fusións está definido".

PREOCUPACION LABORAL

Pola súa banda, Suso Seixo mostrou a súa "profunda preocupación" por que se "estea a xogar" cos "postos de traballo", que afectará segundo os datos do sindicato a unhas 1.500 persoas e 200 oficinas. En todo caso, asegurou que "pode haber alternativas que non teñen que se traumáticas" para os equipos afectados.

Así mesmo, afirmou que CIG aposta por "unha banca pública galega" como "única forma para que o crédito chegue ao tecido produtivo", posto que o seu temor é que "concentar sexa para privatizar". Tamén subliñou como "fundamental" o "carácter galego" das entidades galegas e que os sindicatos participen no diálogo que defina o seu futuro.

Sobre este extremo, recalcou a necesidade coñecer "en qué termos" se están a establecer os contactos coas caixas e lamentou que a Xunta non lles haxa recibide. "E difícil falar intentando excluír ás centrais sindicais", avisou.

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
EXTRAS EN LA WEB

Destacados

EL TIEMPO
Consulta la predicción
       meteorológica
EN MI OPINIÓN
Envía tus propios
        artículos

-------------------------------------------------------------------------
AGENDA
Disfruta de tu tiempo
        libre
BLOGS
Sigue las bitácoras
        más interesantes
Loterías y apuestas  
Loterías y apuestas
Consulta los resultados de los principales sorteos de la lotería y la quiniela.

Widgets

Igoogle
Personaliza tu página de inicio de Google con las últimas noticias
www
Llévate las noticias de laopinioncoruna.es a tu web
Rss
Sigue las noticias de laopinioncoruna.es a través de RSS
   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009