EFE
O PPdeG considera necesario manter a "galeguidade" das caixas de aforro en Galicia, indicou hoxe o voceiro parlamentario desa formación, Manuel Ruiz Rivas, quen considerou aínda prematuro pronunciarse sobre as conversacións entre as entidades.
Nunha conferencia de prensa na que presentou as emendas do PPdeG ao proxecto de orzamentos autonómicos, Ruiz Rivas sinalou que o seu partido opina que "as caixas teñen que seguir neste país a través da súa galeguidade, eficiencia e solvencia".
Engadiu que "o resto non axuda nin máis nin menos a ningún deses requisitos" e criticou a "imprudencia" dalgúns sectores, incluídas outras formacións políticas, que se pronuncian sobre este asunto "sen ter datos", o que cualificou de "irresponsabilidade".
Afirmou que a Xunta optou por manter "prudencia" e sinalou que o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, xa indicou que se pronunciará unha vez que teña os detalles sobre posíbeis fórmulas.
Ruiz Rivas evitou facer comentarios directos acerca das conversacións entre Caixa Galicia e Caixanova para unha posíbel fusión ou sobre outras posíbeis fórmulas.