Feijóo convoca representantes sociedade para ´reflexionar´ sobre as caixas

 17:30  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

Enviou unha carta aos responsábeis das caixas galegas, dos partidos, dos sindicatos e dos empresarios para manter reunións sobre o futuro destas entidades financeiras

EFE O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe que enviou unha carta aos responsábeis das caixas galegas, dos partidos, dos sindicatos e dos empresarios para manter reunións con eles e "reflexionar" de modo conxunto e "traballar entre todos para acertar entre todos" sobre o futuro destas entidades financeiras.

Núñez Feijóo indicou que a Xunta xa "ultimou polo miúdo" as análises que levaba desenvolvendo durante os últimos meses, polo que antes de ofrecer a postura final do Goberno galego sobre o futuro de Caixanova e Caixa Galicia, "toca pasar ao segundo período e facer unha reflexión conxunta con todos os sectores".

O titular do Executivo galego indicou que tras a análise e a reflexión conxunta é necesario "pedir cooperación responsábel" a estes axentes, co obxectivo "común a todos", de garantir que Galicia permaneza no mapa financeiro español e que a entidade ou entidades resultantes sexan "solventes".

Núñez Feijóo apuntou que da oposición espera "contribucións responsábeis", dos sindicatos, os puntos de vista necesarios para deseñar o futuro laboral, dos empresarios, as propostas para que Galicia non perda competitividade e das caixas "que decidan e actúen con responsabilidade e visión de futuro".

"As caixas son responsábeis perante toda a sociedade galega, xa que da súa decisión depende que Galicia acerte no futuro mapa financeiro español", indicou.

O titular da Xunta indicou que espera que as reunións se produzan nun "calendario curto".

"Espero que en dez días fagamos unha reflexión conxunta. A miña axenda está ao seu dispor" para celebrar as reunións", explicou.

Sobre a postura da Xunta, Núñez Feijóo indicou que escoitará todos os axentes e que intercambiará con eles datos, aínda que só os que poida facilitar, e será despois, tras a reflexión conxunta, cando o Executivo galego dea a coñecer a súa posición.

En calquera caso, o titular do Executivo galego sinalou que a Xunta "non ten competencias" para decidir e que será "responsábel" coas competencias que ten.

Ao ser preguntado por posíbeis presións exercidas desde o seu partido para alentar unha fusión entre Caixa Galicia, Caja Madrid e CAM, Núñez Feijóo dixo que non recibiu "ningunha" e que "se alguén cometese o erro (de facelas) fracasaría".

No que atinxe ás denuncias do seu partido, de que é o Banco de España o que alenta esta fusión, o presidente galego indicou que "non emitirá a súa opinión" sobre este organismo.

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
EXTRAS EN LA WEB

Destacados

EL TIEMPO
Consulta la predicción
       meteorológica
EN MI OPINIÓN
Envía tus propios
        artículos

-------------------------------------------------------------------------
AGENDA
Disfruta de tu tiempo
        libre
BLOGS
Sigue las bitácoras
        más interesantes
Loterías y apuestas  
Loterías y apuestas
Consulta los resultados de los principales sorteos de la lotería y la quiniela.

Widgets

Igoogle
Personaliza tu página de inicio de Google con las últimas noticias
www
Llévate las noticias de laopinioncoruna.es a tu web
Rss
Sigue las noticias de laopinioncoruna.es a través de RSS
   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009