Segundo a CIG

O soldo medio galego debería subir 540 euros anuais para non perder poder adquisitivo

 15:50  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

Segundo a OCDE os salarios españois quedaron un 11 por cento por "debaixo da inflación" entre 1997 e 2007

A CIG propón que os salarios que se atopen por debaixo da media galega, que estima --a falta de que se coñezan os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE)-- en 18.100 euros, suban 540 euros ao ano (un 3 por cento) porque "se non, van perder poder adquisitivo".

Así o expuxo hoxe o secretario confederal de Negociación Colectiva e Saúde Laboral da CIG, Antolín Alcántara, nunha rolda de prensa para presentar as propostas da organización sindical para a negociación colectiva. Na súa intervención, criticou que se use como referencia para as actualizacións salariais o Indice de Prezos ao Consumo (IPC), xa que este indicador mide unha inflación "moi concreta" que, ao seu xuízo, non pondera suficientemente, por exemplo, o peso da alimentación.

Alcántara sinalou que, segundo a Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos (OCDE), entre 1997 e 2007 os salarios españois quedaron un 11 por cento por "debaixo da inflación" e considerou un dato "elocuente" que en Galicia as rendas do capital superen ás do traballo. "Os ingresos do 20 por cento da poboación son superiores aos do 80 por cento restante", dixo e censurou que o discurso "é sempre o da competitividade, pero nin Galicia nin en España son máis competitivas por ter salarios máis baratos".

O responsable de negociación colectiva na CIG alertou tamén acerca de que "moitas empresas aproveitan --os expedientes de regulación de emprego-- para establecer a xornada flexible por tempo indefinido", e sinalou en concreto ao sector da automoción. E un "perigo", afirmou, pois "irradia a outros sectores" e estas medidas deben ter "sempre carácter temporal", defendeu.

Manifestou, así mesmo, as súas dúbidas respecto á implantación do 'contrato alemán', que considerou que pode "ser parecido" a un ERE de xornada parcial con cargo, en parte, á prestación por desemprego do traballador. Ao fío diso, manifestou o seu temor de que se instale esta alternativa no sistema como unha flexibilización da contratación.

MEDIDAS EN FAVOR DA MULLER

Pola súa parte, a responsable da área de muller, Margarida Curral, criticou que, coa crise, se deixou de poñer atención nas medidas de impulso á contratación feminina. "A prioridade dos traballadores é saír adiante e a discriminación por xénero para a segundo termo", expuxo.

Por iso, reclamou "activar todos os mecanismos para protexer as traballadoras" e a posta en marcha de medidas para fomentar a inserción laboral das mulleres e resolver as diferenzas que persisten en comparación como os homes, como que os salarios sexan menores. "A crise non se pode usar como escusa para non impulsar medidas de igualdade e non se pode impoñer o medo", proclamou.

Ademais, o secretario confederal de Negociación Colectiva reiterou o seu rexeitamento aos modelos de diálogo social postos en marcha en España e en Galicia, pois "se converten nun diálogo entre as cúpulas" e a negociación "se ten que establecer directamente coa clase traballadora", concluíu.

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
EXTRAS EN LA WEB

Destacados

EL TIEMPO
Consulta la predicción
       meteorológica
EN MI OPINIÓN
Envía tus propios
        artículos

-------------------------------------------------------------------------
AGENDA
Disfruta de tu tiempo
        libre
BLOGS
Sigue las bitácoras
        más interesantes
Loterías y apuestas  
Loterías y apuestas
Consulta los resultados de los principales sorteos de la lotería y la quiniela.

Widgets

Igoogle
Personaliza tu página de inicio de Google con las últimas noticias
www
Llévate las noticias de laopinioncoruna.es a tu web
Rss
Sigue las noticias de laopinioncoruna.es a través de RSS
   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009