O xigante do comercio electrónico Amazon respondeu onte ás criticas polo polémico brazalete que prevé implantar entre os seus traballadores e que o Ministerio de Empleo considera denunciable. "Non rastrexamos nin temos a intención de rastrexar a localización dos nosos asociados", aclara Amazon.

A compañía asegura que a súa intención é "permitir unha experiencia incrible ao cliente e mellorar a seguridade e ergonomía" dos seus procesos. Engade que os empregados de "empresas de todo o mundo" usan a diario escáneres de man para comprobar o inventario e cumprir cos pedidos. "Esta idea, se se implanta no futuro, melloraría este proceso para os nosos asociados dos centros loxísticos", insiste Amazon.