17 de mayo de 2018
17.05.2018

A CIG mobilízase contra "os recortes no sistema de protección por desemprego"

A central sindical cre que os plans do Goberno para unificar as axudas aos parados son "unha razón máis para a folga xeral" do 19 de xuño

17.05.2018 | 01:17
Concentración da CIG, onte, diante do edificio da Xunta na Coruña.

A CIG celebrou onte unha concentración na Coruña e noutras sete cidades e localidades galegas contra o "novo recorte ao sistema de protección por desemprego que está a preparar o Goberno" ao unificar as prestacións asistenciais que son competencia autonómica e integrándoas na Seguridade Social co obxectivo, segundo denuncia, de "reducir o tempo de percepción e a contía do subsidio".

O secretario xeral da central sindical galega, Paulo Carril, entende que o debilitamento das prestacións dos parados son "unha razón máis para a folga xeral" que ten convocada para o 19 de xuño. A CIG rexeita a fusión das distintas axudas de carácter asistencial por desemprego (os plans PAE, RAI e Prepara) nunha soa e lembra que o Tribunal Constitucional sinala que son de competencia autonómica. "No seu afán centralizador, o PP non fai efectiva a sentenza e busca reformalas vía decreto dende Madrid, aplicando así o artigo 155 ás persoas desempregadas galegas", conclúe o sindicato. A protesta na Coruña foi diante do edificio administrativo da Xunta en Monelos.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

David Galán, responderá a los lectores de LA OPINIÓN A CORUÑA sobre todo lo relativo a los mercados financieros y la Bolsa. David Galán es director de Renta Variable en Bolsa General y director del programa de Análisis Bursátil de la Escuela de Finanzas, colaborador de XTB, mayor bróker ´online´ de Europa.

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia
 


Enlaces recomendados: Premios Cine