Elecciones Generales 2015

O PP defende continuar coas súas políticas fronte ás ideas dos partidos que piden cambio

Os números un das catro principais candidaturas que concorren ás eleccións xerais pola provincia da Coruña debaten en LA OPINIÓN sobre as súas propostas. Ciudadanos decidiu non participar nesta charla

13.12.2015 | 14:04
Adianto do debate a catro en La Opinión dos candidatos ao Congreso pola provincia da Coruña
Play
O PP defende continuar coas súas políticas fronte ás ideas dos partidos que piden cambio
O PP defende continuar coas súas políticas fronte ás ideas dos partidos que piden cambio

Son aspirantes a pasar os vindeiros catro anos no Congreso do Deputados representando á Coruña. Miguel Lorenzo é o número un da lista do PP; Pilar Cancela, a do PSOE; Carlos Callón, o de Nós-Candidatura Galega, e Antón Gómez-Reino, encabeza a candidatura de En Marea. Os catro debateron sobre as súas propostas en LA OPINIÓN. O candidato de Ciudadanos, Antonio Rodríguez, non participou neste encontro por "problemas de axenda", aínda que todos os partidos recibiron o convite o primeiro día de campaña e tiveron liberdade para decidir o día e a hora da cita.

Pilar Cancela: Vertebramos a nosa proposta política para estes catro anos na igualdade de oportunidades para que quen queira traballar poida facelo e para que quen estea traballando o faga con dignidade e que non estea nun mercado laboral precarizado e temporalizado. Estamos falando tamén dun acceso universal á sanidade pública.

Carlos Callón: Nós-Candidatura Galega é unha candidatura que non ten límites á hora de defender os dereitos dos galegos e das galegas e é de esquerda coherente, que non move as súas opcións a golpe de sondaxe. Defendemos o ensino público, a sanidade pública, a vivenda para todos e un traballo digno.

Miguel Lorenzo: Nuestra propuesta es mejorar la calidad de vida de los ciudadanos. El PP ha demostrado en estos cuatro años que ha sido capaz de sacar a este país de una situación económica tremendamente difícil con medidas que no siempre fueron fáciles. Seguimos apostando por fomentar el empleo, por fomentar las pequeñas y medianas empresas, por una sanidad universal, creo recordar que se amplió el número de personas que, desde que gobierna el PP, pueden tener acceso a la sanidad pública.

Antón Gómez-Reino: En Marea é unha candidatura que trata de sumarse á onda cidadá de cambio dos últimos tempos. Houbo unhas xeracións de cidadanía organizadas e anónimas que, dalgún xeito, decidimos que había que poñer couto á situación de corrupción e de crise na que nos meteran os partidos vellos. Aí presentamos En Marea, que pretende ser un espello das candidaturas de cambio municipais.

P. Cancela: Temos un modelo económico que nos está a demostrar que non é o que este país precisa para mellorar. Por desgraza, neste país, creo que ninguén que estea traballando pode dicir que o estea a facer con dignidade. Nove de cada dez contratos son temporais e iso impídelle a calquera persoa desenvolver un proxecto vital consistente. Estamos a falar de que máis de 200.000 persoas en Galicia están no paro, de que 100.000 mozos tiveron que marchar e de que a duración media dos contratos é de 54 días, algúns até son de horas. É imposible ser un país forte e competitivo cunha así de economía feble, que se basea fundamentalmente no turismo ou na construción.

C. Callón: Nós-Candidatura Galega propomos aplicar a reforma laboral ao Goberno e despois derrogala. Hai problemas específicos que, como galegos, non podemos esquecer, por exemplo, o feito de que a taxa de emigración xuvenil na Coruña case cuadriplica a da media estatal. A nivel do Estado a destrución de emprego pola burbulla inmobiliaria foi na construción pero a nivel galego, a maioría foi vinculado a sectores produtivos, como o naval ou a pesca. Non abonda con dar unha receita estatal cando na Coruña estamos á cola en salarios mentres estamos á cabeza en horas traballadas. Hai moitísimas propostas que poderiamos dar, como a tarifa eléctrica galega. Somos a primeira potencia enerxética do Estado español, aproveitémonos diso, que non nos cobren pola produción que realizamos. Isto erradicaría a pobreza enerxética das nosas familias e potenciaría a iniciativa empresarial.

A. Gómez-Reino: Eu creo que ningunha reforma laboral xera emprego de seu. Nós estamos por derrogar a reforma do PP, pero tamén estamos contra a do PSOE. Cremos que no país o que se fixo foi erosionar o modelo produtivo. Acabouse cos que eran os elementos centrais de sectores produtivos vinculados ao mundo agrario, a todo o que tiña que ver co rural e, por outra parte, con todo o que ten que ver coa industria da transformación. Cremos que se pode revertir iso e na Coruña temos dous exemplos claros de como facelo. Temos unha Universidade afogada polas institucións e cremos que ten que ser un nicho de emprego de calidade; temos industrias de referencia como Alcoa ás que lles hai que dar unha solución. Hai que acabar coa dualidade da provincia, hai unha chea de xente que debería sentirse afortunada por ter traballo pero, aínda así, é pobre. Vémolo no mundo agrario, co sector leiteiro, e no urbano con xente que traballa por 600 euros.

M. Lorenzo: La situación que nos encontramos cuando llegamos al Gobierno central era alarmante. Se habían destruido casi tres millones de puestos de trabajo en el periodo 2007-2011 y habían desaparecido casi 177.000 empresas. Hemos hecho unas políticas que, al final, vemos que favorecen la creación de empleo, ahora se crean 1.500 empleos diarios. Podemos decir que 120.000 jóvenes han accedido al empleo. Apostamos por el empleo indefinido, para que la gente tenga un proyecto de vida. El 75% de los trabajadores de este país tiene un contrato indefinido. Hay que incentivar a los autónomos y, por supuesto, a las pymes y a los emprendedores. Hemos tomado medidas a lo largo de estos años que les han beneficiado. Hay que apostar por el I+D+i y que la Universidad adquiera la excelencia que a día de hoy no tiene y no creo que sea solo cuestión de dinero.

A. Gómez-Reino: É unha cuestión, fundamentalmente, de recursos. Para nós, o mellor investimento que pode facer unha sociedade a medio e longo prazo é na Universidade pública, e na educación pública, gratuíta e universal. É significativo que un representante do PP que está potenciando formas educativas que non sexan públicas e universais nos veña dar leccións nese sentido.

P. Cancela: Non hai mellor espello para a vontade política que os orzamentos. Calquera sector produtivo do que falemos non pode dicir hoxe que está mellor que hai catro anos ou sete anos e medio. Na Coruña estamos a padecer co cerco, co naval e cos nosos gandeiros, aos que lles quedaba o reduto da venda do leite, e resulta que teñen que saír á rúa porque os acordos aos que se chegou con eles foron un engano.

C. Callón: Segundo os datos da última EPA, no ano 2015 perdéronse 4.300 contratos indefinidos en Galicia. Como se pode ver a recuperación na Coruña cando case a metade dos asalariados da comarca non chegan a mileuristas,? O que nos fan é escoller entre tres posibilidades: paro, precariedade ou emigración. Nós-Candidatura Galega sabemos que hai problemas concretos que merecen solucións concretas, como que se cree emprego público. Roubáronsenos as caixas de aforro galegas, agora mesmo o 25% dos aforros dos galegos serve para financiar liñas de crédito noutros territorios do Estado, cando aquí as familias e as pequenas empresas non poden acceder a ese crédito. No caso de Alcoa, que se nos deixe de cobrar o custo de transporte da electricidade que nos quitan, simplemente con iso, reduciriamos nun 30% a factura.

M. Lorenzo: Venimos de una situación muy dura, estuvimos a punto de ser intervenidos. Creo que no es consciente ninguno de lo que eso podría haber sido. Es muy fácil dar recetas mágicas, pero la realidad es la que es y las políticas del PP han conseguido, primero, la recuperación económica. Es verdad que no ha llegado aún a todas las familias, pero es la vía que se ha iniciado y esperemos que continúe en el futuro.

P. Cancela: Nós queremos derrogar inmediatamente a reforma laboral do PP, propoñemos a suba do salario mínimo interprofesional e un ingreso mínimo vital para aquelas persoas que neste momento non teñen ningunha prestación. No caso dos autónomos, nós entendemos que deben cotizar á Seguridade Social en función dos ingresos que vaian percibindo e apostamos pola existencia de tres contratos: o xeral debe ser de carácter estable e indefinido; o de tempo parcial, porque o precisan os sistemas de produción e, por último, o contrato relevo combinado co contrato formativo. E, por suposto, por eliminar calquera tipo de fenda salarial entre homes e mulleres. A crise serve para empeorar a nosa situación no mercado laboral. O sistema público de pensións só está en perigo co baleirado que acaba de facer o PP da caixa. Cando entrou no Goberno tiña 77.000 millóns de euros, que ninguén tocara e que, agora mesmo, está pola metade e que, se segue a gobernar o PP, irá a moito menos, porque a mensaxe política da dereita é: o sistema público de pensións non é viable, faga un plan privado.

A. Gómez-Reino: É evidente que o problema é que nestes anos se foi baleirando todo o que tiña que ver co común e co público. Nós traballamos pola indexación das pensións ao IPC. Nos últimos cinco anos pasouse na área da Coruña do 8% de familias en risco de pobreza ao 15%. Nós cremos que hai un elemento fundamental, que é o emprego pero, no caso de que non haxa emprego, ten que haber rendas.

C. Callón: No caso das pensións non chega con subir o IPC en Galicia, porque son as máis baixas do Estado, son dun 10% menos e iso non se corresponde coa vida de traballo que tiveron os nosos maiores. Cómpre equiparar as pensións á media estatal. No caso galego, o 70% dos pensionistas non chega a mileurista, estamos falando dunha situación de precariedade e os prezos en Galicia tampouco se corresponden cos salarios. Recordemos que temos as gasolineiras máis caras do Estado, tendo refinería. Hai unha desigualdade a nivel social e territorial e tamén cos nosos emigrantes retornados, que hai que erradicar.

M. Lorenzo: Estoy totalmente de acuerdo con la igualdad de hombres y mujeres y esto tiene que ir unido a una ley de conciliación, que es una de las asignaturas pendientes.

P. Cancela: A lei existe, o que pasa é que non a aplican, a lei de igualdade efectiva entre homes e mulleres, a de violencia de xénero...

M. Lorenzo: Hay que mejorarla, porque la de conciliación consiste en que la mujer y el marido tengan más tiempo para estar con los hijos, no en otros temas. En A Coruña no hay renta social, se paga a los proveedores y eso ya existía, es la ley de emergencia. En Galicia, las pensiones son las más bajas de España debido a nuestra historia, las pensiones van con las cotizaciones y, durante muchos años, mucha gente no cotizó o cotizó poco en la agraria y ahora nos encontramos con que las pensiones son bajas. Eso podemos corregirlo en el futuro. Le quiero recordar al PSOE que, cuando llegamos al Gobierno, nos encontramos una deuda en dependencia, de más de mil millones de euros a la Seguridad Social.

P. Cancela: Está cuestionando a dependencia? Nós tamén gobernamos e nesa débeda, algo terían que ver Madrid e Valencia.

M. Lorenzo: Nuestras propuestas son seguir en el mismo camino en todo, en la sanidad, en la educación, en el empleo y mantener el estado de bienestar y las pensiones, que no se han bajado, se subieron.

C. Callón: As pensións si que baixaron e dicir o contrario é unha mentira tal que até me dá rubor. Se hai repagamento da sanidade, se a vida sobe, a capacidade adquisitiva dos pensionistas baixa.

P. Cancela: As pensións conxeláronse e os copagos subiron. O sistema público de pensións é perfectamente sostible, quen pretende facerlle crer á cidadanía que non o é, é o PP. Cal é o remedio? Que non goberne o PP.

A. Gómez Reino: É sostible e o que hai que facer é incorporar a máis xente ao sistema de cotización e iso pasa por crear emprego e por unha política de migración que diga que necesitamos man de obra cualificada que retorne ao país porque se foi a Europa e que saiba non temos problema en acoller a xente que veña doutros lados para traballar e xerar riqueza aquí.

C. Callón: Hai unha política do medo de intentarnos facer pensar que non é sostible para que a banca gañe cos plans de pensións privados, pero todos os estudos económicos realizados demostran que é sostible cando se desenvolven políticas nese sentido.

M. Lorenzo: Es sostenible, pero con políticas racionales, con sentido común, que veo que hay partidos que no lo utilizan. Las pensiones se sostienen con impuestos y con sueldos que coticen.

A. Gómez-Reino: En canto á cidade, eu creo que un Goberno de cambio no Estado ten que apoiar todo o que ten que ver coa intermodal, co transporte público metropolitano e tamén coa entrada á cidade. Nós cremos que hai que apoiar unha avenida da Vedra máis humana. Non se pode permitir que iso siga a ser unha autoestrada, tendo en conta que agora temos a terceira rolda. Ao respecto do porto, cremos que hai que abrir o que vai suceder ao escrutinio da cidadanía. Non pode ser que a fachada marítima da cidade se vaia modificar por cuestións vinculadas á especulación do solo e a solución ten que ser responsable. Un Goberno de cambio ten que dotar á Autoridade Portuaria dos recursos necesarios para que non se teña que hipotecar algo que nos pertence a todos e que ten que ver cunha infraestrutura que agora mesmo hai que poñer en marcha e que, seguramente, non foi pensada dunha forma correcta. Hai que entrar no asunto da ría do Burgo para valorar o ecosistema que nos rodea porque é un espazo que pode xerar moito máis emprego. Hai que derrogar a lei de racionalización e sostibilidade da administración local e dotar de recursos os concellos.

P. Cancela: A reforma da administración local o que fixo foi debilitar os concellos. Para a cidade da Coruña eu creo que é fundamental o saneamento da ría do Burgo e que debe afrontarse inmediatamente; o acceso directo ao porto exterior, sobre todo o deseño do acceso por ferrocarril, que non está proxectado; o financiamento de punta Langosteira, e aí teremos que determinar cal é o xeito, terá que ser unha interlocución sostible entre Concello, Estado e os que poidamos estar aí para pular por ela, pero paralizala, nunca. Temos que falar da intermodal, porque é o que vertebra a fluidez do transporte, pero tamén enriquece á cidade e tamén a reforma de Alfonso Molina e da Pasaxe. Hai que cumprir ese compromiso, pero executalo xa. Hai moitas cousas que están orzamentadas e que, en principio, todo o mundo está de acordo en que son necesarias, pero que se van adiando. A min gustaríame que como noutrora se nos esixía tanto a outros o cumprimento dos prazos de infraestuturas, pois que se fixeran. Pero dá igual, farémolas nós porque imos gobernar.

C. Callón: Hai que salientar o Guadiana de promesas que hai. Eu, se saio elixido como deputado nunca votarei en contra dos coruñeses e nunca haberá unha forza estatal que me poida dicir que A Coruña ten que quedar de segunda, de terceira ou cuarta. Nunca vai ser moeda de cambio. Non é o que poidamos prometer a partir de agora, senón que, como continuadores do traballo do BNG, temos unha liña de actuación que o demostra. Todos sabemos que a ría está contaminada, o que precisamos é que se poñan as máquinas a traballar. Xa falamos da tarifa eléctrica galega e, en canto á mobilidade, hai que falar da transferencia da AP-9, que é a autoestrada máis cara do Estado e, mesmo coas obras de Alfonso Molina, hai posibilidade de que se encareza a peaxe. Temos que apostar polo tren de proximidade. Estamos cos veciños de Novo Mesoiro, porque pensamos que o único desafiuzamento que se debe realizar é o de Rajoy da Moncloa. Non é razoable que un pequeno comercio da Coruña pague un 25% de imposto de sociedades cando as grandes fortunas teñen vías de evasión fiscal legalizadas para pagar 25 veces menos.

M. Lorenzo: A Coruña ha sido una privilegiada estos años. Hubo más de 700 millones de inversión en infraestructuras y ahora mismo estamos pendientes de 330 millones de inversión en distintas infraestructuras de la ciudad. El BOE publica hoy [por el viernes] el proyecto de dragado de la ría. Aquí gobernaron muchos años los socialistas y no hicieron nada. Hay que acabar con el furtivismo y ahí el PP ha hecho algo penalizándolo, porque se estaba esquilmando la ría. La intermodal es muy necesaria para conectar el AVE con Galicia y terminar esa obra, que está presupuestada y a ver si en 2018 está lista. El proyecto de Alfonso Molina estaba hecho, con financiación y todo y, de un día para otro, se quiere cambiar completamente con el apoyo del PSOE, que siempre defendió esta reforma. Para la ampliación del puente de A Pasaxe hay una inversión de casi 25 millones de euros.

P. Cancela: Sobre os aeroportos, eu creo que non están en cuestión. Lavacolla ten unha liña máis internacional e Peinador e Alvedro, máis doméstica e con destinos específicos. Non compiten.

A. Gómez-Reino: O sistema aeroportuario galego ten que ir sempre en clave de cooperación e non de competición. Nós apostamos polo crecemento de Alvedro e cremos que as aeroliñas non deben captar excesivo volume de recursos públicos. Hai que buscar un mecanismo para que sexa sostible pero non a costa das arcas municipais.

M. Lorenzo: Nosotros hemos potenciado siempre el aeropuerto, creo que hay seis millones de euros en los presupuestos del Estado. Se ha aumentado el número de viajeros y apostamos por la coordinación, no podemos dejar que Oporto nos coma a Galicia los pasajeros.

C. Callón: Non podemos enrocarnos no localismo nin que todo pase por Madrid. Propoñemos que se melloren as conexións coa AP-9 e tamén o sistema de ILS, que permitiría que Alvedro traballase a pleno rendemento e non a media potencia, como agora.

M. Lorenzo: Sobre la reforma de la administración local, hay una tendencia a que los ayuntamientos asuman muchas competencias. Hay algunas que no se les pueden quitar, como Servicios Sociales, pero hay que abaratar costes y, a veces,la fusión o compartir servicios entre ayuntamientos pequeños es bueno. En cuanto a la limitación del gasto, hay muchas administraciones y no se puede vivir alegremente, hay que tener un concepto de gasto racional.

A. Gómez-Reino: Achegar os servizos ás administracións locais é positivo e hai que dotar de autonomía e financiamento os concellos.

P. Cancela: Non estamos de acordo coa fusión de concellos porque si. Co que si que estamos de acordo é coa intercooperación municipal.

C. Callón: É outra cara dos recortes, os concellos teñen que ter autonomía e financiamento e poder cooperar entre eles.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
Enlaces recomendados: Premios Cine