-Que medidas plantexan?

-Atender ao que afecta directa ou indirectamente ao benestar e calidade de vida dos veciños. Hai que frenar a sangría do desemprego con promoción dos produtos de proximidade, axudas a novos negocios, usar o centro de formación e dar orientación. Alugar locais baleiros a rendas máis baixas para negocios. Tamén hai que fortalecer os servizos sociais, mellorar a educación e a sanidade e a mobilidade. E empregar casas abandonadas para atraer poboación ao rural. O alcalde segue pensando en construír máis edificios. Temos un concello gris e nós querémolo lila, con certo feminismo, e verde.

-Que expectativas teñen?

-Presentámonos para gobernar. Imos a por todas.

-Pasaralles factura a implicación do número dous da súa lista na moción de censura que deu a Alcaldía a Mouriño?

-Nun momento cometéronse erros gravísimos por decisión dun grupo, hai 12 anos. Pero os membros da lista sempre estiveron ao lado das loitas dos vecinos.