-Asegura que na campaña ve cousas "doutros tempos".

-Estou con moita ilusión e que con gañas de que muden as cousas en Cerceda. Pero estou vendo cousas que non vía desde hai 16 anos. Cousas como xogar con postos de traballo, tema de ir buscar xente encamada para que voten por correo. Rexeito estas artimañas porque a democracia é permitir participar a xente.

-Como é competir cunha persoa que leva vinte anos como alcalde?

-É durísimo. Aquí xógase co pan da xente. A situación de crise é moi dura. Resúltame moi noxento. Quita moita crenza na democracia enfrentarte cunha persoa que xoga con iso.

-Que propón o BNG?

-Agora mesmo o máis importante é reverter a cifra de persoas que marchan. Baixa a poboación. Non están facendo nada para que Cerceda sexa unha vila atractiva. Nos últimos 4 anos perdemos 300 persoas.