A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos presentou este mediodía unha nova edición da noite de portas abertas do Comercio de Betanzos. A FASHION´S NIGHT OUT de BETANZOS celebrarase o vindeiro venres 11 de maio en horario de 20.30 a 00.00 h. Trátase dunha xornada na que os establecementos comerciais manterán as súas portas abertas ata a media noite ofrecendo descontos, sorteos, regalos e sorpresas. Ademais os establecementos ofrecerán unha decoración especial, degustacións, música en directo, sesións de fotografía etc.

Ata o momento son un total de 29 establecementos de diferentes sectores os que se sumaron ó evento: moda, puericultura, florerías, librerías, beleza, decoración, complementos, puericultura, saúde, regalos, perfumería, xoiería, instrumentos musicais…

Tal e como anunciou este mediodía Antonia Anido, a presidenta de ACEBE CCA, esta edición contará cunha principal novidade con respecto á anterior xa que a FASHION´S NIGHT OUT contará con animación musical nas rúas de Betanzos. Actuará o cuarteto THE SWING na Rúa do Castro ás 20.30 h e ás 22.30 h na Rúa Rosalía de Castro.

ACEBE CCA plantéxase o evento como unha xornada festiva do comercio e pretende trasladar o ocio ós establecementos ofrecendo unha oferta diferente ós clientes.

A FASHION´S NIGHT OUT é unha iniciativa que conta ademais coa colaboración do Concello de Betanzos, da Deputación da Coruña e da Xunta de Galicia.

Para ampliar información: 981774574/667088431 (Raquel Lagares)