Nos últimos anos, os viticultores de Vilaboa levaron a cabo un importante labor de mellora dos viños, recuperando e potenciando as castes autóctonas que no seu día tiveran unha presenza dominante entre nós.

Este traballo merece apoio, recoñecemento e difusión. Por isto, o concello de Vilaboa puxo en marcha no ano 2012 esta mostra para colaborar cos produtores do que é o produto local que máis superficie de cultivo ocupa, 232 hectáreas.

O viño da ladeiras de Vilaboa, na ría de Vigo, ben orientadas ao sur e asomadas á poética Ría de Vigo, é tradicional e complexo, de sona ben gañada nas comarcas dos arredores coas que comparte unha mesma cultura vitícola.

A Mostra do Viño naceu con vocación de permanencia porque hai marxe de mellora e interesantes para o viño da zona. Con esta cuarta edición pretenden continuar potenciando a reestruración do viñedo para que os viños de Vilaboa poidan ser certificados cun selo de calidade e consolidar esta mostra anual dos caldos da zona, e deste modo tamén apoiar aos viticultores do concello de Vilaboa que, xunto cos dos concellos limítrofes que non están na DO Rías Baixas, están traballando para formar unha Indiacación Xeográfica Protexida (IXP) que lle dea cobertura reguladora a estes viños.

Nas tres primeiras edicións, durante os tres días de mostra pasaron polo recinto de festas máis de 1000 persoas que gozaron destes viños e da hospitalidade dos veciños e veciñas de Vilaboa. Este ano abren as portas a todos aqueles que os queiran acompañar nesta terceira edición.

PROGRAMA DA IV MOSTRA DO VIÑO DE VILABOA 15

Venres 29/05/15

Apertura das casetas de 19h a 23h

Ás 20.30h, pregón de Miro Magariños (Actor. Creador da Compañía Miro Magariños S.L. Interpretou a Elías Cruceiro en Libro de Familia )

Animación e actuación a cargo do grupo CARAPAUS.

Sábado 30/05/15

Pola mañá, apertura de casetas de 11h a 14h.

Animación a cargo do grupo de gaitas CULTURAL COBRES e o grupo de baile OS BORRATEIROS.

Pola tarde, apertura de casetas de 19h a 23h.

Animación a cargo do grupo de música tradicional AIRIÑOS NA FRACHA.

Concurso de cata entre os viños participantes.

Domingo 31/05/15

Apertura de casetas de 11h a 14h

Ás 13h, entrega dos diplomas aos viticultores gañadores

Animación a cargo do grupo de música tradicional MARABALLADA

* Durante as tres xornadas da mostra haberá tamén instalados diversos postos de artesanía e servizo de comidas.