ESPAZOS EDUCATIVOS

A Xunta fomenta o emprendemento no ensino

12.04.2016 | 13:29

A Consellería de Cultura e Educación coa axuda do traballo dos centros educativos e das empresas galegas impulsan os proxectos empresariais desenvolvidos ao abeiro da Rede de Viveiros de Empresa. A día de hoxe hai 19 centros entre CIFPs e IES que contan con viveiros de empresa e que deron orixe a 62 iniciativas de creación de empresas. Destas, 21 xa existen como empresas en funcionamento fóra do viveiro no cal foron concibidas, outras 12 como empresas aínda dentro do viveiro e 29 en fase de proxecto. Dentro dos 19 viveiros que compoñen a rede, oito están na provincia da Coruña, no CIFP Ánxel Casal-Monte Alto, o CIFP Someso, o CIFP Politécnico de Santiago, o CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro, CIFP Ferroltera, o IES de Fene, CIFP Paseo das Pontes e o CIFP Coroso de Ribeira. Entre os proxectos levados a cabo nestes centros destaca Granxía, que se basea na domotización de granxas con aforro enerxético; Rehousso, adicada á construcción de vivendas modulares prefabricadas con materiais reciclado, NeWWOOD, sobre deseño de espazos interiores e exteriores tamén con material reciclado; Mobletec, para deseñar e fabricar mobiliario intelixente e Cuvegal, para construcción de cubertas e paredes e para reformas. Todos estes proxectos desenvolvense no viveiro do CIFP Someso. Outros exemplos son DobleA do CIFP Paseo das Pontes, unha consultoría alimentaria especializada no etiquetado de alimentos ou Nutrifit do viveiro do CIFP Ánxel Casal, tamén asesoría pero para a reeducación de hábitos nutricionais.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
Enlaces recomendados: Premios Cine