A CORUÑA EMPRENDE

Protectores auditivos a medida creados no CIFP Ánxel Casal

28.03.2017 | 23:43
Alumnos y profesoras del proyecto de miniempresas del CIFP Ánxel Casal.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Alcoa, coa colaboración de LA OPINIÓN, arrancan unha nova edición do programa A Coruña Emprende para promover o espírito emprendedor no alumnado e fomentar o desenvolvemento de características persoais como a creatividade, a iniciativa, a asunción de riscos, a responsabilidade e a innovación. Unha das partes deste proxecto é o programa Lanzadeiras Coruña enfocado á creación dunha ducia de proxectos de miniempresas en dez centros educativos da provincia. Participan o CIFP Ánxel Casal e o CPR Plurilingüe Esclavas Sagrado Corazón de Jesús, na Coruña; o IES de Viós de Abegondo; o IES Isaac Díaz Pardo de Sada; o CIFP Ferroltera e o IES Leixa, en Ferrol; o IES de Ortigueira; o IES San Clemente e o CIFP Politécnico de Santiago; e o CEIP de Sigüeiro. O IES de Viós e o CIFP Politécnico de Santiago participan con dúas miniempresas cada un.

O programa arrancou o pasado 19 de xaneiro nunha actividade presencial -algunhas faranse online- que contou coa presenza dos coordinadores das miniempresas de todos os participantes. A iniciativa contempla ademais a visita dos formadores que colaboran coa Consellería de Educación aos centros seleccionados para que poidan asesorar in situ tanto aos coordinadores como aos alumnos coas dificultades que poidan xurdin durante o proceso de creación da miniempresa. Modesto Gómez, responsable de Enxeño Galicia visitou onte o CIFP Ánxel Casal de Monte Alto para comprobar como evoluciona o proxecto Ouvisan e explicarlles os pasos para que sexa viable. Os 20 alumnos do ciclo superior de Audioloxía Protésica -15 do módulo ordinario e cinco do de adultos- xa comezaron a traballar nesta miniempresa de protectores auditivos personalizados que, segundo explica a coordinadora Paula Díaz, "adaptanse ao pabellón auditivo e ofertan unha protección absoluto". Díaz encargase de impartir en todos os ciclos formativos a materia Iniciativa Emprendedora, polo que os alumnos participantes xa coñecen os valores do emprendemento e poden levalos á práctica. A docente encargase desta parte no proxecto, mentres que unha mestra de Bioloxía centrase na parte técnica e xa traballa cos alumnos no laboratorio no deseño e construcción dos audífonos. Aínda que, como apunta Díaz, na formación teórica todos traballan en todas as fases -Producción, Finanzas, Marketing- na práctica divíndense en equipos como nunha empresa real. Antes de comezar o proxecto, estudiaron o mercado e a competencia visitando centros que venden productos similares na Coruña. E tamén estudaron quen pode ser o seu target ou público.

Ouvisan irá dirixido a deportistas, estudantes que necesiten silencio cando estudan ou profesionais que aínda que non teñen porque levar protección porque non se superan os decibelios fixados por lei, están sometidos a ruídos que poden ser molestos. É o caso dos alumnos do ciclo de Prótesico Dental, aos que se lle tomaron mostras para facer os moldes dos audífonos e que se prestarán a probar nas súas prácticas cando traballen con micromotores para comprobar se funcionan. O equipo de marketing traballa na web para promocionar os produtos e en toda a parte de cartelería.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
Enlaces recomendados: Premios Cine