Entre os retos a acadar antes de quince anos, priorizo unha educación pública de calidade e un sistema educativo baseado no consenso e válido para uns 40 anos, cando menos, alleo e por riba do goberno de turno.

Escolas públicas e institutos abertos á comunidade educativa e aos barrios onde estean situados, con horario de tarde para que tanto a xente nova coma os adultos poidan utilizar as súas instalacións „que estarán ben coidadas e en perfecto estado„ incluso sábados e domingos. O barrio sentirase así máis fácilmente "comunidade educativa", xunto coas nais e pais dos alumnos.

Gostaría de ver as bibliotecas cheas de usuarios que acudirán a disfrutar dos libros, das películas, da música; centros cívicos en máis barrios da cidade e cunha maior oferta tamén para as mulleres e os homes da terceira idade.

Unha cidadanía culta e interesada polo que acontece no mundo,

unha cidadanía solidaria e voluntariosa, unha cidadanía que saberá ser crítica porque será quen de pensar por sí mesma.

Parabéns a este xornal polos cumpridos quince anos.