A Coruña Emprende arrancou o pasado 24 de marzo e seguirá ata o 5 de maio cando se celebrarán as últimas charlas. O obxectivo é chegar a máis de 500 alumnos coruñeses de Formación Profesional (FP), Bachalerato, Secundaria e 6º de Primaria aos que estimular o espíritu emprendedor e ao mesmo tempo fomentar o emprego entre os máis novos para cando teñan que incorporarse ao mercado laboral. Tratase dunha iniciativa na que colaboran a Fundación Alcoa, a Consellería de Educación e o diario LA OPINIÓN na que os participantes poden descubrir cal é a actitude axeitada para convertirse nun emprendedor, as claves para orientar o futuro laboral cara un negocio ou empresa propia ou que se precisa para enfrentarse correctamente a unha entrevista de traballo.

Esas son algunhas das cuestións que se abordaron esta semana nas charlas sobre como construir presentacións de impacto de proxectos profesionais, ademais de charlas sobre emprendemento e responsabilidade social e actividades de motivación. As conferencias destes días impartironse na Universidade Laboral de Culleredo, no CIFP Someso da Coruña, no CPI Vicente Otero Valcárcel de Carral e no CEIP de Rabadeira de Oleiros.

A semana comezou o luns cunha actividade de motivación no CPI Vicente Otero Valcárcel á que asistiron alumnos de 6º de Primaria deste centro educativo. A mesma iniciativa impartiuse ao día seguinte para o mesmo curso no CEIP da Rabadeira. Na xornada do luns levouse a cabo na Universidade Laboral unha clase sobre presentacións de impacto para que os emprendedores aprendan como dar a coñecer o seu proxecto de forma eficaz e atractiva, á que asistiron escolares deste centro e tamén do IES María Casares de Oleiros.

O martes as presentacións de impacto celebraronse no CIFP Someso coa asistencia de alumnos do CIFP Paseo das Pontes da Coruña e do IES Isaac Díaz Pardo de Sada. Ese mesmo día impartiuse unha charla sobre responsabilidade social na Universidade Laboral coa asistencia do IES de Sabón (Arteixo), do IES Afonso X O Sabio (Cambre), do CIFP Anxel Casal-Monte Alto e do IES María Casares. O mércores houbo dúas propostas: presentacións de impacto na Universidade Laboral con escolares do IES Afonso X O Sabio e do IES de Sabón; e unha conferencia de emprendemento social no CPI Vicente Otero Valcárcel con membros dese centro. As actividades desta semana remataron o mércores con presentacións de impacto no CIFP Someso ás que ademais de alumnos do centro anfitrión acudiron outros do CIFP Someso, do IES de Viós (Abegondo), do CPI Cruz do Sar (Bergondo) e do CIFP Anxel Casal-Monte Alto.

Cada unha das sesións consta dunha parte teórica na que o coach explica os conceptos e outra máis dinámica, na que se opta por poñer exemplos prácticos para que os estudantes percibisen mellor o que se lles quería transmitir. O proxecto conta con charlas formativas como as celebradas esta semana, clases impartidas sobre este tema polos seus propios docentes, aos que o programa tamén forma, así como visitas a empresas da zona ou mesmo reunións con directivos.

O programa conta coa participación de 15 centros escolares da área coruñesa „catro da propia cidade coruñesa„, 500 alumnos e 30 profesores e pretendese aumentar a cifra de involucrados nesta iniciativa para fomentar o emprendemento.