Na lección anterior deste Galego Práctico falaramos do VERBO. Cómpre repasar aquel Tema (7) para lembrar as súas equivalencias e así non as repetimos aquí. A continuación temos conxugados os tres modelos ou paradigmas: AND-AR; COLL-ER e PART-IR polos que se conxugan os milleiros de verbos REGULARES que rematan en -AR, -ER e -IR.
Os verbos polos cambios que poidan sufrir na raíz ou radical, sobre todo poden ser: REGULARES e IRREGULARES.
Os REGULARES: Nestes non Cambia a raíz do modelo regular ou paradigma polo que se conxugan. Para a primeira: and-ar. Para asegunda: coll-er e para a 3ª conxugación part-ir, por non cambiaren a raíz ni a terminación chámanse regulares; Estes que acabamos de citar serven de modelos.
A raíz nestes verbos regulares non cambia ea demais danos o significado do verbo. (Non falamos da vogal temática nin das desinencias ou terminacións).
1ª CONXUGACION 2ª CONXUGACION 3ª CONXUGACION
ANDAR COLLER PARTIR
______________________________________________________________________
INDICATIVO
______________________________________________________________________
Presente
and-o coll-o part-o
and-as coll-es part-es
and-a coll-e part-e
and-a-mos coll-e-mos part-i-mos
and-a-des coll-e-des part-i-des
and-an coll-en part-en
Imperfecto
and-a-ba coll-ía part-ía
and-a-ba-as coll-í-a-s part-ía-s
and-a-ba coll-ía part-ía
and-a-ba-mos coll-ía-mos part-ia-mos
and-a-ba-des coll-ía-des part-ia-des
and-a-ba-n coll-ía-n part-ía-n
Perfecto
and-ei coll-ín part-ín
and-aches coll-iches part-iches
and-ou coll-eu part-iu
and-amos coll-emos part-imos
and-astes coll-estes part-istes
and-aron coll-eron part-iron
Pluscuamperfecto
and-a-ra coll-e-ra part-i-ra
and-a-ra-s coll-e-ra-s part-i-ra-s
and-a-ra coll-e-ra part-i-ra
and-a-ra-mos coll-e-ra-mos part-i-ra-mos
and-a-ra-des coll-e-ra-des part-i-ra-des
and-a-ra-n coll-e-ra-n part-i-ra-n
Futuro
and-a-re-i coll-e-re-i part-i-re-i
and-a-rá-s coll-e-rá-s part-i-rá-s
and-a-rá coll-e-rá part-i-rá
and-a-re-mos coll-e-re-mos part-i-re-mos
and-a-re-des coll-e-re-des part-i-re-des
and-a-rá-n coll-e-rá-n part-i-rá-n
Futuro hipotético (condicional)
and-a-ría coll-e-ría part-i-ría
and-a-ría-s coll-e-ría-s part-i-ría-s
and-a-ría coll-e-ría part-i-ría
and-a-ria-mos coll-e-ria-mos part-i-ria-mos
and-a-ria-des coll-e-ria-des part-i-ria-des
and-a-ría-n coll-e-ría-n part-i-ría-n
SUBXUNTIVO
Presente
and-e coll-a part-a
and-e-s coll-a-s part-a-s
and-e coll-a part-a
and-e-mos coll-a-mos part-a-mos
and-e-des coll-a-des part-a-des
and-e-n coll-a-n part-a-n
Imperfecto
and-a-se coll-e-se part-i-se
and-a-se-s coll-e-se-s part-i-se-s
and-a-se coll-e-se part-i-se
and-á-se-mos coll-é-se-mos part-í-se-mos
and-a-se-des coll-e-se-des part-i-se-des
and-a-se-n coll-e-se-n part-i-se-n
Futuro
and-a-r coll-e-r part-i-r
and-a-r-es coll-e-r-es part-i-r-es
and-a-r coll-e-r part-i-r
and-a-r-mos coll-e-r-mos part-i-r-mos
and-a-r-des coll-e-r-des part-i-r-des
and-a-r-en coll-e-r-en part-i-r-en
IMPERATIVO__________________________
and-a coll-e part-e
and-a-de coll-e-de part-i-de
_______________ INFINITIVO___________________________
and-ar coll-er part-ir
____________________ XERUNDIO___________________________
and-ando coll-endo part-endo
____________________ PARTICIPIO___________________________
and-ado coll-ido part-ido
REPARADE: Ollo á acentuación como: andabamos, collésedes etc. para non caer no castelanismo.
- A pasiva fórmase co auxiliar ser e o participio do verbo que se conxuga: o enfermo foi levado ó hospital. Pouco usado en galego.
- Segundo andar conxúganse entre outros: pagar, cantar, saltar, chegar, fregar, cegar, folgar, probar, etc.
- Conforme coller conxúganse: beber, fender, erguer, toller, chover, temer, verquer, feder, tecer, premer, acender, coñecer etc.
- Como partir: concluír, unir, vivir, dirixir, fundir, etc.
Últimas normas actualizadas: Continuación:
1- Admítese as terminacións -ble coma -bel (perduráble ou perdurabel). Son correctas tamén as formas: amábel, apetecíbel, bebíbel, estábel, indelébel, indisolúbel, infalíbel, preferíbel, terribel.
Cómpre recordar que no texto das Normas emprégase –ble. Así son normativas: estable, establecer, preferible, infalible, amable e outras.
2- Temos tamén puberdade, liberdade, lealdade, enfermidade, novidade, herdade,soidade. Pero en cambio dise necidade, e sucidade.
Son correctas: solidariedade, notoriedade, variedade, das que xa temos falado.
|