TEMA 11

 

Nas leccións seguintes poñeremos, coma hoxe, os modelos dos verbos IRREGULARES máis usados. Aprendédeos. Pero antes: VERBOS IRREGULARES son os que non se axustan o modelo de conxugación regular, que xa vimos no tema anterior. Estas irregularidades afectan á raíz ou radical e á vogal temática.
Aínda que é moi pequeno o seu número son de uso moi frecuente, por iso é moi importante o seu estudo.


HABER
INDICATIVO
Presente Copretérito Pretérito
hei había houben
has habías houbeches
ha, hai había houbo
habemos/hemos habiamos houbemos
habedes habiades houbestes
han habían houberon

 

Antepretérito

 

Futuro

 

Pospretérito

houbera haberei habería
houberas haberás haberías
houbera haberá habería
houberamos haberemos haberiamos
houberades haberedes haberiades
houberan haberán haberían

 

SUBXUNTIVO

Presente Pretérito Futuro
haxa houbese houber
haxas houbeses houberes
haxa houbese houber
haxamos houbésemos houbermos
haxades houbésedes houberdes
haxan houbesen houberen

 

FORMAS NOMINAIS

Inf. Conx. Infinit. Xerund. Partic.
haber haber habendo habido
haberes      
haber      
habermos      
haberdes      
haberen      

 

OBSERVADE que na 3ª persoa do presente de indicativo a carón da forma “HA” usada normalmente como auxiliar —ha morrer— —ha facer tal cousa—, temos a forma impersoal “HAI”. Exemplo: Hai tempo que non o vexo”. “Hai contaminación no mar”.

SER
INDICATIVO
Presente Copretérito Pretérito
son era fun
es eras fuches
é era foi
somos eramos fomos
sodes erades fostes
son eran foron

 

Antepretérito

 

Futuro

 

Pospretérito

fora serei sería
foras serás serías
fora será sería
foramos seremos seriamos
forades seredes seriades
foran serán serían

 

SUBXUNTIVO

Presente Pretérito Futuro
sexa fose for
sexas foses fordes
sexa fose for
sexamos fósemos formos
sexades fósedes fordes
sexan fosen foren

 

IMPERATIVO

se 2ª persoa do singular
sede 2ª persoa do plural

 

FORMAS NOMINAIS

Inf. Conx. Infinit. Xerund. Partic.
ser ser sendo sido
seres      
ser      
sermos      
serdes      
seren      

 


RECORDEMOS AS NOVAS NORMAS
(Continuación)

Os grupos cultos -ct - e -cc- redúcense a -t- e -c- cando van tras as vogais i e u.

Disto xa temos falado pero repetímolo:

A) Deben escribirse: tradución, estrutura, produto, delito, ditado, conduta, vítima, construción, xurisdición, tradutor, produción.

*Son moitas e moi difíciles para recordalas todas aquí, o mellor é consultar un bo dicionario actualizado.

- Agora vexamos unha morea de palabras cultas que non suprimen o “c”. Polo tanto.

B) Deben escribirse igual: veredicto, edicto, dicción, adicción, indicción, invicto, micción, convicción, dúctil, eructo, fricción. O que confirma a nota anterior da súa dificultade

C) Debe dicirse: reitor (O Reitor da Universidade), reitorado, reitoral.