TEMA 14

 

Hoxe falaremos de algúns verbos con CASOS ESPECIAIS. É dicir alternan, só nalgúns tempos, algunhas vogais.

-Verbos rematados en –UIR: constituír, construír, restituír, contribuír, prostituír, destruír, concluír, substituír, incluír.

CONSTRUÍR:
Presente de Indicativo: constrúo, constrúes, constrúe.....

Subx. Presente: constrúa, constrúas, constrúa, construamos, construades, constrúan.

-Verbos rematados en –ECER: agradecer, coñecer, crecer, renacer, ou -UCIR: conducir, producir, inducir, aducir, traducir.

AGRADECER:
Presente de Indicativo: agradezo, agradeces, agradece...

Subx. Presente: agradeza, agradezas, agradeza, agradezamos, agradezades, agradezan.

CONDUCIR:
Presente de Indicativo: conduzo, conduces, conduce.

Subx. Presente: conduza, conduzas, conduza, conduzamos, conduzades, conduzan.

-Verbos rematados en –UCIR nos que se cometen moitos erros: conducir, producir, inducir, traducir, aducir, reducir.

CONDUCIR:
Perfecto: conducín, conduciches, conduciu, conducimos, conducistes, conduciron.

Pluscuamperfecto: conducira, conduciras, conducira....

Subx. imperfecto: conducise, conducises, conducise...

VERBOS: DURMIR, SUBIR, ULIR, FUXIR
Conxúganse como durmir: acudir, muxir, bulir, ruxir, consumir, pulir, cubrir (e derivados), como subir: cumprir, sufrir, cuspir, sumir, tusir, engulir, fundir, xunguir, xurdir, lucir (e derivados).

PRESENTE DE INDICATIVO
DURMIR SUBIR ULIR FUXIR
durmo subo ulo fuxo
dormes sobes oles foxes
dorme sobe ole foxe
durmimos subimos ulimos fuximos
durmides subides ulides fuxides
dormen soben olen foxen

Os demais tempos destes verbos son regulares, conxúganse polos seus modelos regulares.

COPRETÉRITO
DURMIR SUBIR ULIR FUXIR
durmía subía ulía fuxía
durmías subías ulías fuxías
durmía subía ulía fuxía
durmiamos subiamos uliamos fuxiamos
durmiades subiades uliades fuxiades
durmían subían ulían fuxían

 

FUTURO
DURMIR SUBIR ULIR FUXIR
durmirei subirei ulirei fuxirei
durmirás subirás ulirás fuxirás
durmirá subirá ulirá fuxirá
durmiremos subiremos uliremos fuxiremos
durmiredes subiredes uliredes fuxiredes
durmirán subirán ulirán fuxirán

 

IMPERATIVO
DURMIR SUBIR ULIR FUXIR
durme sube ule fuxe
durmide subide ulide fuxide

O resto dos tempos son regulares

Conxúganse como servir: conseguir, ferir, mentir, seguir, sentir.

PRESENTE DE INDICATIVO
SERVIR SENTIR SEGUIR
sirvo sinto sigo
serves sentes segues
serve sente segue
servimos sentimos seguimos
servides sentides seguides
serven senten seguen

 

COPRETÉRITO
SERVIR SENTIR SEGUIR
servía sentía seguía
servías sentías seguías
servía sentía seguía

 

IMPERATIVO
SERVIR SENTIR SEGUIR
sirve sinte sigue
servide sentide seguide

 

SABER
INDICATIVO
Presente Copretérito Pretérito
sei sabía souben
sabes sabías soubeches
sabe sabía soubo
sabemos sabiamos soubemos
sabedes sabiades soubestes
saben sabían souberon

 

Antepretérito

 

Futuro

 

Pospretérito

soubera saberei sabería
souberas saberás saberías
soubera saberá sabería
souberamos saberemos saberiamos
souberades saberedes saberiades
souberan saberán saberían

 

SUBXUNTIVO

Presente Pretérito Futuro
saiba soubese souber
saibas soubeses souberes
saiba soubese souber
saibamos soubésemos soubermos
saibades soubésedes sabede
saiban soubesen souberen

 

IMPERATIVO

sabe 2ª persoa do singular
sabedes 2ª persoa do plural

 

FORMAS NOMINAIS

Inf. Conx. Infinit. Xerund. Partic.
saber saber sabendo sabido
saberes      
saber      
sabermos      
saberdes      
saberen      

Obsérvese o paralelismo da conxugación dos verbos caber e saber, pois coinciden, agás na 1ª persoa do presente de indicativo: caibo, sei.