TEMA 16

 

PALABRAS QUE EMPREGAMOS MAL

Ás veces escoitamos “o galego de agora non se entende”, “o bo galego fálase nas aldeas”. Isto non é certo pero ten a súa lóxica. Vexámolo:

* A lingua mantívose só oralmente e cada un escribíaa como podía. Isto aconteceu por mor da famosa “doma e castración de Galicia”, segundo o cualificou o cronista de Fernando o Católico, Xerónimo de Zurita. Durante máis de tres séculos - XV, XVI, XVII a literatura galega ensúmase no silencio dos chamados “séculos escuros”, pola devandita causa...
* É lóxico que só coa tradición oral, a nosa lingua se fose deturpando e chegásemos ó castrapo —nin galego nin castelán— “o arcaísmo”, ó vulgarismo e ó hipergaleguismo ou hiperenxebrismo dos que xa falaremos máis adiante.
Isto pasou por influencia ou calco do castelán e outras veces por crear formas falsamente galegas.

APRENDEDE:


1- SEMANA (non semán), PARELLA (non parexa), COELLOS (non conexos).

2- MANUEL (non Manoel), LONXE (non lexos), AMBIENTE (non ambente), CIENCIA (non cencia).

3- CALQUERA (non calqueira)

4- ANDARA (non había andado nin andivera, nin anduvera), ÁMBITO (non ámeto, nin ámbeto.

5- ESTE (non iste), CELLAS (non cexas).

6- PRIMAVERA (non primaveira), IGREXAS (non eirexas), MONUMENTOS (non moimentos)

7- OFICINA (non oficiña), ESTRADA (non carreteira), ÁRBORES (non albres nin arbes).

8- PULMONIA (non polmonía).

9- ESPERANZA (non espranza), LINGUA (non lingoa), SAÚDE (non salú).

10- QUEN (non quenes), HORIZONTE (non hourizonte).

11- BRILLABA (non brilaba), ANDOU (non andivo, nin anduvo)), SOMBRA (non soma)

12- MONTAÑA (non montana), NINGUÉN (non naide), NADA ou REN(1).

13- ZONA (non zoa(2)), ZOA.

14- PERSOAS(3) (non personas), PERSOAL (non personal), XERAL(4) (non xeneral).

15- XENERAL (militar) (non xeral), XERALMENTE (non xeneralmente), PERSONALIDADE (non persoalidade), PERSONAXE (non persoaxe).

(1)Teñamos presente: Agora admítese tamén RES ou REN.
(2)Temos ZONA cando se refire a comarca, bisbarra: así “zona escolar” (non zoa escolar). En cambio: Esta tarde zoa moito vento, de zoar.
(3) A forma correcta é persoa e a súa familia léxica: impersoal, persoal, persoalmente, persoeiro. En cambio é personalidade, personalismo, personalización, personalizar, personaxe, personificación, personificar. OLLO: persona é un castelanismo e óese moito.
(4) XERAL: pero debe dicirse xeneralizar e xeneralización. A palabra XENERAL úsase soamente con significado militar: O xeneral mandaba as tropas.

EXERCICIOS

Colocade nos baleiros as palabras correctas pola mesma orde que están arriba:
1- Esta ... levamos ó campo unha ... de ... macho e femia.
2- Onte chegou ..., vén de moi ... Naquel ... non se estimula a...
3- Hai persoas ás que en xeral non lles gusta ... zona para vivir. Tivemos un furado na bicicleta.
4- O xeneral de brigada ... sempre nun ... militar. Gustáballe andar en bicicleta.
5- A ... rapaz non lle gusta a compañeira coas ... pintadas. Pero si as carreiras en bicicleta.
6- Na ... visitamos as ... e ... de Santiago de Compostela.
7- Vimos na ... o proxecto da ... con moitas ... á súa beira. Alí estaba a meta volante.
8- Collera unha ... na viaxe que fixera no inverno por Galicia, contra reloxo.
9- Non debemos perder a ... de que a nosa ... teña boa ...
10- ¿... son os que dubidan diso vendo o ... actual? O avituallamento é necesario.
11- ... tanto o sol que o noso acompañante ... moito para estar á ... antes de pedalear.
12- Pola ... non pasaba ... nin producía ... Avariárase a catarina ou prato.
13- Aquela ... era moi tranquila, nunca ... o vento. Levaba sempre as luvas.
14- Todas as ... e principalmente o ... das empresas ven en ... mal o futuro.
15- Aquel ... de brigada mostraba ... a súa ... diante de calquera...

APRENDE


Identifica cada animal coa súa vivenda respectiva:

1 - can colmea
2 - abella canil
3 - pomba niño
4 - raposo lobeira
5 - paxaro tobo
6 - lobo pombal

 

A CONTINUACIÓN FALAREMOS DUNS ERROS MOI COMÚNS NA ESCRITA E NA FALA:

Consiste este erro no fenómeno chamado “metátese” que consiste no cambio de lugar do “r” dentro da palabra; dase tanto na escrita como na fala. Entre parénteses diremos as incorrectas: aperta (non apreta), prexuízo, prexudicar, prexudicial (non perxuízo, nin perxudicar, nin perxudicial), debe dicirse preto (para cerca ou negro) (non perto), presebre (non pesebre), sobre (non sobor, nin sober), precisar (non percisar), promesa (non pormesa), escribir (non esquirbir).
Aínda se oen estes erros: Carlos (non Calros), perla, (non pelra), merlo (non melro), burla (non bulra)

OLLO: Escríbense con “-ps” inicial de palabras cultas: psoríase, pneumococo, psicólogo, psicoloxía, psicópata, psiquiátrico, psicotécnico.

A ORTOGRAFÍA É IMPORTANTE:
Non coinciden co castelán. Atención pois: Son correctas as seguintes palabras: móbil, inmóbil, automóbil, mobilidade, inmobilizar, avó, avoa, avogado, pobo, goberno, varrer, voda, vasoira.

ESCRIBAMOS E FALEMOS DE FORMA CORRECTA:
Primavera (non primaveira), a árbore (non albre, nin arbre), semana (non somana), orgullo (non orgulo), murmurar (non marmurar), destino (non destiño), campesiño (non campesino), ruína (non ruiña), soidade (non soidá), preguiza (non perguiza), meu irmán (non meu irmao), humano (non humán), centro urbano (non urbán), gasolina (non gasoliña), oficina (non oficiña).

MIRA A RIQUEZA DA NOSA LINGUA:
Os seguintes verbos están relacionados co sentido da vista pero con profundos matices: Ollar, ver, mirar, albiscar, observar, esculcar, enxergar, espreitar, espiar, guichar, son palabras da familia de VER:

EMPARELLEMOS:

asexar Observar a alguén sen ser visto.
fitar Mirar fixamente, observar.
albiscar Ver algo ó lonxe, sen distinguilo.
ollar Mirar con certa atención.

 

Os outros verbos, esculcar, enxergar, etc. consultar un bo dicionario.