TEMA 17

 

Falaremos dos HIPERGALEGUISMOS ou HIPERENXEBRISMOS, VULGARISMOS, ARCAÍSMOS e CASTELANISMOS, incorreccións que imos ver, derivadas dunha actitude diferencialista respecto do castelán, cando coincidían con el, para dar preferencia a formas diverxentes.

Temos unha morea de palabras que empregamos mal. Diciamos que iso se debe, a maioría das veces, á influencia do castelán. Invéntanse formas novas para o galego, por exemplo “hourizonte” por “horizonte”; isto é o hipergaleguismo ou hiperenxebrismo, que consiste na deformación de palabras que coinciden ser coma en castelán, por teren a mesma orixe latina, e que normalmente son cultismos ou semicultismos; así de leite, que é unha palabra patrimonial, é dicir, a máis directa emparentada co latín, sae outra palabra “culta” galega, igual ca en castelán: lácteo.

Os hipergaleguismos ou hiperenxebrismos: destiño por destino, brilar por brillar, humán por humano, primaveira por primavera, zoa por zona, xarope e non xarabe débense evitar; o mesmo os vulgarismos: probre por pobre, ademirar por admirar, histórea por historia, íntemo por íntimo, indición polo correcto inxección, arbe por árbore, mamoria en vez de memoria, cencia por ciencia; que consisten en deformar certas palabras que, pola mesma razón que dixemos antes, coinciden co castelán, e nós pensamos que son máis nosas “galeguizándoas”, querémolas diferenciar e facémolo mal, por Manuel dicimos mal Manoel.

- Outras veces botamos man dos arcaísmos que son palabras da lingua medieval, que foron caendo en desuso, aínda que ás veces empreguemos algún que outro: así son arcaísmos vegada e que agora dicimos vez, capido e que debemos dicir capítulo, conquerir, arcaísmo por conquistar. En cambio aceptamos o arcaísmo Deus, ren entre outros.

- Tamén temos que fuxir dos castelanismos: antoxo por antollo, axuntamento por concello, parexa hai que dicir parella; baraxa hai que dicir baralla, conexo por coello; lentexa no canto de lentella, etc. que son un calco do castelán, como vemos, fáciles de distinguir. A través do castelán entraron moitos préstamos no galego: escoba por vasoira, grifo por billa, sartén por tixola. Non se di sin senón sen. Aventaxar é un castelanismo por avantaxar; vixiar correcto e non vixilar; vidro non vidrio; casarío forma correcta e non caserio.

LEMBRADE: Hai que evitar o vulgarismo, hipergaleguismo, arcaísmo e castelanismo para así falar a nosa lingua correctamente.

Vexamos a continuación unha serie de palabras correctas nas que máis nos trabucamos. Debemos aprendelas:

APRENDEDE:

1- Traducín (non traduxen), Calquera (non calqueira). 2- Casaron (non casáronse), Caín (non caínme). 3- Máis ca min (non “máis ca eu”), Conducín (non conduxen). 4- Centileo (non destello). 5- Mollo (non manoxo), Zume (non xugo). 6- Primeiro (non pirmeiro), Memoria (non mamoria), Igual (non igoal). 7- Consecuencia (non cosecoencia), Calor (non caor). Destino (non destiño). 8- Caravilla (non clavixa), Dixera (non había dito). 9- Moto (non amoto), Corazón (non cor). 10- Capítulo (non capiduo, nin cabido), Naceu (non nasceu). 11- Catedrático (non cadeiradego), Marabilla (non maravila). Pleno (non pleo), Incluso (non incruso), Alta, tamén se admite outo. 12- Correo (non correio), Asubiar (non asobiar), Suave (non soave), Illado (non isolado, nin aillado). 13- Establecer (non estabelecer). Soidade (non soedá), Norte (non norde). 14- Estes (non istes), Asasinos (non asesinos), Interese (non intrés), Leis (non leises). 15- Concelleiro (non concexal), Colaborar (non colabourar). 16- Organo (non orgao). 17- Nós (non nosoutros), Ascensor (non rubidoiro), Número (non númaro). 18- Televisión (non televexo), Rúa (non calle), Barcelona (non Barceloa).

EXERCICIOS COAS PALABRAS ANTERIORES

1- Non ... un libro ... do inglés e do francés. Falaba dos pasteis.
2- Cando ... os meus amigos ... na igrexa da vila. Despois invitaron a churros.
3- El non é ... e ... o seu coche que me prestara.
4- O faro alumea de noite co seu ... para orientar ós barcos.
5- Cun ... de allos e cebolas fixo un ... que apestaba con tanto cheiro.
6- Perdeu en ... lugar a ... e quedou ... sen mellorar nada.
7- A ... da moita ... non foi ó ... que lle conseguiran.
8- A ventá non tiña a ... ; xa mo ... que a pechase de noite.
9- Regaláranlle unha ... Tiña bo ... aínda que non o parecese.
10- Cheguei o terceiro ... do libro onde di que ... unha estrela de moitos millóns de luz.
11- Aquel ... era unha ... no ... usaba ... unha linguaxe ... cando berraba.
12- Cando traía o ... o carteiro ... moi ... Vivía ... nunha fermosa aldea.
13- Non é bo ... que a ... debe ser o ... dunha persoa. Non se debe xeneralizar.
14- ... non teñen ... en cumprir as ... acordadas por todos.
15- Algún ... non ... co seu alcalde, sendo do seu partido.
16- O ... da vista é o ollo, que hai que conservar en perfecto estado.
17- ... subimos no ... ó ... quince da grande torre da cidade.
18- Merquei unha ... na ... de ... moi barata.

PRACTICAREMOS MÁIS COS HIPERGALEGUISMOS OU ENXEBRISMOS, VULGARISMOS, ARCAÍSMOS E CASTELANISMOS ESTUDADOS NESTE TEMA:

CÓMPRE SABER DISTINGUILOS:


1.- Orquestra (non orquesta por ser castelanismo). 2.- Laranxa (non naranxa por castelanismo). 3.- Orde, palabra de xénero feminino como contraorde, desorde en cambio é coordinar, ordenación, ordenador, ordenado, ordenanza, ordenar. 4.- Para forma correcta. A voz pra, nunha pronuncia rápida non está admitida na escrita, é un vulgarismo. 5.- Oxalá é a forma correcta e non ogallá considerado un vulgarismo. 6.- Montaña é correcto, non montana por ser hipergaleguismo. 7.- Paixón correcto e non o castelanismo pasión. 8.- Perdoar correcto e non o castelanismo perdonar. 9.- Posuír correcto e non o castelanismo poseer. 10.- Pobre correcto é non probe por ser vulgarismo. 11.- Sabedoría correcto e non sabiduría. 12.- Sangue é masculino, o sangue. 13.- Primavera é correcto e non primaveira que é un hipergaleguismo. 14.- Reloxo correcto e non reló, castelanismo. 15.-Moa, correcto e non muela. 16.- Marzo correcto cando é mes: En marzo hai bo tempo. En cambio marzal referente a esta época. 17.- Lentella correcto non lentexa que é un castelanismo. 18.- Monumento, correcto, moimento só raramente cando é un monumento fúnebre. 19.- Lingua, correcto e non o vulgarismo lingoa. 20.- Lanterna e non o castelanismo linterna. 21.- Inxección correcto e non o vulgarismo indición. 22.- Margarida, correcto e non margarita.

NOTA: Deste tema en adiante iremos recordando as palabras correctas para evitar caer no castrapo, nin galego nin castelán correctos. Todo ten a súa explicación ó seren dúas linguas en contacto. Estas orientacións, expostas ó longo destes temas non fan máis que ser a aplicación da normativa oficial, grazas ó acordo a que chegaron (xullo de 2004) a Real Academia Galega e mailo Instituto da Lingua Galega coa valiosa colaboración que lle presta a Universidade a través da Cátedra de Lingüística e Literatura Galega.