TEMA 19

 

PALABRAS CON MATICES DISTINTOS
AXUNTAMENTO: Vén do verbo xuntar que é reunir persoas ou cousas. Tamén significa reunión, cópula carnal; amigarse ou amancebarse. Non se debe confundir esta palabra como sinónimo de CONCELLO.
CONCELLO: Conxunto de concelleiros ou representantes municipais. Así temos o alcalde convocou ós concelleiros. Casa do Concello: Casa onde están as oficinas administrativas e mailo despacho do alcalde. Non se debe dicir “O axuntamento traballa polo pobo”, senón “O concello traballa polo pobo”. Axuntamento é un castelanismo.
CRÉDITO: Préstamo de diñeiro que se concede pola confianza en que ha pagar as súas débedas: “Solicitei un crédito a un banco”.
CRETO: Fama, boa sona ou reputación. Crenza no que nos din: “Ten moi bo creto”. “Non dou creto ó que me contas”.
DERRADEIRO: Xa falamos desta palabra. Ten un uso máis restrinxido cá palabra “último”. É o último elemento dunha serie sen posibilidades de continuación. Exemplo: “Hoxe é o derradeiro día do ano”. “O seu derradeiro testamento foi este”, porque finou, por exemplo:
ÚLTIMO: Pode ser empregado en varias acepcións: a) Cando unha serie de cousas non hai nada despois pero podía haber. Exemplo: “A última novela de Cela foi “Madeira de buxo”, non se pode dicir que foi a derradeira porque aínda podía escribir máis, cando estaba vivo. b) Pode ser algo principal. Exemplo: “O fin último era chegar a tempo”. c) Remoto, retirado: “Vive no último confín”.
FOGO: É a chama que se produce de súpeto, coma un estoupido. Cando antes de disparar dan a orde de “fogo”. “Os soldados fixeron manobras con “fogo” real”. “Houbo moitos “fogos” na festa”.
LUME: ás veces confúndense “lume” e “fogo”. Esta última xa ficou aclarada. O lume é a labarada, chama ou lapa que produce o resplandor. Así debe pedirse “Dáme lume”. “¿Tes lume?, e non “Dáme fogo”. Debe dicirse tamén “Prenderon lume ó monte”, e non “Prenderon fogo ó monte”.
GRADO: Ten o significado de “gusto”, “bondade”, “con gusto”. Así dicimos fixoo “de bo grao” = Fíxoo voluntariamente, con gusto. Non hai que confundilo con “grao”.
GRAN: É a semente ou o froito dos cereais: “Os paxaros comen os grans de millo”. “Un gran de area”. “Teño un gran na pel”. “Ir ó gran, ir ó importante”. Tamén é apócope de grande: “E un gran home”. “Unha gran persoa”
GRAO: Ten moitos significados esta palabra, que NON DEBEMOS CONFUNDIR coas anteriores, nin entre si: GRADO, GRAN, GRAO. Con exemplos deduciremos as súas distintas acepcións: a) O meu fillo vai en quinto GRAO. b) Estímao en alto GRAO. c) Un ángulo de 80 GRAOS. f) Está en GRAO superlativo. g) É meu parente en segundo GRAO.
MEDICINA: É unha voz culta. É a carreira que estudan os médicos na facultade de MEDICINA. E tamén, “Merquei unha medicina na farmacia”. Mediciña é un hipergaleguismo.
MEDICIÑA: En galego coloquial; úsase tamén MENCIÑAS como sinónimo de medicamento como remedio: “Receitáronme unhas menciñas para a catarreira”. Mediciña é un hiperenxebrismo como dixemos. Debe dicirse medicina.
MENCIÑEIRO: Ten un sentido despectivo: dise de quen exerce de médico ou veterinario sen selo. Chámase ós curandeiros: Fun ó menciñeiro. “Meigo” pode ser un sinónimo.
RECORRER: Consiste en interpoñer un recurso nun asunto xudicial, pedir axuda a alguén: “Temos que recorrer a sentencia”. Pedir axudas tamén.
PERCORRER: Non hai que confundilo con “recorrer”. Percorrer é andar dun lado para outro, camiñar: “Facer un longo percorrido”.
ROXO: De cor entre amarelo e vermello: “Este rapaz ten o pelo roxo”. É un castelanismo por vermello, moi introducido na fala co significado de vermello, non se pode dicir “Praza vermella” nin “Os vermellos da Guerra Civil”, “Moitos teñen o pelo roxo”. Non hai que confundir “roxo” con “vermello”.
VERMELLO: Da cor do sangue, da carne, encarnado: “A cruz vermella”. Non hai que confundir a cor vermella coa roxa. A bandeira española ten as cores vermella e amarela.
SECRETO: Sempre é un adxectivo: “É unha persoa secreta”. “Teño uns papeis secretos”. “É policía secreta”, “Foi unha sesión secreta”, “Un axente secreto”, “Díxome en secreto”. Dise, pois, segredo: “O segredo profesional”, “Iso é un segredo, algo oculto”.
SEGREDO: Escrito así sempre é un nome substantivo.”Non che podo contar este segredo”. “Os segredos non se contan”. Está clara a diferenza pois, entre SECRETO e SEGREDO.
OLLO, en cambio, a familia léxica é: SECRETARIO, SECRETARIA, SECRETARÍA, SECRETAMENTE.
TERMO: Significa palabra ou vocábulo “Falou en termos moi claros”.
TÉRMINO: Significa “límite”, “remate”. “Ó término do discurso falou comigo”.
SONO: É o acto de durmir. “Ás veces teño moito sono”. Non é o mesmo que soño.
SOÑO: Son as imaxes que se manifestan durante o sono: “Tiven un soño que me preocupou moito”. En castelán a palabra “sueño” vale para as dúas significacións. “Tengo sueño”. “Tuve un sueño moi bonito”.
VOANTE: Adxectivo derivado de voar: “Obxectos voantes”.
VOLANTE: “Teño mal o volante do coche” e tamén “Fun polo volante ó médico”.
SI: Só se emprega como adverbio de afirmación, sen til. Aínda que o galego para afirmar normalmente repite o verbo da pregunta: “Fuches ó cine? Fun. Non existe como condicional. Incorrecto dicir: “Si chove” debe dicirse “Se chove”.
sin: cantelanismo por sen
SE: En vez de “si” como conxunción, como queda dito: “Se vés á festa....” “Se mo dis...”.
SOLO: Non é o mesmo que “chan”, O “solo” é o terreo que está por debaixo do “chan” ou superficie da Terra. Dise tamén “subsolo”: “A Lei do solo”.
SOLO: como composición musical: “Cantou un solo na igrexa”.
Só: formoa correcta. Non soio
INTRE: É un momento intermedio: Pequeno espazo de tempo entre dous momentos, non é sinónimo de momento nin de instante. É incorrecto dicir “Durante un intre non falou”. Abusamos moito de “intre” que, como vemos, ten unha significación máis restrinxida. Intervalo é o seu sinónimo. Nese intre chegaron os amigos.
MOMENTO: É o termo máis xeral, con maior duración “O momento histórico no que vivimos”.
INSTANTE: Significa “agora mesmo”. Neste momento: “Agarda un instante”. Tamén como locución adverbial: Pregunta por el a cada instante = a cada momento.