O ALFABETO
OU ABECEDARIO GALEGO:
O alfabeto ou abecedario é o
conxunto de letras con que se representan os sons dunha lingua.
Son vinte e tres letras das que consta o noso
alfabeto e seis dígrafos. Dígrafo: é o conxunto de dous grafemas
ou dúas letras que veremos a continuación:
LETRA
NOME
a a
b be
c ce
d de
e e
f efe
g gue
h hache
i i
l ele
m eme
n ene
ñ eñe
o o
p pe
q que
r erre
s ese
t te
u u
v uve
x xe
z zeta
DÍGRAFO NOME
ch ce hache
gu
gue u
ll ele dobre
nh
ene hache
qu
que u
rr
erre dobre
Hai que ter presente:
1. Que os dígrafos galegos non se poden separar a final da
liña; polo tanto é incorrecto cortar así a palabra: baral-la, un-ha,
gu-iso.
2. Os dígrafos, que son seis, formados por dous grupos de letras:
ch, ll,... como vimos antes, representan un único son e non forman parte
do alfabeto, son como se fosen un B, ou un H. Nos dicionarios están á
fronte da súa propia letra agás o “que”.
3. O nome galego das letras é do xénero masculino: así debe dicirse:
o a, o b, o t, etc.
4. O nome da letra “q” pasa a ser “que”, forma parte do alfabeto e
atópase á fronte da súa propia letra.
5. Volvendo sobre os dígrafos citados antes: representan un único
son e funcionan, na escrita, como unidade. Polo tanto, na división
silábica e na partición de palabras en final de liña, os dígrafos non se
poden separar. A partición ten que ser: ningu-nha, e non ningun-ha.
6. A inicial maiúscula dos dígrafos só se escribe con “maiúscula” o
primeiro elemento: Quiroga (Qu), Lleida (Ll).
Ditongo: son dúas vogais nunha sílaba. Atención:
para que se considere ditongo, a unión ten que ser de vogal fechada (i,
u) con vogal media (e, o) ou aberta (a) ou de dúas vogais fechadas
distintas (iu), (ui).
Cando dúas vogais gráficas aparecen xuntas segundo o dito
anteriormente, temos un ditongo: cien-cia, cam-bio, fre-cuen-te. Non hai
ditongo con “h” intercalada: prohibo.
Cando dúas vogais pertencen a sílabas distintas temos un hiato que na maioría dos casos se destrúe con til na vogal feble
ou fechada: ru-í-do, cons-ti-tu-í-do, mo-e-da, ma-o-ís-mo, po-sú-e,
ra-í-ña.
Non explicamos polo miúdo o anterior, ditongos, tritongos e
hiatos, por prestarse a ben de dúbidas entre o ditongo e o hiato. Se o
acento, case sempre gráfico, recae sobre a segunda vogal, debemos
pronuncialo como hiato: xu-íz, lin-gü-ís-tica.
Os tritongos son a reunión de tres vogais pronunciadas
nunha mesma sílaba. Están formados por unha vogal aberta (a,e,o) e
aparecen entre dúas semivogais (i,u). Son pouco comúns en galego:
oficiais, cambiei.
Estas normas e explicacións cheas de apartados e excepcións son
especialmente problemáticas, ás veces poden artillarse como ditongos ou
hiatos e son os que regulan a división da palabra a final de liña. E
deixámolo así, volveremos cando falemos do acento en xeral.
CONVÉN
LEMBRAR:
Acento gráfico e til: é o
signo que se coloca sobre unha vogal para marcar o acento de
intensidade.
Regras xerais de acentuación:
En galego só se usa un tipo de acento gráfico ( ´ ), que se
coloca sobre unha vogal.
Palabras agudas son agudas nas que habendo máis dunha
sílaba, o acento recae na última delas. Acentúanse cando rematan en
vogal (dominó, tabú); vogal+ n= (ninguén, xabón); en vogal + s =
(mazás, dominós); en vogal + ns = (algúns, xabóns)
Non se acentúan graficamente (´):
· Se son monosílabos: can, pa, xa, din, man.
Só no caso do acento diacrítico.
· Se acaban en ditongo decrecente, seguido
ou non de “n” ou “s”: partiu, amei, amou, ademais, controis, papeis,
fieis, españois.
· Se rematan noutra consoante que non sexa
“n” ou “s”: nariz, animal, ferir.
Palabras graves levan acento ortográfico cando rematan
en consoante distinta de “n” ou “s”. Tamén cando rematan no grupo culto
“-ps”: álbum, carácter, bíceps. E para separar ou para facer un hiato:
aínda, baúl, raíz, xuízo, móbil, difícil, dúplex.
Palabras esdrúxulas levan sempre acento gráfico na
antepenúltima sílaba: metrópole, teléfono, mármore, mágoa, público.
Acento diacrítico para distinguir dúas palabras que
teñen a mesma forma na escrita: dá (do verbo dar) / da (de+a), ós (a+o)
/ os (artigo), póla (rama) / pola (galiña e por+a), pe e pé; vén e ven;
pór e por
Acentuación de estranxeirismos e latinismos seguen as
regras de acentuación indicadas: obús, iglú, accésit, béisbol, quórum,
superávit, réquiem, álbum, déficit, hábitat, ínterim, currículo, hóckey,
whisky, párkinson, télex.
MOI IMPORTANTE:
- Os adverbios rematados en –mente NON levan nunca acento
gráfico: rapidamente, politicamente, economicamente.
- Os
pronomes interrogativos e exclamativos NON levan acento
gráfico, (cal, cando, como, onde, quen, por que) cando van entre signos
de interrogación ou de admiración. Exemplo: Que calor!; De onde vés?;
Que me contas?; Como chove!.
- Aquí temos doutros idiomas e cómo se escriben: chalé, carné, coñac,
anorak, relax, autostop, ballet, ídem, ítem, vermú, autobús, dóping,
autocar, tráiler. Pódese manter tamén a grafía propia da lingua de que
proceden.
- En
cambio: cambiou, abreviei.
- Fixémonos: mísil, fútbol, réptil, parasito, téxtil.
|