TEMA 21

 

Hoxe estudaremos as FORMAS CONTRACTAS DOS PRONOMES. Moi frecuentemente aparecen xuntas dúas formas dos pronomes. E neste caso é cando se contraen segundo o seguinte cadro, moi doado de entender, pois xa vimos anteriormente os pronomes persoais.

 

  o/lo a/la os/los as/las
me mo ma mos mas
che cho cha chos chas
lles llo lla llos llas
nos nolo nol nolos nolas
vos volo vola volos volas
lles llelo llela llelos llelas

 

Se nos fixamos no cadro veremos que o significado de cada forma resulta das significacións parciais de cada pronome contraído, así: mo = me+o (me lo); cho = che+o (te lo); cha = che+a (te la).

ACLARACIÓN

EXEMPLO: LLO = castelán = se lo ( a él, a ella).
EXEMPLO: Dállo = Dáselo (a él, a ella). LLa = castelán = se la (a él, a ella).
EXEMPLO: Dálla = Dáselo (a él, a ella). LLelo = castelán = se lo (a ellos, a ellas).
EXEMPLO: Dállelo = Dáselo (a ellos, a ellas).

OBSERVACIÓNS: Poden resultarnos raras as formas LLELO, LLELA cos seus respectivos plurais, porque case nunca as oímos. En moitas zonas de Galicia usan só LLO, LLA no canto de LLELO, LLELA. Pero a normativa fai esta distinción pois non é o mesmo Dállo=(dáselo a él, a ella), que Dállelo=(dáselo a ellos, a ellas).

A CONTRACCIÓN DOS PRONOMES


Non atopamos facilmente exercicios coas formas LLELO, LLELA, LLELOS, etc. Hoxe practicaremos abondo. Case sempre van soldadas ó verbo, cando van pospostas; diante non se unen. Xa sabemos de onde saen as seguintes contraccións. É unha contracción que se vai perdendo, aínda que a usan os maiores.
1- mo. 2- ma, lla. 3- lles, llelos. 4- nolos, llo. 5- llelas. 6- lles, llela. 7- llo, mos. 8- lle, nolos. 9- ma, nola. 10- llelo, cho, chos. 11- o, lla, me. 12- volas, as, chas. 13- lle, mos. 14- che, nolas, llelo. 15- la, a, llo. 16- nolo, lo, os.

EXERCICIOS

Colocade nos ocos as anteriores contraccións

1- Díxo ... meu pai; que as viaxes a lúa cada día eran máis difíciles.
2- Cando ... deu, non ... quixen, xa era tarde e non valía.
3- Contei ... uns contos ós meus amigos, contéi ... de noite.
4- Estes libros mercóu ... miña nai cando ... aconsellaron.
5- As chaves de teus pais tiñas ... ti na túa casa da vila.
6- Fixen ... unha visita ós meus avós, fixen ... onte de noite na súa casa.
7- Teño ... dito a el moitas veces cando ... trouxo sen avisar.
8- Merquei ... os libros cando ... ofreceron moi baratos en pel.
9- Cando ... dás? Hai tempo que ... ofrecen outros aínda mellor.
10- Moito ... agradeceu, digo ... que é certo cando ... pedíu.
11- Aínda non ... vin por aquí, por iso non ... dei coma ... dixo.
12- Se ... dan, colléde ... porque logo ... quitan.
13- Subin ... os paquetes, aínda que non ... mercaron a min.
14- Deu .../... miña nai, xa ... dixen ós meus irmáns.
15- Onte vímo ... pasar, chamarei (n) ... por teléfono para ... dicir.
16- Non ... dixo ninguén, soubémo ... cando ... atopamos.

DÚBIDAS SOLUCIONADAS:

Ás veces escoitamos falar dos pronomes chamados:

TÓNICOS: Teñen acento fonético propio. Exemplo: vós, nós, min, comigo, contigo.

ÁTONOS: Non levan acento fonético e apóianse forzosamente no verbo. Exemplo: me, te, lles, che, vos, nos.

- EMPREGO DOS PRONOMES: LO, LA, LOS, LAS
Dos verbos que acaban en -S ou –R.
• Estudar (a lección) = Estudala.
• Colliches (as cousas) = Collíchelas.
Dos pronomes: nos, vos e lles: Pintounos (o coche) = Pitóunolo.

- NO, NA, NOS, NAS
Despois dos verbos que rematan en ditongo:
• Coñeceu o neno = Coñeceuno / Coñeceuna / Coñeceunos.

- O, A, OS, AS
Úsanse nos demais casos:
• Deixa os libros = Déixaos.
• Non vexo a nena = Non a vexo / Non os vexo / Non as vexo

CONTRACCIÓNS DO PRONOME PERSOAL

As preposicións “en” e “de” contraen co pronome persoal de terceira persoa:

 

PRONOME
EL ELA ELES ELAS
Preposición: DE =
DEL DELA DELES DELAS
EN =
NEL NELA NELES NELAS

 

CONNOSCO E CONVOSCO

Ás veces escoitamos tamén “con nosoutros” ou “con nós” como “con vosoutros” ou “con vós”, aínda que son tamén correctas, están presentes en certas zonas, as preferidas pola normativa son “connosco” e “convosco”. Así: Chegou connosco. Vou convosco.

 

REPASEMOS A FORMA CORRECTA:

 

incorrecto correcto incorrecto correcto incorrecto correcto
Concellal Concellal Oficiña oficina Ourella orella
Gasoliña gasolina Nascer nacer Almexa ameixa
Conquerir conseguir Baraxa baralla Lexos lonxe

 

DO NOSO:

A “CARA” ou faciana é a parte anterior da cabeza. Tamén é a fachada ou a fronte dalgunha cousa. Pode ser tamén unha locución prepositiva que indica dirección: Vou cara a Lugo. “CARA” (gr. Kara = cabeza) é unha palabra POLISÉMICA.

Na nosa lingua abundan os ditos coa palabra cara. Emparellemos:
1. “Non ter cara para nada”. Cara grande e redonda.
2. “Custar un ollo da cara”. A que denota robustez e saúde.
3. “Cara de bo ano”. A persoa tímida.
4. “Cara de baqueta”. Non opinar se non cho piden.
5. “Cara de lúa chega” Moi seria, de expresión hostil.
6. “Non metas a cara onde non te chaman”. O que é excesivamente caro.

En Galicia a casa (o fogar onde se nace, onde se vive ou se habita) está moi intimamente ligada á familia. Son milleiros as expresións e ditos relacionados coa palabra casa. A casa é símbolo de hospitalidade.

Emparella estas expresións:

“Ser da Casa” Ser un membro da familia ou da casa.
“Desfacer unha casa” Dispersarse unha familia.
“De boa casa” De familia distinguida, honorable.
“Casa soarega” A máis antiga ou nobre dunha familia.
“Casa do concello” Onde está as oficinas municipais.
“Casa patrucial” A casa dos antepasados.