TEMA 22

 

Manténdonos na liña do Galego Práctico, é bo lembrar certas palabras que presentan algunha
DIFICULTADE na súa ORTOGRAFÍA.
Temos que decatarnos de certas palabras que ás veces estabamos afeitos a escoitar e a ver escritas doutro xeito. O que nos pode chocar sobre todo polo contacto co castelán.
Aquí tedes pois unha morea delas de acordo coa ortografía normativizada:

APRENDEDE

1- Maioría (non maoría), Deputados (non diputados), Lingua (non lingoa). 2- Goberno (on governo), Móbil (non móvil), Automóbil (non automóvil), Reis (non reises). 3- Ribeira (non riveira), Pobo (non povo). 4- Avó (non abó), Cincuenta (non cincoenta), Historia (non hestoria), Avoa (non aboa). 5- Dicir (non decir), Espírito (non espíritu). 6- Varrer (non barrer), Vasoira (non escoba). 7- Exame (non esamen), Debuxo (non dibuxo). 8- Harmonía (non armonía), Irmandade (non hermandade). 9- beira, balea. 10- Avogado (non abogado), Voda (non boda), Febreiro (non febereiro), Entroido (non antroido). 11- Defunto (non difunto), Misterio (non mistéreo), Esperanza (non espranza). 12- Estranxeiro (non extranxeiro), esaxeraba (non exaxeraba), semanas (non semáns), actos (non aitos), 13- cando, mozos (non xóvenes), liberdade (non libertade), milagres (non miragres), ían (non iban), 14- reitor (non reutor), aspecto (non aspeuto), carácter (non carauter). 15- instrutor (non instruitor), consciente (non conscente), consecuente (non consecoente), cambio (non cambeo). 16- esixente (non exixente), osíxeno (non ouxíseno). 17- próximo (non próiximo), excepción (non eixeción). 18- estraño (non estrano), expliques (non espriques), léxico (non lésico). 19- desa auga (non dese auga), saúde (non salú), enfermidades (non enfermedades). 20- traduciu (non traduxo), soños (non sonos), liberdade (non libertade).

EXERCICIOS

Colocade nos exercicios as palabras anteriores pola mesma orde na que están:
1- A ... dos ... coñecen a nosa ... como é o seu deber. Así din funil, cunca, etc.
2- O ... explicou cal foi o ... do roubo do ... dos ... de España.
3- Apareceu na ... un afogado. Todo o ... acudiu a velo no peirao, con pateiras.
4- O ... tiña ... anos. Sabía máis ... cá .... a súa muller.
5- Ninguén sabía ... como era o ... de aquel home tan valente, aínda con algunha xerra.
6- Púxose a ... coa ... que mercara no supermercado da cidade, como reladores e azucreiros.
7- O ... de ... foi máis difícil có que nos puxeron de xeometría, con debuxos de cuncas.
8- Naquela familia reinaba a ... e a ... coma na casa de moitas familias.
9- Na ... do mar ficou ... unha enorme .. que ficou a deriva, cociñamos anacos nas potas.
10- O ... pensou na súa ... para o mes de ... no .. que pensaba celebrar tamén.
11- Aquel ... era un ... , non había ... de coñecelo no seu cadaleito.
12- O ... sempre ... a nota nas ... dedicadas ós ... que había no Conservatorio.
13- Espereino ... cos ... da ... dos ... que ... realizar no campo.
14- O ... tiña ... de ser un home de ... e pouco comunicativo.
15- Aquel ... era ... e ... co ... que el impuxera.
16- É unha persoa moi ... sempre procura que estea o ... no hospital xeral, que haxa froiteiros e espremedores.
17- Debemos amar ó ... sen ... como é a teoría de moitas persoas.
18- Non é ... que ... as leccións con tan bo ... xa que as preparas.
19- Non bebas ... pois non é boa para a ..., causa moitas ...
20- Interpretou e ... moi ben os ... de ... que tiña aquel home no cárcere.

REPASEMOS VOCABULARIO EMPREGADO MAL

PADRE: Esta palabra refírese a persoas relixiosas: O Santo Padre; O Papa; o padre Ferreira está ó fronte da parroquia. Son os únicos casos.
PAI: Úsase nos demais casos: Meu pai ten corenta anos. Teu pai traballa moito.

REPASEMOS TAMÉN AS ÚLTIMAS NORMAS DO 2004:

Os principais cambios aprobados pola Real Academia dos que xa vimos algúns nos temas anteriores:
- Acentúanse só as interrogativas indirectas: “Xa me dirás qué che dixo”.
- Non se acentúan as interrogativas directas ou admirativas e teñen que levar obrigatoriamente, ó final só, os signos de interrogación e de admiración. Só se colocarán ó principio para facer máis clara de entender a súa lectura: Que fas?; Que calor!; Silencio, por favor!.
- O signo ? entre paréntese expresa dúbida (?): É un músico excelente (?).
- O signo ! entre paréntese indica perplexidade (!): Di que non é culpable (!) e que lle perdoemos.
- En canto o ARTIGO DETERMINADO é obrigatorio o uso da segunda forma do artigo (lo, la, los, las) só despois da preposición “por” (polo día) e do adverbio “u” (u-los meus libros). Isto non é ningunha novidade pois antes das novísimas normas xa era así: polo, pola (pola mañá).
- Nos demais casos NON é obrigatorio, senón optativo o emprego ou non da segunda forma do artigo: -lo, -la, -los, -las tras os verbos rematados en –r ou –s ou dos pronomes átonos nos, vos, lles ou dos pronomes tónicos nós e vós, preposición tras, e indefinidos ambos e todos e conxunción copulativa “e mais”. Isto tampouco non é ningunha novidade, antes tamén se podía escribir todos os ou tódolos, con esta opción os alumnos, e sen ser alumnos pronunciarán en castelán “todos os” no canto de “tódolos os”. O mesmo como pronuncian a contracción (ao ou ós para o plural) Sempre len ou din (Vou “ao” colexio) en vez da fonética (“ó” colexio). Por iso usamos na escrita sempre “ó”, non por distinguirnos senón en prol da fonética galega.
- ATENCIÓN. Nas Normas sempre se emprega a segunda forma do artigo, nos que é obrigatoria que vimos antes, así escriben: Todos os días; todas as; etc, Temos os libros.... pero coa pronuncia (tódolos, tódalas, témolos, etc. que non fan). Pero doutores ten a Santa Madre Igrexa.
- “Ao” sae da contracción da preposición “a” co artigo “o”. Nas normas escriben “ao”. Pero valen “ó”=ao: “Van ó cine” ou “Van ao cine”. En plural: Perseguen ós (aos) ladróns. Nestes temas, (e tamén cando escribimos,) preferimos a forma “ó”, o artigo contracto, porque é opcional facelo entre “ó” ou “ao”. A razón é para evitar que os alumnos pronuncien “ao” no canto de “ó”, como o temos comprobado na nosa experiencia.
- Perden un “c” cando van tras as vogais “i” e “u” nos grupos cultos –ct- e –cc. Vexamos algunhas: Collamos dous modelos: Ditado e Condutor, perden un “c”, que vai diante de “t”. Así: aflición, contradición, dicionario, indución, introdución, construción, produción, redución, conduta, vítima, produto, tradutor, tradución, todas elas doadas de recordar.
- Pero as excepcións son enormes, en caso de dúbida hai que botar man dun dicionario actualizado.

DA DÚBIDA Á SOLUCIÓN:


Ás veces resúltanos difícil recordar os xentilicios dos seguintes topónimos: Foz=focego; Mondoñedo=mindoniense; Valadouro=valadourés; Pobra de Trives=trivés; O Bierzo=berciano; Tui=tudense; Porto do son=sonense; A Guarda=guardés; Fisterra=fisterrán; Mondariz=mondaricense; Ribadumia=ribadumiense; Melide=melidao