TEMA 23

 

A nosa lingua é unha das mellores para aprender, traducir e escribir nela todo tipo de temas científicos, incluso xurídicos, a pesar das dúbidas que poda ter o Defensor do Pobo.
Calquera persoa, se foi á escola, sabe moi ben que o castelán e o galego, coma as demais linguas románicas, proveñen dunha mesma árbore: o latín. Que toda obra é tan traducible ó castelán coma ó galego.

Tamén coñecen cáles son as outras fontes léxicas, case as mesmas cás do castelán e outras linguas.
Cando aparecen palabras novas, o galego bota man do latín e do grego coma as outras linguas. E deste xeito temos os NEOLOXISMOS. Así televisión -ben doado- fórmase a partir dos elementos: grego, tele=lonxe, e latino, visio, (vídeo) = ver..., por coller un exemplo que significa o mesmo en inglés ca en galego, castelán, portugués, francés, italiano, catalán, etc.

LEMBRADE: Logo que quede ben claro: O GALEGO a máis de ser unha lingua lírica, fermosa, "que falan os anxos no ceo e os namorados na terra" que dixo o inmortal Curros no seu poema “Na morte de miña nai”, é unha lingua tan científica coma a que máis. A ela non só se poden traducir todas as linguas senón que nela pódense “aprender” ciencias (palabra que na nosa lingua abrangue "ensinar e aprender", exemplo: "aprendo química" e "apréndeme a prof. Carme". ou "aprendo Matemát. con Cabanas", ou "apréndeme Matemát."

Vexamos unha morea de palabras que coinciden na súa forma con outras linguas, pois a súa orixe é grega e latina e polo tanto existen nas palabras cultas doutros idiomas; aprendédeas tamén a descompoñer neste exercicio, por exemplo: circunvalación: vén do latín circum (arredor de) e de vallo=do latín tamén vallo, as, are (vallum=trincheira), que dá a súa vez circumvallare, e en galego circunvalar ou sexa rodear. Isto é facendo un traballo con detalle, pero vós facédeo máis sinxelo dicindo só o prefixo.

Palabras de distintas orixes que son moi galegas:


1- circunvalación, embotellamentos. 2- intravenosas, epidérmicas. 3- proseguir. 4- hipertensión. 5- diabete, análises. 6- meninxite. 7- gasolina. 8- metrópoles, crises. 9- oficina, igrexa. 10- ultramarinos, cocaína, estricnina. 11- militancia, consecuente, contradicente. 12- obxección, diálise, riles. 13- prexulgaban. 14- valente, expediente, sobresalientes. 15- sa, hipoglucemia. 16- politécnicos, pluviómetro, polarímetros. 17- hexágono, polígono. 18- endoscopia.
EXERCICIOS
Enchede os ocos baleiros pola mesma orde en que están:
1- As estradas de ... son boas para evitar ... nas vilas e cidades.
2- As inxeccións ... doen menos cás ... Conservaranse en neveiras ou frigoríficos.
3- Temos que ... cara a diante sen ollar atrás e mellorar con estufas, lavalouzas e lavadoras.
4- Pola ... aconselláranlle comer con pouco sal, nin usar as cafeteiras.
5- Debemos vixiar a ... con ... frecuentes e tomar iogures da iogureira.
6- Hai tempo que houbo un andazo de ... na vila. Había necesidade de aspiradores e ventiladores.
7- Polo visto a ... non subirá este ano, pero si os quentadores e fornos.
8- As ... son grandes cidades, ás veces con grandes ...
9- Na ... falaban hoxe da orixe da palabra...
10- Os ... non venden nin ... nin ...
11- A ... dos partidos ten que ser ... e non ...
12- Aquel enfermo non lle poñía ... a ... dos seus ...
13- Os adversarios non ... ós da oposición.
14- O ... bergantiñán tiña e seu ... con moitos ...
15- Aquela muller non estaba ..., tiña ... Non debía usar a prancha.
16- Os institutos ... teñen .. e ..., tamén cambotas.
17- Un ... é un ... de seis lados e seis ángulos.
18- Foi facer unha ... e levoulla ó doutor. Este regaloulle un secador do cabelo.

ÚLTIMAS NORMAS ACTUALIZADAS. Continuación

1. As palabras que rematan en –aría, admiten tamén o sufixo –ería: camisaría, chocolataría, enfermaría, lavandería, libraría, moblaría, tinturaría, zapataría como tamén: notaría, secretaría, entre outras moitas máis.... son correctas ou normativas pero como no galego medieval tamén están documentadas as rematadas en –ería admítense tamén como correctas ou normativas, entón é mellor seguir co sufixo: -ería, e dicir: enfermería, enxeñería, gandería, panadería, reloxería, cervexería, zapatería, papelería....

2. Sufixos ou terminacións en –zo, -za/-cio, -za. –ancia, -encia, -cencia. Temos palabras con estas terminacións ou sufixos en galego, que coinciden co castelán e co portugués: abundancia, alternancia, circunstancia, ganancia, ignorancia, resonancia, vixilancia. Sería moi extenso escribir a morea de palabras con estes sufixos, pero si RECORDAREMOS: aquelas en –zo, -za, coas que estamos familiarizados; A si debemos escribir por normativas: diferenza, indiferenza. espazo, graza, desgraza, licenza, perseveranza, presenza, sentenza, servizo, xustiza, xuízo, axustizar, inxustiza, prexuízo, crenza, doenza, prezar, preguiza, desprezo.

ALGUNHAS PALABRAS NA NOSA LINGUA CO MESMO PREFIXO NOUTROS IDIOMAS:

PREFIXOS
+
SUFIXOS EXEMPLOS
HEMER (o) = día   -TECA Hemeroteca
HEPAT (o) = fígado   -ITE, ICO Hepatite, hepático
HETER (o) = outro   -XÉNEO Heteroxéneo
HOMO (o) = igual   -NIMO Homónimo

 

UBLIÑEMOS A FORMA CORRECTA:

Poseer / posuír pavillón / pabellón xaula / gaiola
Teñir / tinxir connivencia / conivencia crueza / crudeza
Freo / freno orquesta / orquestra suar / sudar