Imos variar hoxe o estilo de cómo vimos desenvolvendo este Curso de Galego Práctico Actualizado, e veremos o importante que é estudar algo práctico que, ó mellor, nunca o temos aprendido. Vexamos:
A- RECORDEMOS ALGÚNS XENTILICIOS:
Indican a orixe ou procedencia, veciñanza ou nacionalidade das persoas. Daremos algúns deles:
| De Arteixo = arteixán |
De Abegondo = abegondense |
| Agolada = agolense |
Antas de Ulla = ulloa |
| Arnoia = arnoián |
Baiona = baionés |
| A Baña = baiañense |
Barreiros = barreirense |
| O Barbanza = barbancés |
Becerreá = becerreense |
| Betanzos = betanceiro; brigantino |
Bolo = bolés |
| Boimorto = boimortense |
Boqueixón = boqueixonés |
| Bueu = buenense |
Campo Lameiro = campolameirán |
| Cambre = cambrés |
Carballo = carballés |
| Carral = carralés |
Cariño = cariñés |
| Cee = ceense |
Corcubión = corcubionés |
B- REPASEMOS CERTAS ABREVIATURAS:
| Vde. = vostede |
S.E. = súa excelencia |
| Vdes. = vostedes |
S.M. = súa maxestade |
| V.E. = vosa excelencia |
Sr. = señor |
| VV.EE. =vosas excelencias |
Sra. = señora |
| V.A. = vosa alteza |
Srta. = señorita |
| Dna. = dona |
Dra. = doutora |
| D. = don |
Dr. = doutor |
C- USO CORRECTO E INCORRECTO DE CERTAS VOCES:
| ILLAR, exemplo: Vivo illado no monte; non aillar. |
AZUCRE; é incorrecto azúcar. |
| ILLAMENTO; non aislamento. |
BARALLA, non é correcto baraxa por castelanismo. |
| BEIRARRÚA; non acera. |
LIXO, é incorrecto basura, desperdicios. |
| AMBIENTE; non ambente. |
BACALLAU, non bacalao por castelanismo. |
| AMPOLA; non ampolla. |
BOCEXAR; non bostezar. |
| ALEIVOSÍA; non alevosía. |
BALEA; non ballena. |
| APAIXONAR; non apaixoar. |
ATROPELAR; non atropellar, nin atropello |
| ÁRBORE, a árbore; non albre, nin arbre. |
CIRURXÍA; non ciruxía. |
| AVALIACIÓN; non evaluación. |
CASARÍO; non caserío. |
| AVARÍA; non avería. |
CONFRARÍA; non cofradía. |
| CONCELLO; non axuntamento, referíndose á casa dos concelleiros. |
CONTÍA; non cuantía. |
D- RECORDEMOS O BERRO DOS ANIMAIS.
| A galiña = cacarexa |
O burro = ornea |
| O porco= cuínca ou gruñe. |
A ovella= bea |
| O cabalo= rincha. |
O gato= miaña |
| Os pitos= pían |
O xílgaro= rechouchía |
E- SUBLIÑA OS CASTELANISMOS:
“Antes non había carretera ata a escuela. A escuela empezaba en setembro. No verán o calor facía sudar. O desayuno era pouco. O varrer con escobas botábamos agua para non levantar polvo”.
Correccións dos castelanismos: estrada, escola, ó, a calor, suar, almorzo, vasoiras, botabamos auga, po.
F- REPASEMOS OS SUPERLATIVOS ESPECIAIS DE:
| BO = óptimo |
MALO = pésimo |
| GRANDE = máximo |
POBRE = paupérrimo |
| LIBRE = libérrimo |
SABIO = sapientísimo |
| CÉLEBRE = celebérrimo |
BAIXO = ínfimo |
| ALTO = supremo |
PEQUENO = mínimo. |
NOTA: Debemos evitar “máis maior” e “máis peor”.
G- COMPLETA CON “TE” ou “CHE”.
Coñecinte pola voz.
Moito che brillan os ollos
Teño que verte no cine
Portácheste moi ben
Vendéronche gato por lebre
Mañá lévote comigo
Non te puiden ver
Fixéronche un agasallo
DO NOSO
O carácter agarimoso do idioma galego fai que os diminutivos na nosa lingua abunden moito. Empréganse moi a miúdo como sentimento de afecto, de tenrura. Os diminutivos máis comúns son en: -iño, -iña: neniño, fontiña. Outras veces rematan en –elo, -ela e en –ello, -ella: cadelo, fontela, cortello, etc. Non sempre diminúen o significado. Ás veces poden ser aumentativos: o avó vai velliño = moi vello.
O diminutivo galego, amais de diminuír a significación de nome, expresa sentimentos de cariño: Meu filliño!
|