DEMOSTRATIVOS
Temos tendencia na maioría das veces, por diferencialismo, a cambiar as vogais ou mesmo as palabras, coma xa vimos. Isto pasa cos PRONOMES e ADXECTIVOS DEMOSTRATIVOS, tamén.
Deste xeito escoitamos moitas veces: ISTE coche é meu, no canto de ESTE coche é meu. AQUILA rapaza está enferma por AQUELA rapaza está enferma. Aínda que hai zonas nas que se empregan. A normativa só admite as seguintes:
| |
singular |
plural |
| |
masculino |
feminino |
neutro |
masculin |
feninino |
| PROXIMIDADE |
este |
esta |
isto |
estes |
estas |
| DIST. MEDIA |
ese |
esa |
iso |
eses |
esas |
| AFASTAMENTO |
aquel |
aquela |
aquilo |
aqueles |
aquelas |
A forma ELO non se usa, hai que empregar ISO ou ISTO. Non se debe dicir: “ELO non está ben”. O correcto é dicir: “ISO non está ben”. ELO significa eslavón: unha cadea de ELOS. O pronome neutro “elo”, existiu na lingua antiga, pero foi substituído por outros pronomes, sobre todo polos demostrativos neutros. Aínda que é unha forma correcta caeu en desuso.
* As formas ISTE, ISE; ISTES, ISES ... existen en galego como variantes dialectais, e polo tanto non normativas.
ATENCIÓN AS CONTRACCIÓNS:
| demostrativos |
ESTE
ESTA
|
ESE
ESA |
AQUEL
AQUELA |
ESTES
ESTAS |
ESES
ESAS |
AQUELES
AQUELAS |
| neutro |
ISTO |
ISO |
AQUILO |
|
|
|
| DE |
deste
desta
disto
|
dese
desa
diso |
daquel
daquela
daquilo |
destes
destas |
deses
desas |
daqueles
daquelas |
| EN |
neste
nesta
nisto |
nese
nesa
niso |
naquel
naquela
naquilo |
nestes
nestas |
neses
nesas |
naqueles
naquelas |
- Os demostrativos ESTE, ESTA, ISTO. ESE, ESA, ISO. AQUEL, AQUELA, AQUILO. Contraen co indefinido OUTRO, cos seus respectivos plurais.
masculino |
femenino |
| singular |
plural |
singular |
plural |
estoutro
esoutro
aqueloutro |
estoutros
esoutros
aqueloutros |
estoutra
esoutra
aqueloutra |
estoutras
esoutras
aqueloutras |
- Vexamos as posibles contraccións ESTOUTRO, ESOUTRO, ESOUTRA, AQUELOUTRO, AQUELOUTRA. Ollo ós plurais: ESTOUTROS, AQUELOUTROS. Cos seus respectivos femininos. Só toma o “s” o segundo elemento.
- CONVÉN LEMBRAR que ESTOUTRO, ESOUTRO, AQUELOUTRO supoñen unha elección entre dous ou máis obxectos aínda que non estean expresos. Pois a elección pode estar implícita. Se digo: “AQUEL é mellor ca ESTOUTRO”, ou “Desexo AQUELOUTRO”, quedan aclarados os dous casos.
CONTRACCIÓNS CON “DE e “EN”
CON “DE”:
A) Este + de = DESTE. Esta + de = DESTA. Isto + de = DISTO
B) Ese + de = DESE. Esa + de = DESA. Iso + de = DISO.
C) Aquel + de = DAQUEL. Aquela + de = DAQUELA. Aquilo + de = DAQUILO. Cos consabidos plurais.
CON “EN”
A) Este + en = NESTE
B) Esa + en = NESA. Iso + en = NISO.
C) En + aquel = NAQUEL. En + aquela = NAQUELA.
* É aínda contraen estas preposicións, “DE” e “EN”, como: DESTOUTRO, NESTROUTRO, NAQUELOUTRO, cos seus respectivos femininos e plurais.
* OLLO: Hai que fuxir polo tanto de escribir e de pronunciar: (este outro, aqueles outros, de estes outros, en aqueles outros no canto dos correctos estoutros, aqueloutros, destoutros ou naqueloutros, erros moi comúns).
CASOS ESPECIAIS
1) AQUEL, amais de demostrativo, é un substantivo coa significación de “engado”, “xeito”, “oportunidade”, “gallo ou motivo”. Por exemplo: “Ramona ten un AQUEL que me engaiola”. “Chegou co gallo das vacacións do Nadal”.
2) “AQUELAR” é un verbo comodín. Cando non nos sae a palabra exacta botamos man de aquelar: Teño que ir o dentista a que me aquele (empaste) esta moa. Aquélame (arranxar) esta garabata.
3) A contracción DAQUELA equivale: a) Ó adverbio de tempo ENTÓN: “DAQUELA cando era pequeno non había tantos coches”. b) Tamén pode funcionar coma conxunción con equivalencia a “polo tanto”: Non estudaches DAQUELA non te queixes.
Repetimos: Debemos evitar: Iste coche é meu, no canto de Este coche é meu. Aquila rapaza está enferma por Aquela rapaza está enferma.
Sen embargo a forma “elo” non se usa, hai que empregar “iso” ou “isto”.
EXERCICIOS
Colocade nos exercicios pola mesma orde en que están as palabras:
1- A lingua de que trata ... libro ... a escribiu para o bacharelato?
[ESTE; QUEN)
2- Non fales con ... homes da vila, ... os coñece. (ESES; NINGUÉN )
3- Cando lía ... xornal vin que ... non estaba feito. (AQUEL; AQUILO )
4- Debuxou ... praza no centro porque non era ... cousa. (ESA ; CALQUERA)
5- Con ... asuntos tan bos que tes, non sei ... serán os resultados.
(ESTES; CALES)
6- Por ..., despois de te oír, cheguei á conclusión que ... me importa. (ISO, NADA ou REN.)
7- Xa che dixen ..., todas ... cousas pasaron sen dúbida así.
(ISTO; ESTAS)
8- Con ... teño motivos para non falar, non me faltan tamén con...
(AQUELOUTRA; AQUELOUTROS )
9- Toda ... xente que ves alá non son ... lugares da bisbarra.
(AQUELA; DESTES )
10- Non falarei ... con ninguén, xa que tampouco falei ... ocasión.
(DISTO; NAQUELA)
11- Non me meto ... cousas e tampouco ... que me contaches.
(NESAS; NAQUELAS)
12- Son mellores ... pero ... non son tampouco boas cando se alporizan. (ESTOUTROS; AQUELOUTRAS )
13- Hai tempo que non creo ..., xa estudarei ... teorías de que falas. (NISTO; ESOUTRAS)
14- Aínda non sei nada ..., se coñeces ... dimo dunha vez. (DAQUILO; ESTOUTROS)
15- Era eu pequeno ... cando me contaron ... que pasou na guerra.
(DAQUELA , AQUILO )
16- Falamos ... libros, que publicaban ... tempo, cando estudabamos. (DAQUELES, NAQUEL)
17- Co ... do suspenso, non quixo estudar por mais que o ... a que seguise. (AQUEL, “AQUELAMOS”)
18- Se non che colle ... maleta méteo ... que caberá. (NESA, NESTOUTRA)
19- Estando ... foise a luz e ... deille un bico que rexeitou.
(NESTAS, NESAS)
20- Aquela rapaza ten un ... que me engaiola, non podo dicir como é ... (“AQUEL”, ISO)
|