Convén non se esquecer do que levamos aprendido. Cómpre pois repasar os masculinos, femininos e os plurais os que ofrecen xeralmente máis dificultade.
EXERCICIOS DE REPASO
A) FORMADE O PLURAL DAS SEGUINTES PALABRAS:
Azul - pel - dor - débil - tule - val - símil - viril - túnel - difícil - atril - lei - rei - especial - capitán - noz -marqués - camión - fusil - ril.
B) FACEDE O MESMO CON:
Ollomol - cartafol - chuchamel - funil – garda civil - cadril - canle - mortal – parasol - israelí.
C) CORRIXIDE O QUE "ESTEA MAL":
1- As catedrales son dun arte fermoso.
2- Os españois aman ós animales.
3- Os oríxenes dos fósiles son descoñecidos.
4- Os embudos serven para o aceite.
5- Fai anos que non vexo un paisaxe tan fermoso.
6- Tiña un grande dor.
7- Os carteles son de propaganda.
8- Levou moitos traxes para a viaxe.
9- A personaxe invitado tiña moito carraxe.
10- Non lle gustou o moblaxe do homenaxe.
D) FORMADE O FEMININO DE:
Irmán - humano - urbano - ancián - ourensán - aldeán -
ferrolán -rei - san - compostelán - charlatán - cotián - artesán - curmán - ourensán - alemán - muradán - paisano.
E) HAI MOITOS ERROS NAS SEGUINTES FRASES, NORMATIVIZÁDEAS; É DICIR, ESCRIBÍDEAS CORRECTAMENTE:
1- Cando había andado po-lo campo colliu tantas bolboretas coma eu.
2- Aquela parexa tiña moitos antoxos.
3- Che teño o libro.
4- Si tu ques traiote os meus dibuxos.
5- O avo casouse cando aínda era xove.
6- ¿Vades a ir polos túneis?
7- Andiveran moito conmigo.
8- Ti eres máis pequeno ca eu, pero teño máis anos ca ti.
9- Dallo (a eles) se ti non llo dás dareillo eu.
10- O carballo e un albre mais grande que o pino.
11- Recibiu o mensaxe.
12- Tiña moito dor.
13- O viaxe foi bo.
14- A leite morno.
15- A sangue é necesaria.
F) CORRIXIDE ESTAS PERSOAS DOS VERBOS ONDE SE COMETEN BEN DE ERROS:
1- Fai tempo. 2- Vós estivechedes. 3- Vós fúchedes.
4- El teñe. 5- El andivo. 6- Nós andiveramos. 7- Vós vades.
8- Nos íbamos. 9- Tou ben. 10- Nós semos.
DA DÚBIDA Á SOLUCIÓN
SOLUCIÓNS ÓS EXERCICIOS ANTERIORES
A) FORMADE O PLURAL DAS SEGUINTES PALABRAS:
Azuis - peles - dores - débiles - tules - vales - símiles - virís - túneles - difíciles - atrís - leis - reis - especiais - capitáns - noces - marqueses - camións - fusís - riles.
B) FACEDE O MESMO CON:
Ollomoles - cartafoles - chuchameles - funís – garda civís - cadrís - canles - mortais - parasoles - israelís.
C) CORRIXIDE O QUE "ESTEA MAL":
1- As catedrais son dunha arte fermosa.
2- Os españois aman ós animais.
3- As orixes dos fósiles son descoñecidas.
4- Os funís serven para o aceite.
5- Hai anos que non vexo unha paisaxe tan fermosa.
6- Tiña unha grande dor.
7- Os carteis son de propaganda.
8- Levou moitos traxes para a viaxe.
9- O personaxe invitado tiña moita carraxe.
10- Non lle gustou a moblaxe da homenaxe.
D) FORMADE O FEMININO DE:
irmá - humana - urbana - anciá - ourensá - aldeá - ferrolá - raíña - sa - compostelana - charlatana - cotiá - artesá - curmá - ourensá - alemana - muradana - paisana.
E) HAI MOITOS ERROS NAS SEGUINTES FRASES,
NORMATIVIZÁDEAS; É DICIR, ESCRIBÍDEAS
CORRECTAMENTE:
1- Cando andara polo campo colleu tantas bolboretas coma min.
2- Aquela parella tiña moitos antollos.
3- Téñoche o libro.
4- Se ti queres tráioche os meus debuxos.
5- O avó casou cando aínda era novo.
6- Ides ir polos túneles.
7- Andaron moito comigo.
8- Ti es máis pequeno ca min, pero teño máis anos ca ti.
9- Dállelo, se ti non llelo dás daréillelo eu.
10- O carballo é unha árbore máis grande có piñeiro.
11- Recibiu a mensaxe.
12- Tiña moita dor.
13- A viaxe foi boa.
14- O leite morno.
15- O sangue é necesario.
F) CORRIXIDE ESTAS PERSOAS DOS VERBOS ONDE SE COMETEN BEN DE ERROS:
1- Hai tempo. 2- Vós estivestes. 3- Vós fostes.
4- El ten. 5- El andou. 6- Nos andaramos.
7- Vós ides. 8- Nós iamos.
9- Estou ben. 10- Nós somos.
|