TEMA 29

O ADVERBIO
- O ADVERBIO é unha palabra invariable que modifica a un verbo (cando vén), a un adxectivo (é unha persoa moi boa), e ás veces a outro adverbio (chega sempre tarde).
- Hai moitas clases de adverbios: a) DE TEMPO b) LUGAR c) MODO d) CANTIDADE.

A) DE TEMPO: Hoxe, onte, antonte, trasantonte, hogano = (nestes tempos); antano = (o ano pasado ou noutros tempos); hoxe en día, arestora = (que provén do latín “hac + ista + hora); agora, neste momento, nestes tempos. Agora, antes, despois, entón, daquela, logo = (despois de agora); axiña, preto, de contado, cedo, tarde, aínda, inda, xa, de momento, mentres, namentres, sempre, decote, nunca.

B) DE LUGAR: Aquí, aí, alí, acá, acó, aló, alá, acolá, encima, dentro, fóra, preto, cerca, lonxe, abaixo, embaixo, debaixo, avante, atrás, detrás, adiante, diante, enfronte, arredor, u?, onde, eis, velaquí, velaí, ó lado, a rentes, a carón, ó pé.

- E estes tres adverbios especiais, DE LUGAR tamén:
a) ALGURES: significa “algunha parte” = “Ten que estar en algures

b) NINGURES = “ningunha parte” = procede de (ningún + algures).
Exemplo: Onde estará? = En ningures.

c) XALUNDES: (moi pouco oído) significa “en calquera parte, en calquera outro sitio”. Exemplo: Penso que nos temos visto en xalundes. Que lle parece?.

C) DE MODO: Os principais son: así (desta maneira), ben, mellor, mal, peor, gratis, paseniño, paseniñamente, amodiño, amodo, devagar, á présa, ás présas, a eito, a feito, simple, simplemente, de socato, de súpeto, de golpe, ó chou (á sorte), a treo (por sorte), ó cabo, á fin, secasí, ás claras, en van, ó xeito (con coidado), asemade, en balde.

D) DE CANTIDADE: Bastante, abondo, máis, menos, moi, moito, pouco, ben, tan, tanto, canto, de menos, de máis, de sobra, só, soamente, nada, todo, xusto.

A AFIRMACIÓN E A NEGACIÓN
Os galegos é raro que respondamos “si” ou “non” como Cristo nos ensina.
- A resposta afirmativa en galego, consiste na utilización do mesmo verbo da pregunta: Estiveches onte en Fisterra? Estiven. Fuches a Arteixo? Fun.
- As veces cando na pregunta hai algún adverbio de tempo como: xa, aínda, sempre, nunca; para contestar afirmativamente a resposta pode consistir na simple repetición do adverbio. Exemplo: “Xa te examinaches?”. Resposta: “Xa”. “Sempre o fas así?. Resposta: “sempre”.

A NEGACIÓN
A forma máis común é o uso do adverbio NON. Exemplo: Non fun ó cine.
Tamén se usa NIN. Exemplo: Nin traballa nin come.
Nunca, xamais e endexamais poden funcionar como respostas negativas: Voltarás? Endexamais. Nunca, etc.
Por último lembraremos os adverbios de dúbida: quizá, quizás, quizais, quizabes, seica, disque, e as expresións: ó mellor, pode ser, non si?, ho? (abreviatura de home), non é?.

EXERCICIOS
Clasifique as seguintes locucións adverbiais que poden ser: de lugar, de tempo, de modo, de afirmación, de negación, de dúbida, de cantidade:
1- Seguramente. 2- Por ventura. 3- Nin tan sequera. 4- O cabo. 5- Maldía leva!. 6- Desde logo. 7- A miúdo. 8- De aquí a pouco. 9- Entre lusco e fusco. 10- A eito, a fartar.

ATENCIÓN ÁS NOVAS NORMAS: (Continuación)
Agora escríbense nunha soa palabra porque antes se escribían separadas:
Correctas: amodo, acotío, apenas, decontado, decontino, decotío, deseguida, deseguido, devagar, enseguida, talvez.
En cambio: hoxe en día, de cando en vez, de cando en cando, de vez en cando, pouco a pouco, de alí a pouco, ó outro día, a miúdo, ás veces.

LOCUCIÓNS ADVERBIAIS:
Son grupos de palabras que fan as mesmas funcións dun adverbio.
Subliña as locucións adverbiais e escribe o valor:
Mallaba acotío no burro. (tempo)
A avoa quérelle a varrer. (cantidade)
Así non vai a ningures. (lugar)
Botou as redes ó chou. (modo)
Por suposto que cho crin. (dúbida)
Non digas: nunca xamais. (negación)

DA DÚBIDA Á SOLUCIÓN

OLLO A ESTAS CONTRACCIÓNS:
Xa dixemos anteriormente que o galego é unha lingua na que se usan moitas contraccións na fala, hai algunha contracción, que tamén se fan na escrita. En cambio en castelán fanse moi mal porque ademais non hai tantas contraccións, só (“al” = a + el) e “del” sae (“de+el”) contrae en castelán cando é artigo, “el”, precedido das preposicións “de” ou “a”: Vengo “del” colegio. “Voy al cine”, pero fálase moi mal o castelán, pois, por exemplo non se debe pronunciar nin menos escribir: Dijo “cabía” estado aquí no canto de Dijo que había estado aquí.

NON COMO EN CASTELÁN: O galego é un dos idiomas de máis contraccións e non se debe pronunciar como en castelán: Así está mal dicir: no día “de hoxe”, en vez da fonética galega no día “doxe” e ducias de casos.

PERO LEMBREMOS:
MAL ESCRITOS:
“Dacordo”, “dalí”, “dagora”, “dalgo”, deben pronunciarse así, pero están mal escritos, non contraen:

DEBEN ESCRIBIRSE SEPARADAMENTE, VEXAMOS:
Estou “de acordo” contigo. Veño “de alí”. Non falarei máis “de agora” en adiante. Temos que falar “de algo” interesante.
Pero podemos escribir: “Vivo na Coruña”. “Deputación da Coruña”. “Para xogar contamos coa Coruña”.
A regra na que se basea o anterior: “da Coruña”, etc. é porque se pode facer a contracción das preposicións co artigo dos topónimos galegos, neste caso a contracción escríbese con minúscula como fixemos antes: “Veño da Coruña” etc.
Non seguimos cos numerosos casos que hai nisto das contraccións.