Hoxe falaremos do artigo que se divide en determinado e indeterminado. Son moi importantes as súas contraccións que explicamos nuns recadros. O artigo presenta o substantivo do que nos indica o seu xénero e número.
E a continuación explicaremos o xénero, masculino e feminino, no tema 4
| ARTIGOS DETERMINADOS |
ARTIGOS INDETERMINADOS |
O substantivo ó que acompaña
é coñecido |
O substantivo ó que acompaña
é descoñecido |
| |
MASCULINO |
FEMININO |
MASCULINO |
FEMININO |
| S |
O |
A |
UN |
UNHA |
| P |
OS |
AS |
UNS |
UNHAS |
CONTRACCIÓNS:
| ARTIGO DETERMINADO |
| PREPOSICIÓN |
o |
a |
os |
as |
| a |
ao/ó |
á |
aos/ós |
ás |
| con |
co |
coa |
cos |
coas |
| de |
do |
da |
dos |
das |
| en |
no |
na |
nos |
nas |
| por |
polo |
pola |
polos |
polas |
| CONXUNCIÓN COMPARATIVA |
| ca |
ca o/có |
ca a/cá |
ca os/cós |
ca as/cás |
Algunhas preposicións e a conxunción copulativa CA contraen co artigo determinado, segundo o cadro seguinte:
A preposición “a” sempre contrae co artigo: Vou á (a+a) praia. (“á” preposición + “a”, artigo).
IMPORTANTE: Están admitidas as formas contractas: ó ou ao, ós ou aos, á, ás. Nestes casos sempre leva til para indicar que é contracción. Tamén sempre se debe pronunciar o AO coma Ó, AOS coma ÓS. Nós usaremos sempre a forma: ó, ós, para evitarmos que os estudantes pronuncien mal AO e AOS, segundo a nosa experiencia.
CÓMPRE TER PRESENTE:
Existe tamén a segunda forma do artigo (-lo, -la, -los e –las) que se usaban ata agora obrigatoriamente tras os verbos rematados en: -r ou –s, e tras os pronomes: nos, vos, nós, vós, e a preposición tras, e os indefinidos: ambos e todos e a conxunción copulativa “e mais”. Agora non é obrigatorio o seu uso, só opcional.
OLLO: Deben pronunciarse como se levasen –lo, -la, -los e –las. Exemplo: todos os, debe pronunciarse tódolos, tras os debe pronunciarse tralos etc. Senón usamos a fonética castelá.
É obrigatorio a segunda forma do artigo, xa citado, só despois da preposición POR (polo día chove) e do adverbio U (U-los meus libros).
| |
ARTIGO INDETERMINADO |
| PREPOSICIÓN |
un |
unha |
uns |
unhas |
| en |
nun |
nunha |
nuns |
nunhas |
| de |
dun |
dunha |
duns |
dunhas |
| con |
cun |
cunha |
cuns |
cunhas |
Exemplos: Probei unha marmelada saborosa. Ramona terá uns 60 anos. Collemos un libro nunha biblioteca.
Recordade as seguintes contraccións máis comúns:
1- na = (en + a); da = (de + a); cos = (con + os).
2- coa = (con + a); á = (a+a).
3- na = (en + a); pola = (por + a).
4- o; cuns (con+uns); nunha = (en+unha).
5- nas = (en + as); da = (de + a); cunhas = (cun + unhas).
6- os; ás = (a + as); coas = (con + as).
EXERCICIOS
1- Estou .... porta .... túa casa .... meus amigos comendo uns plátanos e unhas piñas.
2- Falamos .... nai de Margarida onte .... noite das vitaminas dos kiwis e dos figos.
3- Estivemos .... praia ata o mércores .... tarde, refrescámonos con sandías, melóns e ameixas.
4- .... verán pasámolo .... amigos .... aldea de Lugo, que producía moitas castañas e noces.
5- Miña irmá estivo .... festas .... vila .... amigas quen vendían marmelos, e nésperas.
6- .... meus amigos avisaron que .... doce chegarían .... invitacións para a feira das froitas coma cereixas, morotes, albaricoques, laranxas e limóns.
|