TEMA 33


Hai moita xente, persoeiros das letras, das ciencias, das artes, da política, dos medios de comunicación social, etc. que pasan olimpicamente da correcta escritura, é dicir, de ter en conta a normativa da lingua, o que non deixa de ser unha incoherencia cando menos, ou unha falta de respecto ó noso sinal de identidade. Xa sabedes quen son. E é tan doado escribila e falala!.

EXERCICIOS
As palabras que veñen a continuación están mal escritas. Vós, se queredes practicar, podedes escribir unha frase na que entren unha ou varias palabras pero, ollo, ESCRITAS CORRECTAMENTE. Aquí tedes pois unha morea delas tiradas (sacadas) das que vemos mal escritas a cotío e que xa estudamos nos anteriores temas. Debemos defender intransixentemente a autenticidade da lingua galega como se se tratase da meniña dos nosos ollos. Non escribila nin falala coma a un lle pete. Porque tampouco facémo-lo mesmo coas outras linguas irmás ou non irmás.

MAL ESCRITAS
(Un bo exercicio sería copialas correctamente antes de ver o resultado)
1- Quenes. 2- Soio. 3- Os análises. 4- Andivera. 5- Había dito. 6- Oficiña. 7- Fai tempo. 8- Persona. 9- Calqueira. 10- Semán. 11- Conduxo. 12- Traduxo. 13- Leises. 14- Parexa. 15- Lentexa. 16- Conscente. 17- Soave. 18- Mais ca eu. 19- Carreteira. 20- Dixera. 21- O orixe. 22- Calquer. 23- Diputado. 24- Naide. 25- Anque. 26- Lingoa. 27- Casáronse. 28- Eres. 29- Istes. 30- Supen. 31- Cincoenta. 32- Personal. 33- Cuarenta. 34- Soedá. 35- Barceloa. 36- Había comido. 37- Nasceu. 38- Orgaizaba. 39- Albres. 40- Vades. 41- outa. 42- Capiduo. 43 - Anduriña. 44- Canzóns. 45- Ambente. 46- Brilar. 47- Hourizonte. 48- Páxaro. 49- Estábamos. 50- Escea. 51- Reises. 52- Andiven. 53- O viaxe. 54- O cor. 55- Espranza. 56- Moimentos. 57- Consecoencia. 58- Destiño. 59- Xaula. 60- Grifo. 61- Escoba. 62- Ruiña. 63- Orguloso.

E MAL USO DE: 64- Derradeiro por último. 65- Esgrevio no canto de egrexio. 66- Xeneral por xeral. 67- Momento por intre. 68- Segredo por secreto.

69 O MAL USO TAMÉN do CHE por TE. Ou viceversa. A colocación incorrecta dos pronomes CHE, TE, LLE, ME, MO, CHO, etc. na frase, traducindo do castelán ... Eses son os erros que debemos evitar na fala e na escrita.

DA DÚBIDA A SOLUCIÓN: SOLUCIÓNS
1- Quen ou os que. 2- Só ou soa. 3- As análises. 4- Andara. 5- Dixera. 6- Oficina. 7- Hai tempo. 8- Persoa. 9- Calquera. 10- Semana. 11- Conduciu. 12- Traduciu. 13- Leis. 14- Parella. 15- Lentella. 16- Consciente. 17- Suave. 18- Máis ca min. 19- Estrada. 20- Dixera. 21- A orixe. 22- Calquera. 23- Deputado. 24- Ninguén. 25- Aínda, inda ou inda que. 26- Lingua. 27- Casaron. 28- Es. 29- Estes. 30- Souben. 31- Cincuenta. 32- Persoal. 33- Corenta. 34- Soidade. 35- Barcelona. 36- Comera. 37- Naceu. 38- Organizaba. 39- Arbores. 40- Ides. 41- Valen Outa e Alta. 42- Capítulo. 43- Andoriña. 44- Cancións. 45- Ambiente. 46- Billa. 47- Horizonte. 48- Paxaro. 49- Estabamos. 50- Escena. 51- Reis. 52- Andei. 53- A viaxe. 54- A cor ou a color. 55- Esperanza. 56- Monumentos. 57- Consecuencia. 58- Destino. 59- Gaiola. 60- Brilla. 61- Vasoira. 62- Ruína. 63- Orgulloso.

E MAL USO DE: 64- Derradeiro: o seu significado como xa explicamos, non é igual ó de último. Derradeiro quere dicir que a continuación non hai máis nin posibilidades de que haxa. Así: Foi a súa derradeira vontade, o testamento, porque finou. 65- Esgrevio: significa áspero, dificultoso: “é un terreo esgrevio”. En cambio “egrexio”: ilustre, excelente, insigne. 66- Xeneral: militar; referente a militares é con “n” = xeneralísimo, capitanía xeneral, xeneralato. En cambio: xeral, xeralmente. 67- Momento: é un espazo de tempo mínimo. Pero “intre” -do que se abusa tanto na fala- vén ser: un instante, un espazo de tempo moi breve entre dous momentos. A orixe latina “inter = entre, xa nolo di”. 68- Segredo: úsase cando é nome substantivo no canto de secreto que é adxectivo. Exemplo: Debemos saber gardar os segredos. Teño un segredo e non cho digo. En cambio: As cousas secretas non se din. El é un axente secreto.

69- O MAL USO TAMÉN do CHE por TE. Hai zonas de Galicia na que son “cheistas”: Vinche por Vinte. Noutras zonas son “teístas”: Tróuxente estes libros no canto de Tróuxenche estes libros. A colocación incorrecta dos pronomes é o ERRO FUNDAMENTAL dos, ou principalmente de certos locutores, e locutoras da TVG e non digamos da radio e de cando en vez escapa en certas dobraxes. Exemplos incorrectos: O sinto por síntoo. Che chamo eu por Chámote eu

NOVAS NORMAS PARA TER PRESENTE
APRENDÁMOLAS CORRECTAMENTE:

BEN: Diminución, diminuír, diminuído.
MAL: Disminución, disminuír, disminuído.

BEN: Subtraer, subtracción, subtraído.
MAL: Substraer, substracción, substraído.

BEN: Interese (non interés), tose (non tos).

ATENCIÓN:
Na linguaxe médica os sufixos –itis e -tis co significado de “inflamación”, pasan ó galego coa terminación -ite e -te. Todas estas palabras cultas son de xénero feminino: a amigdalite, apendicite, artrite, bronquite, colite, enterite, conxuntivite, farinxite, pancreatite, gastrite, otite e moitas máis. En cambio é “diabetes”.

Á SOLUCIÓN DA DÚBIDA:
Daremos unha morea de palabras que levan diérese.
A Diérese é un signo de ortografía (¨) que se pon sobre a letra “ü” para indicar que esta se pronuncia nas sílabas “güe”, “güi”: bilingüe.
Tamén se emprega coa letra “i” que fai sílaba de seu: moïamos (mo-ï-a-mos): Exemplos correctos: pingüín, argüía, fragüemos, recaïades, aguante, mingües, piragüismo, argüír, ungüento, ambiguo, traïamos, lingüista, desoïades, saïades, ambigüidade, bilingüismo, antigüidade, lingüístico, construïamos.

SON INCORRECTAS: brilar (debe ser brillar), cadeirádego (debe ser catedrático), segredario (debe ser secretario), orguloso (debe ser orgulloso), condear (debe ser condenar), hourizonte (debe ser horizonte), eiquí (debe ser aquí).

OFRECEN DIFICULTADE NA ESCRITA:
Correctas: aprazar, igrexa, preamar, brancura, nobreza, frauta, frecha, fraco, praia, prateado, obriga, abrandar, prato, cumpridor.

En cambio están ben tamén: platino, plátano, plácido, glaciar, planas, blasfemia, globos, público, publicar, clasificar, clase, declamar, explicar, reflexión, aflixir.