TEMA 34


Outro tipo de nexo é a CONXUNCIÓN. As conxuncións coordinan ou subordinan oracións e elementos idénticos. Poden dividirse en conxuncións COORDINANTES cando unen sintagmas ou oracións da mesma categoría. E chámanse SUBORDINANTES cando unen oracións de distinta categoría. Por brevidade enunciarémolas soamente:

A) AS COORDINANTES son:
a) COPULATIVAS: e, que, nin, mais, e mais, a mais. Exemplos: Ti e Pedro chegades tarde.
b) DISXUNTIVAS: ou, ora... ora, xa, ben... ben, quer ... quer, nin ... nin, xa... xa,
volta...volta, cando...cando. Exemplos: Dismo ou voume. Ben ti, ben el chamade. Ora o fagas ti, ora sexa el, non importa.
c) ADVERSATIVAS: pero, mais, inda que, aínda que, senón con todo, xa que, agora ben, pero, por iso, emporiso, agora que, e iso que, só que, quitando que, excepto, agás que, fóra de que, senón, excepto que, ora ben, mentres (que). Exemplos: Ten moito xenio, pero esquece pronto. Traballa moito aínda que está enfermo. Moito leva sufrido, con todo nunca se queixou.
d) ILATIVAS ou CONSECUTIVAS: pois, logo, xa que logo, conque, así que, polo tanto, de xeito que, de forma que, entón, daquela, por conseguinte. Exemplos: Non estudaches, logo non te queixes. Non o chamei así que non o recibo. Traballaches, xa que logo cobra.

B) AS SUBORDINANTES son:
a) TEMPORAIS: cando, mentres, namentres, entrementres, mentres tanto, ó que, axiña que, a penas non ben, desde que, en canto, despois que, cando queira que, dende que, axiña que, deseguida que, decontado que, non ben, tan pronto. Mentres: indica simultaneidade e duración. Tamén se pode usar en canto o mesmo ca mentres: “mentres ti falas por teléfono eu prepárome”.
b) FINAIS: para que, a fin de que, a que, porque, en favor de que.
c) CAUSAIS: pois, como, que, porque, xa que, dado que, visto que, por mor de que, por culpa de que, pois que, como queira que, por mor de.
d) CONDICIONAIS: a principal conxunción condicional é SE. Outras: con tal que, conque, sempre que, a pouco que, a nada que, a menos que, salvo se, de no ser que, sacando se, onda non, cando que, excepto se. Exemplo: “Se chove non irei”.
e) MODAIS: Segundo, conforme, de modo que, de xeito que, de maneira que, de forma que, sen que, como queira que, ben como, mal como, así como, tal e como, segundo, de xeito que, consonte, coma se, como se.

EXERCICIOS
Clasifique as seguintes conxuncións:
1- Aínda que non queiras, chamareite.
2- En canto chegues chámame.
3- Nin arre nin xo.
4- Non o fixen porque non puiden.
5- Moito leva padecido, con todo nunca se queixou.
6- Se estudases non terías problemas.
7- Non o vin pero farei por velo.
8- Mentres falo por teléfono, non traballo.
9- Non viñeches logo non te queixes.
10- Tal e como mo dis non o creo.
11- Xa que non traballas non comes.
12- Pediumo pois necesitábao.
13- Dado que quixeches facelo agora sofre as consecuencias.
14- Quitando que non fumas, o demais non vale nada.
15- Chamoume por mor de que non quería que fose.
16- Faino de xeito que non se enteren.

NOTA:
Como vimos, nestas últimas normas eliminaron: nembargantes, sen embargo, anque, alomenos, entonces.
Como adversativas admítense: a menos que, ora ben, en troques, fóra de que, non obstante, senón que.

AS CONXUNCIÓNS:
a) Non teñen significado léxico.
b) Carecen de xénero e número.
c) Enlazan palabras ou frases.

EXERCICIO:
Subliña as conxuncións:
Se estudas ben, aprobas. Aínda (inda) que a mona....
Veño a que me revise. Vés, ou quedas.
Parece bo, pero engana. Saíu cando rematou.
Non veu porque choveu. Non o tes, daquela cala
Fíxoo segundo o costume. Nin fai, nin deixa.

A INTERXECCIÓN:
A finalidade da interxección é a manifestación dunha emoción, caracterízase pola súa brevidade, é como se fose un berro de admiración. Equivale ela soa a unha oración:
Vexamos unhas cantas. As máis comúns das interxeccións galegas son:

1. “Ah!”: Serve para indicar que un se decata do que lle están dicindo: “Ah!, xa o vexo. Segundo o ton con que a digamos indica: decepción, sorpresa, alegría etc. O mesmo pasa con “oh!”, máis admirativo.

2. “Ai!” Pode indicar sorpresa, dolor, tristeza: Ai!, non podo ver a meus pais! – Ai, como me doe!.

3. “Ho!” Apócope do substantivo “Home”. Tamén expresa sorpresa é a abreviatura de “home!”: Cala ho! – Ho, se ti o dis!.

4. “Eh!” para responder a unha chamada. Como “ei” para avisarlle a alguén que está distraído, para chamar polas persoas.

A continuación citamos outras interxeccións nas que o galego é tan rico: “Ola!”, “Ouh!”, expresa admiración ou desacordo “ouh!”: Exemplo: Ouh! Non cho creo. “Vaites!”. Denota admiración ou sorpresa.

Repasemos estas locucións adverbiais, co seu valor:
1. Non digas: nunca máis = negación.
2. Así non vai a ningures = lugar.
3. Por suposto que cho crin = afirmación.
4. Botou as redes ó chou = modo.
5. Se cadra non foi así = dúbida.
6. A Pocholo a avoa quérelle a varrer = cantidade.

Vexamos as equivalencias:
1. A encher = abondo.
2. Neste momento = arestora.
3. Nin tan sequera = tampouco.
4. Ó mellor = quizais.
5. Lonxe de = aló.
6. Ó mesmo tempo = asemade