TEMA 4

 

O xénero.


Ó ser o galego unha lingua en contacto co castelán confundimos o xénero. Así non é raro escoitar: a leite, a mel, a costume, etc,; o que está mal. Son xente que ó falaren traducen do castelán. Este erros chámanse castelanismos que temos que rexeitar se non queremos falar un galego deturpado.

A continuación tedes os masculinos e femininos máis comúns.

- Podemos utilizar o artigo masculino: o. Exemplo: O berce, O cal etc.:
MASCULINOS:
1- berce. 2- cal, costume. 3- cume, sinal. 4- celme, sal. 5- miolo. 6- cuspe, fel, leite, mel. 7- sangue, nariz, sorriso. 8- paxe, traxe, ubre. 9- riso, a, b, c. 10- til. 11- couce, dote. 12- lume. 13- traballo, mar.

- Podemos utilizar o artigo feminino: a. Exemplo: A análise, A orixe etc.:
FEMININO:
14- análise, pel, dor. 15- orixe, fouce. 16- calor, árbores, cor. 17- viaxe, marxe, aldraxe, friaxe, romaxe. 18- orde, pasaxe, paisaxe, ponte. 19- carraxe, homenaxe. 20- meninxite. 21- metrópole, crise. 22- epiderme, parálise. 23- neurose, hipótese. 24- diabete, glote. 25- eclipse, paréntese.
26- moblaxe.
EXERCICIO
É tan doado que só tedes que encher os ocos pola mesma orde que están máis arriba. Exemplo: 1- berce. Tede logo en conta que o artigo é un indicador do xénero nos ocos.

Masculinos:

1- O neno chora no .... se o deixan só, mentres súa nai merca comida para xantar.
2- O .... é branco. Temos o .... de calear a casa. Na horta plantamos cebolas e allos.
3- Fomos ata o .... da montaña. Aquí topamos o .... e collemos moitos cogomelos.
4- Na miña vila hai unha pastelería que se chama o .... Os seus doces teñen pouco .... Ás veces venden pementos de Padrón.
5- O .... da cuestión é como a cerna de algo, é coma o máis íntimo, o de dentro. Nisto lembro os chícharos e os feixóns.
6- O .... , o ....., o .... e o .... pódense analizar no laboratorio, tamén polas súas vitaminas, as remolachas e cenorias.
7- Botaba moito .... polo .... O seu .... era triste; recomendáronlle moitos tomates e alcachofas para a saúde.
8- Un .... dos reis lixou o .... ó ollar o .... da vaca; a estas dábanlle repolos e coles.
9- Xoán botou un .... cando o mestre lle dixo que o ...., o .... e o .... son as tres primeiras letras do abecedario.
10- Temos que poñer o .... a todas as esdrúxulas, por exemplo á palabra gramática.
11- Sentoulle coma un .... ó ver o .... que lle deran. O mellor, unha leira que producía moitas balocas.
12- Botaba o .... polos ollos e máis pola boca; fixérono chorar as cebolas e mais os allos.
13- O seu .... está sempre no .... ; aínda que lle gustan moito as verduras máis cós peixes.

Femininos:

14- Fixéronlle a .... da .... sen ningunha ....
15- Non sabemos cal é a .... da .... nin das cabazas.
16- Coa .... as .... mudaran a súa .... e murcharon as escarolas.
17- Naquela .... aínda estando a .... de todo, recibiu unha .... dos que ían con aquela .... a .... de San Andrés de Teixido.
18- Cando recibiu a .... para pagar a .... , aproveitou para fitar a .... desde a .... vella.
19- O personaxe invitado tiña moita .... pois non lle agradou a .... tan desorganizada.
20- Cando descansaba no oasis deulle un ataque de ....
21- A .... non acaba de saír da .... económica.
22- Por unha infección na .... veulle unha .... moi rara.
23- De xogares ó tenis pasarache a ...., valla a ....
24- A .... nótaseche na cute e non na ....
25- A ... ficou coma se fose unha ....
26- Os chasis estaban gardados coa .... no garaxe.

Reparade: Os substantivos rematados en -axe, como vedes, son femininos, agás traxe, garaxe, paxe e personaxe* que son masculinos. Tamén son femininos: a glote, a diabete, a epiderme, a hepatite, a sintaxe, a otite, a farinxite. Pero son masculinos: o chasis, o tenis e o oasis.

*Pero: o rei é un personaxe, e a raíña unha personaxe.

Cómpre ter en conta os masculinos: 1- aldeán. 2- ancián. 3- artesán. 4- cidadán. 5- irmán. 6- curmán. 7- castelán. 8- can. 9- rei. 10- xudeu. 11- humano. 12- ferrolán. 13- ourensán. 14- cristián.
Fan o feminino: 1- aldeá. 2- anciá. 3- artesá. 4- cidadá. 5- irmá. 6- curmá 7- castelá. 8- cadela. 9- raíña. 10- xudía. 11- humana. 12- ferrolá. 13- ourensá. 14- cristiá.

RECORDA: Son femininas as palabras rematadas en:
1) "-se" : a artrose 2) "-ite" : a rinite 3) "-te" : a amigdalite. Polo tanto: a esclerose, a trombose, a neurose, a análise. A hepatite, a meninxite, a colite, a estomatite.