Unha das posibles dúbidas con que nos podemos atopar na
fala e na escrita é tocante o número dos nomes: o singular e o plural das palabras. E dicir cando nos referimos a un só ser (singular) ou a máis
de un (plural). Todo plural queda reducido ós seguintes casos. Témolo moi resumido a continuación:
* Engaden ó singular: -s,
-is, -es, segundo os seguintes casos:
a) á (vogal) +
s = casa + s = casas; exame + s = exames; rei + s = reis; lei + s = leis;
mariñeiro + s = mariñeiros; canguro
+ s = canguros.
b) ó "N" + s; irmán + s = irmáns; colchón + s =
colchóns; atún + s = atúns.
c) Perden o
"L" = is; Sempre en
palabras agudas: semana (l) + is = semanais; carave (l) + is = caraveis;
azu (l) + is = azuis; cadri (l) + s = cadrís; pape(l) + is = papeis.
d) Conservan o
"L" + es: Cando non son agudas ou son monosílabas: fértil +
es = fértiles; pel + es = peles; val + es = vales; mel + es = meles;
ril + es = riles.
e) Se rematan en calquera
outra consoante: "R", ou "Z", ou "M"
ou "S", mantéñena, + "ES", ó singular: xantar +
es = xantares; flor + es = flores; rapaz + es = rapaces; noz + es =
noces; marqués + es = marqueses.
EXERCICIO
As seguintes palabras saíron nesta lección. Un bo
exercicio é repasalas:
1- casas, exames. 2- reis, leis. 3- mariñeiros, canguros.
4- irmáns, colchóns, riles 5- atúns, israelís, pés. 6- semanais,
caraveis, azuis, verderolos, cadrís, papeis. 7- fértiles, animais,
peles, vales, meles. 8- xantares, flores, rapaces, noces, marqueses. 9-
luns, norte, lecer. 10- miolo. 11- nupcias, cirolas, exequias. 12- cóxegas,
miolos.
Reparade nestes plurais:
13- farois, útiles. 14- tules. 15- pinceis, mares. 16- álbumes (1),
actrices. 17- funís, cadrís. 18- catedrais. 19- calores. 20- garda civís,
fósiles. 21- carteis, especiais.
(1) Para que vexades a anarquía a que nos teñen acostumados.
Topamos no “Dicionario Xerais” (1990) isto: “Observación: O seu
plural é álbumes”. Hoxe, no “Dicionario da Real Academia Galega”
(1997) aparece así: (pl. Álbums)”. Quen os entende?
(2)
Colocade nos espazos baleiros e pola mesma orde en que están
numeradas, as anteriores palabras xa cos seus plurais. Veredes como vos
será moi doado:
1- As ... reciben ... periódicos da sanidade, así coma
as cetarias, onde hai
centolas e lumbrigantes.
2- Os ... tamén observan as ... e non toman nécoras nin
percebes en veda.
3- Os ... viron moitos ... en Australia; viñeron cargados
de c, gambas e lagostinos.
4- Os meus ... dormen nuns ... moi duros e non aguantan
dos .... , despois festéxano con croques e ameixas.
5- Mercamos ... ós ... que estaban no porto cos ...
descalzos; vendían tamén
caixas de camaróns.
6- Nas feiras ... venden .../... Ó meu avó dóenlle os
... cando revolve
os seus ...
7- As terras ... alimentan ós ... Dan boas ... nos seus
... Abundan nestes todo tipo de ...
8- Aqueles grandes ... coas mesas cheas de ... e de ...
que comían as ... dos
...
9- Os ..., meus pais ían de vacacións cara o ... porque
tiñan moito ... aproveitaban
para saborear as navallas e longueiróns.
10- O ... do pan engorda tanto coma a codia. Non se debe
abusar tampouco do
marisco.
11- Cando o invitaban ás ... sempre lle caían as ... ;
nas ... pasáballe o
mesmo.
12- Fixéronlle moitas ..., nisto caeu e saíanlle os ...
da cabeza.
13- Antes había ... nas rúas, eran moi ... sobre todo de
noite.
14- As princesas e as que non o son visten con ...
15- Pintaron cos ... máis finos os ... de azul. Tamén
pintaron vieiras,
chirlas e caramuxos.
16- Naqueles ... había moitas fotos das ...
17- Usamos os ... para verter líquidos nas botellas. Dóennos
os ... ó facelo.
18- Galicia ten ... fermosas, entre outras cousas.
19- As ... da primavera non che son nada boas. As de verán
tampouco, ás veces.
20- Os ... coidaban os ... topados nas escavacións.
21- Aqueles ... facían propaganda nas festas ... da vila.
CONVÉN LEMBRAR:
a) Teñen o singular ou plural segundo poidan levar ou non os artigos en singular ou plural: o luns, os luns e demais días
da semana; lecer: tempo libre, non ten plural; miolo en singular ten significado distinto que se fose en plural, miolos: O miolo, miga do pan. Miolos=cerebro.
b) Pero só se usan en plural: as nupcias, as cirolas, as exequias, as cóxegas, os miolos, as tebras,
os víveres.
c) Só en singular: sílex,
valor, oeste, virus, tórax.
d) Plural das palabras compostas:
·
Cando non
están soldadas van as dúas en plural: cámaras escuras.
·
Cando están
soldadas fan o plural tal como o faría o último elemento se fose só:
chuchamel/chuchameles; ollomol/ollomoles; parasol/parasoles; a segunda
leva o morfema de número.
·
Cando
levan no medio unha preposición a primeira leva o morfema de número:
pitas do monte, dentes de can, cadelas de frade.
APRENDE: Hai nomes que só se usan en plural: as tebras, os anteollos, os prismáticos, as tenaces, os
víveres, os alicates.
EXPLICA o significado das seguintes
palabras compostas: sapoconcho, bulebule, beiramar, fervellasverzas,
vichelocrego, paporrubio.
SUBLIÑA os nomes que teñen a mesma
forma para o singular e o plural: lapis, xudeus, venres, oasis, paraugas,
bens, cutes, irmáns.
INTERESANTE.- Os nomes propios só admiten
plurais cando pasan a utilizarse como adxectivos, referíndose a toda
unha familia (os Andrades). Cando son usados metonimicamente (teño tres
Laxeiros). Ou ben como cualificativo atribuíndo ós individuos as
calidades da persoa portadora do nome propio (houbo poucos Castelaos).
|