Cando
escoitamos a unha persoa, decatámonos pola súa fala a qué bisbarra
pertence segundo empregue ou non as formas TE ou CHE do pronome persoal.
Temos zonas en Galicia nas que non distinguen entre o TE ou CHE. Noutra lección
falaremos da súa colocación.
Estas dúas formas non se consideran correctas cando as dicimos
impropiamente, é dicir, o CHE polo TE ou viceversa. Hai zonas, coma o
Occidente de Galicia, que SEMPRE usamos CHE no canto de TE. Isto chámase cheísmo. Noutras zonas, coma
a ourensá, por exemplo, empregan máis o TE no canto do CHE, isto é o teísmo.
Como dixemos que evitariamos normas
gramaticais por aquilo de galego práctico, só lembraremos que é
correcto o uso do TE cando é obxecto ou complemento directo e do CHE cando é obxecto ou complemento
indirecto. Ou cando o CHE equivale a LLE, ou TE pode equivaler ó
pronome O.
Aquí tendes dez oracións nas que está correctamente empregado:
Fíxese na súa colocación.
1-
Busqueite hoxe pola mañá . 6- Regaleiche unha bicicleta.
2- Tróuxenche estes libros. 7- Eles apréciante moito.
3- Hai
tempo que non te vexo. 8- Contáronche un
conto.
4- Fixéronche un bo favor. 9- Avisáronte tarde.
5- Quen te avisou? 10- Trouxéronche o leite para o almorzo.
EXERCICIOS
1- che, che. 2- te, che. 3- te, te, te. 4- te, te, che. 5-
che, te, che.
1- Escribo .....
esta carta para contar ... o que lle pasou ós nosos amigos.
2- O presidente
da Xunta recibiu .... pola tarde e dixo .... que non houbo crise.
3- Vin ... no
cine cando .... botaron fóra. Iso afectou .... moito.
4- Cando ....
viron os meus amigos non .... coñecían; déron .... unha ledicia.
5- Dixen
... que .... curará pronto; o médico sempre .... receitaba boas
medicinas.
ERROS MÁIS COMÚNS:
Cómpre ter presente que en xullo de 2004 a Real Academia Galega
aprobou unha serie de modificacións nas Normas ortográficas e morfolóxicas
do idioma galego con respecto ó aprobado nos anos anteriores, a
primeira do ano 1982. Esperamos que sexan as derradeiras, non as últimas. Así debemos dicir:
- GRAZAS, é a
forma correcta, tanto como substantivo e como interxección.
- GALIZA, considérase tamén unha forma lexitimamente galega, moi documentada
na época medieval e recuperada no galego actual, como GALICIA, as dúas
formas son igualmente correctas.
NOVOS CAMBIOS NAS ÚLTIMAS NORMAS:
a) Elimínanse os demostrativos neutros esto,
eso e aquelo só son correctas as únicas formas: isto, iso e
aquilo. Antes admitíanse esto ou isto, aquelo ou aquilo.
b) Admítese o pronome relativo posesivo cuxo co seu feminino e plurais, así: cuxo,
cuxa, cuxos, cuxas.
NOVIDADES:
a) Cómpre
ter moi presente tamén estas modificacións
que aínda non as teñen moitos dicionarios:
· O substantivo “vocal” pasa a vogal en todas as súas acepcións. Vexamos: as letras vogais, a vogal a, e,
etc; o vogal, membro dunha corporación, tribunal, consello: primeiro
vogal, vogal de cultura. Pero en cambio segundo se derive de vogal ou
vocal, pode ser vocálico, vocalismo, vocalista, vocalizar, vocalización.
· Moi a ter presente: “estudio e
estudiar” pasan a estudo e estudar, estudoso, estudante, estudantil, estudadamente. Así que non nos
equivoquemos.
· Engádese tamén liberdade con lealdade. E
as seguintes palabras: chapeu, romeu, xubileu, bacallau e pau. Admítense:
ímpeto, tribo. Igualmente son válidas ouvir e oír.
b) En
canto á interrogación (?) e a admiración (!): o
emprego dos signos de interrogación e admiración é obrigatorio ó
final do enunciado, e só se recomenda ó seu principio para evitar
ambigüidade e facer máis doada a lectura.
LEMBREMOS:
Un erro moi corrente en Galicia é usar o verbo “facer” cando
hai referencia a tempo no cato de “haber”. Vexamos exemplos:
Hai anos que non te vexo.
Fai o que che mandan.
Hai moitos séculos que se descubriu América.
Hai un minuto que estivo aquí.
Fai todo o que quería.
É
FÁCIL APRENDER:
As seguintes palabras teñen o “n” en castelán que o perden
ó pasaren ó galego así temos:
A orde, o exame, ditame, crime, velame, abdome, réxime,
vexame, xerme, lique, pole, en cambio non
se admite xoven, debe dicirse mozo, novo: Viño novo; Os mozos
buscan traballo. Pero é “dolmen”, que é un bretonismo.
|