Outra
grande dificultade, para os casteláns falantes e algúns indíxenas tamén,
é a CORRECTA COLOCACIÓN DO PRONOME NA FRASE.
Ó pensaren en castelán falan
tamén, sen se decataren, coa estrutura desta lingua. Deste xeito caen
nun dos erros que máis se dá a cotío. Mesmo en moita xente que fala
galego, porque sufriron a “contaminación” da lingua irmá.
VEDE LOGO O SEGUINTE: Os pronomes persoais: ME, CHE, TE, LLE,
NOS, VOS, LLES, O, LO, A, LA, coas súas correspondentes contraccións:
CHO, MO, LLO, LLELO, etc. que veremos noutra lección, poden ir DIANTE
ou DESPOIS do verbo. O máis difícil, mesmo para os galegos falantes.
A correcta colocación destes pronomes, é dicir, o sabermos
cando deben ir ANTEPOSTOS ou POSPOSTOS ó verbo, fai que o “Galego práctico”
de hoxe sexa moi importante.
BEN
COLOCADOS: MAL COLOCADOS:
1-
Contouche un conto. 1- Che contou un conto.
1’-
Non che contou un conto. 1’- Non contouche un
conto.
2- Díxome todo o que sabía. 2- Me dixo todo o que
sabía.
2’- Xa me dixo todo o que sabía. 2’- Xa díxome todo
o que sabía.
3-
Gustoulle o mar. 3- Lle gusta o mar.
3’-
Tamén lle gusta o mar. 3’- Tamén gústalle o mar.
4- Déunola túa nai. 4- Nola deu túa nai.
5- Contárono os amigos. 5- O contaron os amigos.
6- Vímolas hai días. 6- As vimos hai días.
6’-
Cando as vimos hai días. 6’- Cando vímolas hai días.
7- Vinas na rúa. 7- As vin na rúa.
7’-
Nin as vin na rúa. 7’- Nin vinas na rúa.
Debe ir o PRONOME DIANTE DO VERBO nestes casos:
1- Nas frases exclamativas ou desiderativas. Exemplo: a) Que Deus te axude. b) Un raio te parta.
2- Nas oracións introducidas por QUE ou SE, oracións subordinadas.
Exemplo: a) Dille que me dea o libro. b) Se vos ven, berrade.
3- Nas frases introducidas por pronomes indefinidos, interrogativos
ou exclamativos: Exemplo: a) Ninguén te avisou. b) Canto che levou
por isto?. c) Como me doen as
moas!
4- No infinitivo ou no xerundio o pronome pode ir diante ou despois.
Exemplo: a) Hai que mercalo ou Hai que o mercar.
b) Estaba chamándome ou
Estaba me chamando.
5- Cando as oracións van introducidas por adverbio. Exemplo: a)
Cando te chame, contesta. b)
Tamén te escolleron.
ERROS MÁIS COMÚNS:
1. A PARTIRES DE: Debe
dicirse a partir de....(É
unha locución prepositiva). Non existe a
partires, está mal porque está usado como un falso infinitivo. Está
ben se se di: De partires (ti)
cedo... chegarías a tempo. Está ben tamén cando se di a
partir de mañá viremos ás oito. Pero moi mal a partires que se oe moito na TVG, na radio e que se le na prensa.
Escoitámolo con moita frecuencia.
2. A PESARES: Debe dicirse a
pesar de... (É unha locución prepositiva). Non existe a
pesares. Non existe esta expresión en galego. É un erro moi común.
Pode ser infinitivo conxugado do verbo pesar: Exemplo: De pesares 80 kg. Entrarías no concurso. Exemplos: A
pesar de non poder, fixérono. Tamén existe: A
pesar de (que) (locución conxuntiva). Exemplo: Equivale a non
obstante=A pesar de que non pode, quéreo facer.
Para
saber máis DO NOSO:
O RAPOSO é un animal moi astuto que ten os sentidos moi finos.
En Galicia está moi mal visto porque nas aldeas é o terror dos galiñeiros.
Por extensión aplícase ó home astuto, cauteloso e teimado.
O LOBO é frecuente nas serras de Galicia. É o animal máis
temido polos galegos. Pero só ataca ó home cando se ve moi acosado ou
moi famento.
EMPARELLA este doado exercicio:
- “Come coma un
lobo”. Ver a tempo un perigo.
- “Verlle as orellas
ó lobo” Hai
que fuxir dos que falan mal dun.
- “Son lobos dunha
camada” Onde
fores fai como vexas.
- “En terra de lobos
ouvear coma todos” Persoas de gran voracidade.
- “Deus nos libre da
boca do lobo” Persoas cos mesmos intereses que non se fan dano entre si.
|