Empezamos co verbo. É importantísimo falar canto antes dos verbos. Non dicimos dúas palabras arreo sen empregar unha que non sexa verbo. Os verbos expresan accións (comer), movementos (andar), sentimentos (amar).
Formas non persoais: Infinitivo: é o nome do verbo. Todos rematan en: -ar, -er ou –ir. Así: cantar, comer, recibir.
O Xerundio: é o adverbio do verbo. Rematado en: - ando, -endo ou –indo. Exemplo: Chegou cantando.
O Participio: é o adxectivo do verbo. Moitos rematan en: -ado ou –ido: Cantado, detido
Estas formas non persoais do verbo non indican a persoa gramatical que realiza a acción.
Lembraremos que en galego NON HAI TEMPOS COMPOSTOS. Polo tanto un erro do que temos que fuxir é dicir "había dito" polo correcto dixera; "había feito", no canto de fixera; ou "había andado" polo correcto andara.
Por iso poñemos hoxe aquí a súa equivalencia en castelán aínda que tratamos de fuxir de regras gramaticais e mesmo de explicacións en castelán.
Os verbos en galego son moi doados. Convén ter presentes as seguintes equivalencias:
TEMPOS GALEGO CASTELÁN
_________________________________________________________________
(Presente) Ando equivale a Ando
(Imperfecto) Andaba “ Andaba
(Pretérito Perfecto) Andei “ Anduve- He andado- Hube andado
(Pluscuamperfecto) Andara “ Había andado
(Futuro) Andarei “ Andaré-Habré andado.
(Condicional) Andaría “ Andaría-Habría andado.
(Presente de subxuntivo) Ande “ Ande-haya andado.
(Imperfecto de subxuntivo) Andase “ Hubiera o hubiese andado-
Anduviera o anduviese.
(Imperativo) Anda - Andade vos “ Anda tú-Andad vosotros.
Aproveitamos para recordar os verbos nos que son frecuentes as dúbidas e que empregamos moi mal en galego:
1- Dis (non dices), dicía (non decía). 2- Souben (non supen), dicir. 3- Caeu (non caiu), voan (non volan). 4- Andei (non andiven, nin anduven), andara (non andivera, nin anduvera). 5- Conducín (non conduxen), foxes (non fuxes). 6- Dormes (non durmes), cospe (non cuspe) 7- Advirte (non adverte), saio (non salgo) 8- Moio (non moo), coñezo (non coñozo) 9- Caio (non caigo), mentes (non mintes). 10- Foxen (non fuxen), ides (non vades). 11- Ia (non iba), vou (non von). 12- Iamos (non íbamos), sairemos (non saliremos). 13- Crería (non creería), liron (non leron). 14- Saberei (non sabrei), caín (non caínme). 15- Lida (non leída), sae (non sale). 16- Traduciu (non traduxo). 17- Produciu (non produxo).
EXERCICIO
Colocade os números cos que sinalamos os verbos pola mesma orde:
1- Ti ... que o teu amigo non ... ben as cousas, como augarrás e desodorizante.
2- Cando o ... non tiven que ... nada, cunha esponxa tirei o talco da cara.
3- El ... daquela árbore de onde ... sempre os paxaros, despois púxose unha crema.
4- Sempre ... con bos amigos mentres el ... con outras persoas, que usaban lapis de ollo, etc.
5- Eu ... con prudencia e ti non ... de conducir, aínda que leves cargamentos de vasoiras e cepillos.
6- Cando ... el ... no chan que ti limpaches co recolledor e con lixivia e con xabón.
7- El ... que non ... moito de noite, nin gasto en esmalte de unllas nin barra de labios.
8- Eu ... o café para o almorzo. Non ... outro mellor. Mentres ti vas mercar a pasta de dentes.
9- Non ... nunca no que dis porque ás veces ... cando usas o meu champo e o meu peite.
10- Os rapaces ... da rúa cando ... velos, van cos caldeiros, fregonas e estropallos.
11- El díxome que ... mercar o pan e díxenlle: "non, ... eu". Despois merquei o papel hixiénico.
12- Nós ... ir ó cine pero el dixo "hoxe non ... " e foise afeitar coa súa brocha.
13- Quen o ... cando ... aqueles poemas!; arrecendía a colonia coma nunca.
14- Nunca ... onde ... aquela noite.
15- Era unha persoa moi ... ,foi á escola e ... ben de todo.
16- O meu amigo sempre ... moi ben o latín.
17- Galicia ... moitas patacas e millo, este ano.
CÓMPRE LEMBRAR:
Un erro moi frecuente é a pronunciación do galego como se fose en castelán nos seguintes tempos: Na primeira e segunda persoa do plural do imperfecto de indicativo, así din no plural MAL: Estábamos, estábades, en vez de dicir: Estabamos e estabades, sen til. Tamén se pronuncian mal nas mesmas dúas persoas do plural do pluscuamperfecto de indicativo e condicional.
Debemos polo tanto evitar estes castelanismos:
Estábamos, estábades, estíveramos, estivérades e estaríamos, estaríades.
Novas normas:
Imperfecto de indicativo: cantabamos, cantabades; viamos, viades, etc.
Pluscuamperfecto de indicativo: cantaramos, cantarades.
Condicional: cantariamos, cantariades, etc.
Tamén no pretérito de subxuntivo, segundo a última normativa, debe pronunciarse como esdrúxula, vexamos: cantásemos e non cantasemos; vísemos, vísedes e non visedes; colleramos e non colléramos do pluscuamperfecto; rísemos e non risemos do pretérito de subxuntivo.
O pretérito imperfecto: é a forma do verbo que nos indica o que se facía no pasado, así: diciamos, despachaban; dabades; vendiamos, etc.
O pluscuamperfecto e o pretérito perfecto son as formas do verbo que nos indican o que xa se fixo e rematou no pasado, exemplos: partira, deu, mercaches, levaron, puxera.
Debemos evitar o erro máis común, repetimos, de “facer” tempos compostos, como o incorrecto”HABÍA DITO” no canto de dixera ,ou”TI HABÍAS FEITO” en vez de fixeras.
|