TEMA 9

 

ERROS MÁIS COMÚNS:

 

A) Despois de ver que o verbo galego é un dos máis fáciles de estudar e a razón principal é que NON HAI TEMPOS COMPOSTOS, como dixemos ó comezo, así: Non se debe dicir “había dito” senón dixera, dixeras, etc., por repetilo que non sexa.

1) Outro erro moi común é dicir: VOS TIVÉCHEDES. Este tivéchedes NON existe en galego, confundímolo con TI TIVECHES e con VÓS TIVESTES ou con VOS TIVÉSEDES, que son correctos.

2) PARA APRENDELO MELLOR:

 

Posiblemente o tempo máis difícil do verbo galego sexa o pretérito perfecto de indicativo na:

2ª persoa do singular: Ti tive-ches e na

2ª persoa do plural: Vós tive-stes.

(Eu tiven, ti tiveches, el tivo, nós tivemos, vós tivestes, eles tiveron)

Pois engadíndolle ó lexema ou radical as terminacións –ches en singular e –stes en plural ó Pretérito de calquera verbo acertarémolos todos: En souben TI SOUBE-CHES, el soubo, nós soubemos, vós SOUBE-STES, eles souberon. Outro (Ser ou ir). Eu fun, TI FU-CHES, el foi, nós fomos, vós FO-STES. Eles foron, e así con todos os pretéritos. E xa están aprendidos todos os pretéritos de indicativo.

E temos o SOUBÉSEDES ou FIXÉSEDES, Pretéritos de Subxuntivo: así eu fixese, ti fixeses, el fixese, nós fixésemos, vós fixésedes, eles fixesen.

Por conseguinte hai que rexeitar o incorrecto “tivéchedes”, moi introducido na fala popular: Exemplos correctos: a) Ti tiveches moita sorte porque non soubeches o que pasou b) Se ti estiveses (pret. subxuntivo) máis atento, estivésedes todos moito mellor.

Os demais tempos dos verbos xa os publicaremos en leccións sucesivas.

 

B) Outro erro tamén moi común tanto en galego como na lingua irmá, o castelán, é o de empregar mal o infinitivo ó confundilo co imperativo. Vexamos, non é o mesmo “calar” que “calade”.

No uso do imperativo, acostúmase a cometer dous erros graves que debemos evitar:

· Así hai quen di, calar!, por calade!; vir!, por vinde!. O infinitivo non se pode empregar nestes casos. En cambio é correcto dicir en infinitivo, A calar!, a durmir!

· Cando o pronome “os”, se une ó imperativo (mandato), din moitos “calarvos” debe ser “caládevos”; sentarvos debe ser “sentádevos”.

 

CÓMPRE TER PRESENTE:

 

Atención: co verbo IR máis o infinitivo de calquera outro verbo NUNCA leva “a”. Así está ben dito: Vou xantar, vou escribir, Vou falar, etc. Pero en cambio está moi mal en castelán, se dicimos: Voy llamar a Pepe (Por influencia do galego): Vou chamar a Pepe. Debe dicirse Voy a llamar a Pepe, e en galego: Vou chamar a Pepe.

RECORDEMOS: Admítese OUVIR como variante de OÍR.

EXERCICIOS POSTOS NUNHA OPOSICIÓN
Sinale cun círculo o antepretérito ou antecopretérito correcto:
1. anduvera
2. había andado
3. andivera
4. andara

Sinale cun círculo o pretérito correcto:
1 andiven
2 andei
3 anduvera
4 he andado
REPASEMOS ALGUNHAS DÚBIDAS
PLANTEXAR: Gústalle moito usar esta palabra, tanto como PLANTEXAMENTO, a certos políticos e ós que non o son, o que non é correcto.

PLANTEAR ou PLANTEXAR: é incorrecto o seu uso na fala e na escrita, son castelanismos que hai que evitar. Debemos usar calquera das seguintes palabras: formular, programar, planificar, propoñer, proxectar, introducir.

PLANTEXAMENTO ou PLANTEAMENTO: Son incorrectas estas formas por ser un híbrido galego-castelán. Debe dicirse proxecto, exposición, programa, presentación.

POBO: O seu uso é correcto cando se refire ás persoas que viven nun lugar, vila ou aldea: O pobo coruñés, o pobo español.

VILA, ALDEA, LOCALIDADE, LUGAR, PARROQUIA, BURGO indican o lugar onde habita a “poboación”, a xente. Non é correcto dicir o meu pobo é Santigao ou Ferrol.